A final da especialidade de graffiti do programaXuventude Crea 2016, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, terá lugar o vindeiro12 de novembronas pistas polideportivas cubertas, na Avda. Carregal de Betanzos.
Horario: de 10:30 h a 17:30 h
A actividade estará aberta ao público.
FINALISTAS DA ESPECIALIDADE DE GRAFFITI
PSEUDÓNIMO NOME DA OBRA
Nada A miña Ofelia
Honey Flaying vandal
D. Mayio Volver
Olog y Mole Polbo á feira
Bast La rana gallega croa/A ra galega croa
Silco Deshumanización
Nove No3L Novembro
Bublegum Instinto animal
Dúas monas Planeta macaco
O Ministerio de Educación ven de crear oteléfono contra o acoso escolar:900 018 018
Os destinatarios do servizo son osalumnos, pais, nais e titores legais, profesores, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoaque teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fose do centro docente.
Inclúense tamén os casos de ciberacoso, a través de internet, móbiles e redes sociais
As chamadas serán atendidas exclusivamente por persoal en posesión dunha licenciatura ou grao universitario no ámbito da Psicoloxía. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.
O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.
A chamada será gratuíta, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.
Ademais, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou do fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por vídeo-chat ou vídeo-chamada.
900 018 018
A final da especialidade de teatro, do programa Xuventude Crea 2016 terá lugar na Casa de cultura de Serra de Outes na avenida San Campio, 1 en Serra de Outes.
As representacións son as seguintes:
16 de novembro de 2016
17:00 h -GN Teatro, coa obra “Cabaret Salomé”
20:30 h –Inherente Teatro, coa obra “Dramaturxia das mulheres” (Non recomendada para menores de 18 anos)
17 de novembro de 2016
17:00 h -Tik Tak Teatro, coa obra “Des-enlace”
20:30 h –Vai no dentistado IES Xelmírez I, coa obra “A síndrome de Wendy”
18 de novembro de 2016
20:30 h –Pinchacarneiro Teatro, coa obra “L”
A entrada é libre ata completar aforo.
O vindeiro15 de novembro, ás 19:30 h, naFundación Eugenio Granellde Santiago de Compostela, terá lugar a exposición e a final da especialidade de deseño de xoias do programaXuventude Crea 2016, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Pseudónimo Título da colección
Faneca brava “Siriamente”
Escarabelo amarelo “Ocos”
NANNERL “Anacos de escuma e noite”
Xanela “Fronteiras”
Carambela “Versos de papel”
Kori “Orgánico”
JHAMILUV “Prothesis collection”
A.R.S. “Lúgubre paso do tempo”
O aprendiz de orfebre “Alborada”
Calina “Pretérito imperfecto”
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar nesteforo preparatorio, que ten os seguintes obxectivos:
PROGRAMA PROVISORIO:
DATA:Sábado,19 de novembro
LUGAR:EGAP(Escola Galega de Administración Pública), Santiago de Compostela
PRAZAS: máximo100 persoas
FORMULARIO DE INSCRICIÓN: premeaqui
Hai prantas con ou sen flor, con e sen raíces, minúsculas e enormes, ás que lle gusta moito a luz e as que buscan a escuridade, trepadoras ou rastreiras... son así, non pretendas cambialas! Coñeceas e decide se queres que formen parte do teu xardín!
O CentroQuérote+pon en marcha a campañaCultivando as relacións, polo cuidado dunhas relacións en positivo
Oposicións Corpo Superior Técnicos da Seguridade Social
Convócanse procesos selectivo para ingreso no Corpo Superior de Técnicos da Administración da Seguridade Social, para cubrir59 prazaspolo sistema xeral de acceso libre .
Convoca
Ministerio de Emprego e Seguridade Social
Requisitos
Estar en posesión do título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao ou ter cumpridas as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento do seu cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de Dereito Comunitario.
Máis información
https://www.boe.es/boe/dias/2016/10/24/pdfs/BOE-A-2016-9716.pdf
BOE 24 de outubro 2016
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado volve a poñer a dispor de todos os centros de Educación Primaria e Secundaria de Galicia o programaPasaporte Solidario.
O principalobxectivo do programaé promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue o alumnado á realidade do voluntariado.
O programaconsistenun pasaporte individual destinado a alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, e de toda a Educación Secundaria Obrigatoria no que se suxiren diversas accións relacionadas co Voluntariado. É dicir, cada alumno que queira participar nesta iniciativa recibirá un pasaporte e deberá facer esas sinxelas accións. Para facilitar as cousas, en cada páxina hai dúas propostas de accións voluntarias para elixir unha.
A dinámica é tamén moi sinxela: quer individualmente, quer na clase, o alumno enche o Pasaporte Solidario. Tendo en conta que unha persoa desta Dirección Xeral estará en contacto permanente co centro para colaborar con el e solucionar calquera dúbida, cando o centro o considere conveniente entregará os pasaportes, sempre dentro deste curso escolar.
Que é?
O Pasaporte Solidario (PS) é iso, un pasaporte que propón varias actividades solidarias. O PS é individual: entrégase un a cada neno, aínda que as acción solidarias se poden realizar en grupo.
Para que cursos?
O PS está pensado para Primaria e ESO. En cada páxina hai dúas actividades solidarias, a elixir unha para que sexa máis doado.
Canto lle custa ao centro?
Nada, por suposto. A entrega é gratuíta e mándase a cada centro os pasaportes que necesite.
E se hai dúbidas?
Unha persoa designada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado resolverá todas as dúbidas e desprazarase aos centros en canto sexa necesario.
Para seren máis operativos e áxiles, agradécese que o centro comunique que profesor ou profesores se encargan de levar adiante o PS (pode haber un alumnos, unha clase enteira, varias clases ou o colexio enteiro) para estar en contacto con eles.
Un detalle final
Os participantes recibirán un diploma acreditativo da súa participación no programa.
Como conectar
O mail de contacto épasaportesolidario@gmail.com