Dende o IES Saturnino Montojo enviannos un artigo publicado na revista Nós, Tamén sobre a experiencia de Lucía Huergo, Ángela Costas, Lucía Cuadrado e Clara Mariana no programa Campus Científicos de verán no que participaron en 2016. Aproveitaron a súa experiencia para animar así a outros compañeiros/as.
Tamén nos envían un video no que resumen a súas últimas actividades:
A presentación que fixeron do programa de Correspondentes Xuvenís a un grupo de profesores de País de Gales que estiveron en Ferrol convidados polo CFR. Estes valoraron o programa moi positivamente.
Entrevistaronse co Concelleiro de Participación Cidadá de Ferrol para pór en marcha unha experiencia piloto sobre Camiños Escolares Seguros.
O Encontro de Correspondentes Xuvenís en Gandarío
E especialmente a difusión das bolsas de inglés e dos campamentos científicos entre os seus compañeiros/as
O vídeo pode verse neste enlace. Para que teña maior calidade hai que descargalo:
https://1drv.ms/v/s!Aor-YcPDxtzYjCdQiI1glxaCDWGZ
Aquí podedes ver información para este verán de:
Campus científicos de verán 2017
Actividades de inglés en Galicia
Baixo o lema Non Hate Speech online (non ao discurso de odio na Rede), o Consello de Europa convocou esta Campaña que pretende mobilizar aos cidadáns, especialmente aos mozos, para que debatan, actúen xuntos en defensa dos Dereitos Humanos e loiten contra calquera forma de intolerancia na internet.
Obxectivos xerais:
Aumentar a conciencia sobre as expresións da intolerancia e o odio na internet e sobre os riscos que estas comportan para a democracia.
Implicar aos mozos para que loiten polos Dereitos Humanos (DDHH) na internet e dotarlles de medios e coñecementos.
Detectar os focos e formas do discurso do odio, o seu impacto e a súa percepción, para ter un coñecemento global da situación, e reducir os seus niveis de aceptación.
Mobilizar mozos polos DDHH e formalos para que actúen contra o racismo e a discriminación.
Apoiar e solidarizarse coas persoas e os grupos obxecto da expresión da intolerancia e odio on-line.
Motivar a participación da mocidade e a cidadanía en xeral.
Avogar por consensos sobre os instrumentos da política europea para combater a incitación á intolerancia e ao odio na internet.
A Campaña non pretende limitar a liberdade de expresión na internet, senón loitar contra a intolerancia e a incitación ao odio online en todas as súas formas, incluídas as que máis afectan os mozos, como as diferentes modalidades de ciberacoso.
Está baseada no ensino e difusión dos Dereitos Humanos, a participación dos mozos e a alfabetización dixital.
Como podedes participar?: simplemente creade a vosa propia iniciativa e enviadea ao Instituto da Mocidade, INJUVE:
http://www.nohate.es/iniciativas/new/
Máis información en www.nohate.es
Estrela, Daniel, Isabel, Claudia, Marta, Julia, Alba e Noelia, xunto co profesor Manuel forman o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
Manteñen reunións todas as semáns. Teñen un taboleiro onde poñen as novas que reciben e as que buscan pola súa conta. En cada nova crean un código QR, para que calquera desde o teléfono poida ampliar información de esa nova concreta.
Ademais do taboleiro conta cunha páxina de Facebook e un blogue. Recomendable visitar as dúas páxinas pola información e polas fotos...
Facebook: https://www.facebook.com/Freicorrespondentes-430357557163098/?fref=photo&rc=p
Blogue: http://iesfreimartinsarmiento.blogspot.com.es/
Parabéns a todo o equipo de Correspondentes do IES Frei Martín Sarmiento.
O autor do cartel é David Seoane Fernández.
David é correspondente xuvenil na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e nos comenta que "o traballo a favor da igualdade e a valoración do papel da muller na sociedade son causas nas que todos nos debemos implicar e moi especialmente os correspondentes xuvenís".
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado súmase á celebración do día da muller traballadora a través da obra de David Seoane.
A Comisión Europea lanzou unha consulta sobre Erasmus+ co obxecto de realizar unha avaliación intermedia do desenvolvemento do programa que permita coñecer a súa incidencia sobre a poboación á que vai dirixido, o cumprimento dos seus obxectivos e o grao de eficiencia na súa implementación. A avaliación farase sobre as actividades realizadas desde a unificación dos programas de educación da Unión Europea baixo a denominación Erasmus+, aínda que, tamén se pretende avaliar retrospectivamente os programas existentes con anterioridade como, por exemplo, Mocidade en Acción.
A consulta está dirixida ás partes interesadas (participantes, organizacións) e público en xeral para que dean as súas opinións sobre a relevancia dos obxectivos do programa e a efectividade das medidas levadas a cabo desde a súa implementación. Tamén se pregunta sobre a posibilidade de que haxa un sucesor do programa actual en 2020.
O cuestionario, que se poderá contestar en calquera idioma oficial da Unión Europea, consta de preguntas abertas e pechadas con opcións multirrespuesta e recuadros en branco para escribir textos libres expresando a opinión de cada un.
Cos resultados da enquisa e outros estudos e fontes de información, a Comisión Europea elaborará un informe dirixido ao Consello e ao Parlamento da Unión Europea.
O Ministerio de Educación ten en marcha un teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018
Os destinatarios do servizo son o alumnado, pais, nais e titores legais, profesorado, equipos directivos e persoal dos centros docentes, e en xeral calquera persoa que teña coñecemento de casos de malos tratos ou acoso no ámbito escolar, tanto dentro como fóra do centro docente.
Aténdense todos os casos de acoso verbal, psicolóxico, físico, social, sexual e ciberacoso por internet, móbiles e redes sociais
As chamadas serán atendidas exclusivamente por psicólogos/as. Pero a atención non será só psicolóxica, senón que conta cun equipo de traballadores sociais, xuristas e sociólogos que prestarán a atención que o menor necesite, asegurando en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que chamen se así o desexan.
O servizo prestarase durante 24 horas, os 7 días á semana, e todos os días do ano.
A chamada é gratuíta, e non aparecerá na factura do teléfono desde o que se faga a chamada; é dicir, non deixará rastro algún.
Ademais, ponse a disposición dos usuarios con discapacidade auditiva ou do fala un servizo de mensaxería de texto, así como a atención dun axente en linguaxe de signos por vídeo-chat ou vídeo-chamada.
900 018 018
Podes seguir en instagram ao equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Basanta Silva de Vilalba:
O Corpo Europeo de Solidariedade é unha iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é crear oportunidades para que os mozos traballen como voluntarios ou colaboren en proxectos nos seus propios países ou no estranxeiro que beneficien a comunidades e cidadáns de toda Europa.
Para inscribirte no Corpo Europeo de Solidariedade debes ter 17 anos, pero non poderás empezar o proxecto ata que cumpras os 18. Nos proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade poderán participar persoas de ata 30 anos.
Inscríbete para gozar dun voluntariado, un período de prácticas, unha aprendizaxe ou un traballo de 2 a 12 meses, nos campos de: educación, saúde, integración social, asistencia na subministración de alimentos, construción de vivendas, recepción de migrantes, apoio e integración dos migrantes e os refuxiados, protección do medio ambiente e prevención de desastres naturais.
Más información: https://europa.eu/youth/EU_en e en: https://ec.europa.eu/info/eu-solidarity_es
Voluntariado en Europa: https://europa.eu/youth/volunteering_es
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, publica as subencións concedidas a a entidades de ámbito autonómico e a grupos informais de mozos e mozas en virtude da Orde do 23 de febreiro de 2016, que rexen as axudas do programa Iniciativa Xove.
Máis información DOG do 28 de febreiro.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170228/AnuncioG0425-210217-0001_gl.pdf