Novas e actividades (845)

galeguidadeNo BOE do 19 de xullo publícase a Lei de Galeguidade.

O título preliminar ten como finalidade determinar o obxecto e ámbito de aplicación da lei, así como sinalar os fins desta, os diferentes tipos de entidades galegas asentadas fóra de Galicia e as competencias da Administración autonómica neste ámbito.
O título I determina o alcance e actuacións que leva consigo o recoñecemento da galeguidade e a inscrición das diferentes entidades no Rexistro da galeguidade. Este título comprende sete capítulos:
No capítulo I defínese as comunidades galegas, os fins que determinan o seu recoñecemento, a tipoloxía das entidades galegas asentadas fóra da nosa comunidade, os requisitos para o seu recoñecemento e o procedemento para ser recoñecidas.
O capítulo II define outras entidades galegas e marca os requisitos e procedementos para a súa inscrición no Rexistro da Galeguidade.
O capítulo III fai referencia á revogación do recoñecemento da galeguidade ou da condición de centro colaborador da galeguidade.
O capítulo IV fai referencia aos procesos de unión e fusión das comunidades galegas, a natureza destes procesos, os fins, o procedemento de cambio na inscrición no Rexistro da Galeguidade e a participación no Consello de Comunidades Galegas durante o proceso.
O título II considera o alcance do recoñecemento da galleguidad nas ordes social, cultural e económica.
O título III desenvolve as actuacións a favor da galeguidade pola Comunidade Autónoma de Galicia nos ámbitos social, cultural e económico-empresarial.
O título IV crea o Rexistro da Galeguidade e establece as súas funcións e funcionamento.
O título V aborda a participación dos galegos e galegas residentes fóra de Galicia na vida desta a través do Consello de Comunidades Galegas, establecendo a súa natureza, funcións, composición, funcións dos seus membros e funcionamento.

Máis información no BOE do 19 de xullo de 2013 e en http://emigracion.xunta.es

Baixo o lema “No hate speech on – line” (non ao discurso de odio na rede) o INJUVE está a impulsar esta campaña  baseada na ensinanza e a difusión dos dereitos humanos, a participación dos mozos e mozas e a alfabetización dixital.

Poden participar as asociacións xuvenís, asociacións sociais, centros educativos, centros de información xuvenil, profesionais que traballan con xóvenes, xóvenes en xeral.......

Esta campaña está convocada polo Consello de Europa que pretende mobilizar aos cidadáns, especialmente aos xóvenes, para que debatan, actúen xuntos en defensa dos dereitos humanos e loiten contra calquera forma de intolerancia na rede. Entre outros, un dos obxectivos da campaña é aumentar a conciencia sobre as expresións da intolerancia e o odio en internet e sobre os riscos que estes comportan para a democracia.

 Se queres participar:

http://www.injuve.es/evento/campana-contra-la-intolerancia-en-internet?sec=participantes
  • Ofrecerá descontos as persoas alberguistas que utilicen os seus servizos de transporte

Promo_AlsaA compañía de transporte por estrada ALSA e a Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), da que forma parte a Rede de Albergues Xuvenís de Galicia, asinaron un acordo de colaboración que ten como obxectivo a promoción dos albergues xuvenís, do carné de alberguista e do uso do transporte público de viaxeiros/as por estrada.

O acordo contempla a posta en marcha dun programa de accións de promoción dos albergues xuvenís membros da REAJ e dos servizos de transporte regular operados por ALSA, encamiñado a incentivar o uso do carné de alberguista así como o uso do transporte en autobús para acceder aos diferentes albergues da rede.

Por un  lado, ofrécese as persoas titulares do carné de alberguista descontos especiais, a partir dun 15%, nos servizos de transporte regular de carácter internacional, nacional e rexional. Por outro, as persoas titulares da tarxeta Bus Plus de ALSA que adquiran o carné de alberguista gozarán dun 25% de tempo adicional na validez do seu carné.

A Rede Española de Albergues Xuvenís REAJ agrupa 260 albergues situados nos principais destinos turísticos e cidades máis importantes do noso país e conta con 100.000 socios. Está afiliada a  Hostelling International, que ten 4.500 albergues repartidos por todo o mundo.

Este convenio enmárcase dentro do Plan Nacional e Integral de Turismo 2012-15 do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, para contribuír á promoción activa do turismo en todas as súas vertentes, facilitando o acceso a aloxamentos e a actividades culturais, deportivas e de ocio, co fin de incentivar o uso do transporte regular por estrada e o turismo nacional e internacional.

EURODESKO Boletín Eurodesk está editado polo Instituto da Xuventude, e contén información actualizada sobre datas de presentación de solicitudes de programas españois e europeos, novidades e novas nas áreas de educación, formación e xuventude.

Descarga o Boletin Eurodesk do mes de Xullo 2013

universidadesgaliciaNo DOG do 3 de xullo de 2013 publícase a lei do Sistema universitario de Galicia:

Título preliminar establece o obxecto da lei e o seu ámbito de aplicación, así como os obxectivos e fins propios do SUG
O título I, «Da ordenación do Sistema universitario de Galicia», define e potencia os principios aos que responden a actividade e a organización universitarias, reflicte as estruturas que poderán integrar as universidades e fixa os criterios para a creación e a implantación de novas titulacións e centros.
O título II, denominado «Da coordinación e da colaboración», establece os mecanismos de fortalecemento destas.
O título III, coa denominación «Da garantía da calidade universitaria», contén a regulación do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
O título IV, baixo a denominación «Dos consellos sociais das universidades públicas», incorpora e revisa contidos da Lei 1/2003, do 9 de maio, incidindo no fundamental papel deste órgano de goberno das universidades.
No título V, «Da comunidade universitaria», establécese e concrétase un amplo catálogo de liberdades, dereitos e deberes do persoal docente e investigador, do persoal de administración e servizos e mais do estudantado.
O título VI, baixo a rúbrica «Da actividade universitaria: a docencia, a investigación e a transferencia de coñecementos», está dedicado á regulación dalgúns aspectos de planificación, fomento e calidade respecto das tres misións que, xunto coa actividade de estudo que as precede e sustenta, constitúen o fundamento da institución universitaria.
O título VII, que, coa denominación «Do financiamento das universidades do Sistema universitario de Galicia», establece un marco sólido para a necesaria planificación económica e financeira das universidades galegas.

Máis información no DOG do 3 de xullo de 2013

O boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude.Novas, inclúe na súa edición deste mes reportaxes sobre a convocatoria do certame Xuventude Crea e sobre o novo programa de traballo e autoemprego xuvenil no rural presentado pola Consellería de Traballo e Benestar ante a Unión Europea. O concurso admite a presentación de obras ata o 30 de xullo e acentúa a súa vocación de inserción laboral coa incorporación de profesionais no xurado. O proxecto presentado ante a UE aspira a formar parte dunha convocatoria comunitaria pioneira.portada42

 Este número contén ademais outra reportaxe sobre diversos recursos gratuítos para a aprendizaxe do inglés, sobre todo cursos a través da rede e utilidades que as novas tecnoloxías permiten nos medios de comunicación.

 Destaca tamén unha entrevista con Ozo Perozo, responsable do portal petitsodios, dedicado ás webseries feitas en Galicia. Perozo afirma que este tipo de traballos contan cunha factura profesional, a pesar de que o seu desenvolvemento se fundamenta no altruísmo.

 Unha reportaxe sobre a Iniciativa Xove ‘Green Tour’, que organizou o grupo informal Ribadumia Xove para poñer en contacto a mocidade da bisbarra co patrimonio natural e histórico da zona, e outra peza sobre o éxito dos músicos galegos nos premios da música independente, completan esta edición de Xuventude.Novas, que tampouco esquece a habitual axenda de concertos musicais para as vindeiras semanas.

 Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo en vez de abrilo noutra pestana

INJUVEO INJUVE acaba de publicar o “Informe de la Juventud en España 2012”. Podes acceder a él a través da páxina:

http://www.injuve.es/observatorio/demografia-e-informacion-general/informe-de-la-juventud-en-espana-2012

casa-para-recortar

 

Si estás buscando onde aloxarte en Galicia durante o próximo curso, aquí podes consultar residencias e aloxamentos para estudantes en Galicia.

Residencias