Novas e actividades (1311)

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu onte á xornada inaugural da cuarta edición da escola de verán da sección de xuventude da Unión Sindical Obreira (USO), que ata o vindeiro xoves se desenvolve nas instalacións do hotel náutico de Razo (Carballo).
Os participantes neste encontro traballarán temas como as redes sociais ou a igualdade de xénero e a prevención da violencia, entre outros.

Máis información na páxina web do sindicato.

O Centro Reina Sofía de Fad Juventud realizou o estudo “Videojuegos y jóvenes: lugares, experiencias y tensiones”, analiza a importancia dos videoxogos na socialización xuvenil a través dunha enquisa realizada a máis de 1.500 mozos no tramo de idades entre 15 - 29 anos e entrevistas a expertos e expertas.

Segundo o estudo 8 de cada 10 mozos, nese tramo de idades, en España xogan ao videoxogos, de aí a importancia de abordar o seu estudo e a súa relevancia social como un fenómeno cultural e de lecer primordial para entender a socialización nesta etapa, considerando tamén que se incorporan de forma moi temperá nas súas vidas, antes dos 10 anos.

Máis información: https://www.centroreinasofia.org/publicacion/videojuegos-y-jovenes-lugares-experiencias-y-tensiones/

Ximnasio Léxico

Xun 16, 2023

A Real Academia Galega crea Ximnasio Léxico, unha aplicación de xogos baseada no Dicionario da Real Academia Galega. Está dispoñible para dispositivos móbiles de Android e iOs.

As persoas xogadoras poden elixir entre adestrar, o que permite escoller o tipo de xogo que interese máis en cada momento, ou ben competir.

A opción do adestramento facilítalles aos usuarios e usuarias afacerse á mecánica dos xogos antes de dar o salto á competición, estruturada en tres niveis: inicial, medio e superior.

O circuíto proposto consta de seis xogos. Tres deles, os chamados aparellos, Bule, Rube e Une, constitúen o corazón da aplicación e constrúense a partir das voces recollidas no dicionario en liña da Real Academia Galega. O primeiro, Bule, ofrece a definición dunha palabra e tantos recadros como letras ten para ir completándoa co teclado, Rube consiste en adiviñar a palabra agochada, da que só se ofrece o número de letras, e Une funciona emparellando a palabra da columna esquerda co seu sinónimo, disposto á dereita entre outros vocábulos.

Os outros tres, as Vitaminas, emerxen cando a persoa xogadora acada un determinado número de puntos en cada nivel. Na primeira débese atopar, agochada entre outras letras, a palabra que completa o título dunha obra das letras galegas. A segunda esixe completar uns versos ou un dito popular coa voz que falta e a terceira propón acertar, entre un grupo de lemas, cal é o vocábulo que non pertence a un determinado grupo semántico.

https://portaldaspalabras.gal/apertura-do-ximnasio-lexico/ 

A Deputación de Ourense anuncia a programación e prazas das súas Escolas de Gaita, de Danza e de Artes e Oficios para o curso 2023/2024.

A Escola Provincial de Gaitas de Ourense:
A actividade docente iniciarase o 1 de outubro e rematará o 30 de xuño.
Impartirase hora e media semanal por materia, á parte do mesmo tempo de ensaio semanal e actuacións coas distintas agrupacións da Escola.
Cada disciplina contará con profesor/a específico/a.
A actividade docente realizarase na Escola Provincial de Gaitas situada no Campus Universitario de Ourense.
O prazo de matrícula será do 4 de setembro ao 31 de outubro, ambas as datas incluídas.

CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza:
1. Obradoiro de baile tradicional.
2. Obradoiro de canto tradicional e pandeireta.
3. Obradoiro de gaita para grupos de acompañamento de baile tradicional.
4. Obradoiro de tecido artesán en teares tradicionais.
5. Obradoiro de xogos populares.
Matrícula desde o día 15 de setembro ata o día 31 de outubro.

Escola Provincial de Artes e Oficios:
- Debuxo e iniciación á pintura
- Perfeccionamento en pintura
- Talla e escultura en madeira
- Modelado-escultura en barro
- Olería
O calendario do curso será dende o día 2 de outubro de 2023 ao día 30 de xuño de 2024.
O prazo de matrícula será do 1 ao 30 de setembro de 2023, ambos incluídos


https://realbandadegaitas.com/escola 
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/index.php 
https://www.centroculturaldeourense.com/servizos/escola-de-artes-oficios 

Proxector é unha iniciativa web para achegarnos á divulgación e ao coñecemento investigador ao tempo que se dinamiza o uso do galego nestes ámbitos, incopora un novo especial sobre sustentabilidade e novos xeitos de producir. Un planeta sen plástico é o título da nova entrega de Proxector.
Nela, reúnense unha ducia de recursos audiovisuais nos que se analizan as consecuencias que os residuos plásticos teñen para o ecosistema e se propoñen algunhas solucións para revertelas..

Os informes da ONU alertan de que cada ano se producen no mundo máis de 400 millóns de toneladas de plástico dun só uso, dos cales entre 19 e 23 millóns rematan en lagos, ríos e mares e arredor de 11 millóns nos océanos. Porén, estas cifras “poderían triplicarse de aquí a 2040”, subliña a nova entrega de Proxector, que pon tamén o foco nos microplásticos. “Estímase que as persoas inxerimos máis de 50.000 partículas de plástico cada ano, e mesmo moitas máis se se teñen en conta as partículas inhaladas”,

http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10434 

Realmente case todos os nosos medos teñen unha crenza detrás que os orixina, o temor persistente e intenso, ás situacións sociais nas que alguén se pode sentir analizado polos demais.

O trastorno de ansiedade social previamente agrupouse dentro das demais Fobias específicas (medo a voar, ás alturas, ao sangue, agullas…) pero en 1980 foi recoñecido como un diagnóstico independente.

O artigo publicado en Chil Mind Institute “Consellos para menejar a ansiedade social”, tratan algunhas estratexias para combater ese temor a quedar en ridículo e entorpecer a túa vida.

Entre outros moitos artigos, recollemos dous publicados polo Centro de Saúde Mental mente A mente de Psiquiatría e Psicoloxía “Que é a fobia social e as súas causas” e “Ansiedade: causas, tipos e tratamento

Outra poderosa emoción que afecta e limita é a vergoña, cando aparece de maneira persistente e excesiva pode desencadear dificultadas emocionais e psicolóxicas. Sobre este punto o Centro Clínico de Atención Psicolóxica “Área Humana” publica o artigo “Comprendendo a vergoña”.

 

Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal

A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento nas súas Residencias. O número total de prazas oferta a Universidade é de 910.

O SUR proporciona aloxamento ó estudiantado e demais membros da comunidade universitaria. Para apoiar isto a Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, no primeiro trimestre de cada curso académico, convoca e adxudica bolsas de colaboración (biblioteca, informática, socioculturais, deportivas, etc.), ás que poden acceder residentes e colexiais.

Requisitos: estudantado de readmisión e de nova admisión de grao, de 1º, 2º Ciclo, de másteres universitarios oficiais, de programas de doutoramento, de cursos de posgrao propios, e investigadores en formación.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 27 de xuño de 2023.

Residencias do Campus de Santiago de Compostela:
Colexio Maior Fonseca. Tfno.: 881 814 376
Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Tfno.: 881 814 354
Colexio Maior San Clemente. Tfno.: 881 814 312
Residencia Universitaria Burgo das Nacións. Tfno.: 881 811 952
Residencia Universitaria Monte da Condesa. Tfno.: 881 813 531

Residencias do Campus de Lugo:
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. Tfno: 982 824 300/301/302


Máis información en https://www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias 

Arelas, Asociación de familias de menores Trans, está a trabalalr no programa Apodéra-T, servizo de apoderamento e acompañamento sociolaboral dirixido a mulleres trans de 16-30 anos, residentes en Galicia.

Este programa conta coa financiación da Consellería de Promoción do Emprego a Igualdade e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea.

O obxecto destas axudas son o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada, dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e que teñen como finalidade, fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres trans, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, polo que deberán incluír unha atención personalizada e especializada para a integración social e laboral

Dende o Programa de apoderamento e acompañamento sociolaboral de mulleres trans, Apodéra-T, axúdase a estas mulleres na procura da mellora das condicións de vida, fomentando a autoestima e a confianza necesaria para lograr maiores niveis de autonomía, proporcionando unha formación transversal que as dote de competencias básicas, sociais e laborais que faciliten a súa inserción sociolaboral.

Participan profesionais de distintas disciplinas, legal, social, psicolóxico e sexolóxico, con información, asesoramento, obradoiros, creación de redes de apoio e acompañamento.

Para poder formar parte do programa podes contactar con Arelas a través do seu correo: arelasasociacion@gmail.com
Tamén por WhatsApp ou teléfono de 09:00-13:00 Hs e de 17:00-20:00 no 686 160 465.

https://asociacionarelas.org/gl/ 

O Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade da Fundación FAD Mocidade, para dar continuidade á liña do Informe A Caixa da masculinidade, realizou en 2022 o estudo Culpables ata que se demostre o contrario. Percepcións e discursos de adolescentes españois sobre masculinidade e violencia de xénero, participaron neste estudo mozas e mozos de 14 a 16 anos. Esta investigación persegue profundar cualitativamente no coñecemento sobre os discursos de homes e mulleres adolescentes, que minimizan, invisibilizan ou negan a existencia de desigualdades de xénero ou da violencia de xénero e sobre os home que senten vítimas das políticas destinadas a fomentar a igualdade de xénero.

Nota de prensa

 

A Xunta colabora co Consello da Avogacía Galega na posta en marcha de accións dirixidas á atención xurídica a persoas menores de idade vítimas de violencia e á formación de avogados e avogadas neste ámbito. Deste xeito, os menores que sofren estas situacións disporán sempre dun profesional especializado que lles preste unha atención integral e un acompañamento legal gratuíto ante os órganos policiais e xurisdicionais durante as primeiras dilixencias.

https://avogacia.gal/convenio-menores-2023/