A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano 2018, que comprende do 15 de xuño ao 30 de setembro de 2018.
O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:
- Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
- Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas) que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
- Xerencia e persoal de servizo.
Poderán solicitar o uso das instalacións:
1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
2. Os consellos locais e municipais de xuventude.
3. Corporacións locais.
4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
5. Grupos de mozos e mozas non asociados/as que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas.
Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Consellería de Política Social como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50 % sobre os prezos sinalados.
Os prezos das instalacións están publicados no DOG do 8 de abril de 2016.
Aqueles grupos que figuren inscritos no Rexistro da Consellería de Política Social como entidades prestadoras de servizos sociais gozarán dun desconto do 50 % sobre os prezos sinalados no punto anterior.
Solicitudes:
a) Solicitudes presentadas por entidades locais, outras entidades, asociacións e escolas de tempo libre: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.
b) Solicitudes presentadas por grupos de persoas mozas non asociadas: As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento BS304A.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 18 de maio de 2018.
Máis información no DOG do 25 de abril de 2018 e no correo ofertaconcertada.benestar@xunta.es
Prazas:
Gústache ler? Poñemos a túa disposición unha listaxe de libros recomendados polo alumnado que participou en cursos pasados no programa Correspondentes Xuvenís 3.0
Podes recomendarnos libros en informacion.xuventude@xunta.gal
O 17 de abril celebrouse en Santiago de Compostela co motivo do día europeo da inforamción xuvenil, a Xornada "A información na prevención de condutas adictivas". Neste xornada participaron entre outros ponentes, Rocío Martínez, Nerea Pousa, Laura Martínez, Xacobe Barreiro e Nazaret Carril, correspondentes xuvenís do IES Rosalía de Castro, que como voceiras da súa clase do ciclo de animación Sociocultural e Turística, deron a súa visión sobre o incremento do consumo de tabaco, alcol e drogas. Destacaron tamén a necesidade dunha maior conexión entre a mocidade e os servizos de Xuventude dos concellos e da Xunta de Galicia.
No DOG do 12 de abril publícasen as axudas concedidas do programa Iniciativa Xove na provincia de Pontevedra.
Unha ferramenta colaborativa, en liña, de intercambio de coñecementos lanzada polo Foro Cidadán Europeo que contribúe a unha mellor observación do estado do espazo cívico en toda Europa mediante a recompilación de alertas da sociedade civil, análises existentes e recursos institucionais.
No DOG do 6 de abril de 2018 publícanse as subvencións concedidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no programa Deseñando o teu futuro e no Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa)
Deseñando o teu futuro: axudas a proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas en empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.
Galeuropa: axudas a proxectos de mobilidade transnacional dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos.
Deseñando o teu futuro: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180406/AnuncioG0425-270318-0002_gl.html
Galeuropa: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180406/AnuncioG0425-260318-0001_gl.html
Aberto o prazo de solicitudes para que os obradoiros de artesanía podan pedir subvencións para a formación de aprendices.
A Xunta de Galicia ven de publicar no DOG do 8 de marzo as bases reguladoras destas subvencións, tratando de propiciar as vocacións persoais no eido da artesanía. A convocatoria está dotada cun millón de euros. Se estás interesado/a podes ampliar a información no DOG ou no portal web http://www.artesaniadegalicia.gal
O pasado xoves 22 de Marzo a Casa da Mocidade de Cangas realizou unha actividade Ludico Formativa cos Correspondentes Xuvenis de Cangas.
Primeramente propuseron unha dinámica de traballo en equipo e de colaboración polas rúas e edificios municipais do Concello.
A segunda parte foi unha posta en común sobre o a función dos correspondentes e unha posta en común de boas prácticas para o bo desenvolvemento do programa.
Os centros educativos e os/as Correspondentes Xuvenís de Cangas son:
CPR Casa de la Virgen: Raquel, José Manuel, Paula, Goretti, Iker, Álvaro, Nuria e Aitana.
IES María Soliño: Raquel, Claudia, Marta, Aida, Marina, Gemma, Ana, Nuria, María, Ana e Teresa.
CPR Eduardo Pondal: Carmen, Lucía, Pablo e Verónica.
IES Monte Carrasco: Lorena, Noelia, Ciara, Paula Yael, Eva, Carla, Xián, Borja, David, Yasmina, Mirian, Daniel, Mariana e Inés.
IES de Rodeira: Marta, Uxía, Sara, Helena, Violeta, Dennise, María, María Angélica, Alba, Claudia, Miguel, Xian e Fátima.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), vén de publicar unha nova edición do estudo “A Mocidade e as TIC".
O obxetivo do estudo é evaluar a incidencia da presenza de nenos/as e xóvenes no fogar en relación ao equipamento e uso das tecnoloxías da información,
Conclusións do estudo:
- A convivencia con nenos/as incide directamente no equipamento do fogar, de modo que o 89,2% das vivendas con nenos/as de entre 3 e 16 anos dispón dalgún tipo de ordenador, 18,6% máis que no conxunto dos fogares galegos. Cando residen mozos de 16 a 34 anos, o 94% dos fogares teñen ordenador, superando en 23,4 puntos porcentuais á media galega.
- A presenza de nenos en idade escolar no fogar incrementa a disponibilidade de Internet en 19,9 puntos porcentuais respecto dos fogares onde non conviven con nenos/as. No caso dos mozos estudantes de 16 a 34 anos a diferenza é lixeiramente superior, o 20,9%
- Os altos custes de conexión (71,9%), xunto aos dos equipos (64,8%) son os principais argumentos dos fogares con nenos onde non dispoñen de Internet. Sin embargo, a consideración da pouca utilidade ou a falta de interese continúa a ser a xustificación fundamental para os fogares onde non conviven nenos en idade escolar (68,4%), ao igual que onde non conviven estudantes maiores de 16 anos (65,9%).
- A circunstancia de que no fogar convivan nenos/as en idade escolar incrementa a contratación de banda larga nun 20%, pero a presenza de estudantes maiores de 16 anos exerce unha maior influenza, superando en 21 puntos aos fogares onde non conviven estudantes maiores de 16 anos.
- O 91,2% dos mozos galegos entre 16 e 34 anos utilizaron un ordenador nos últimos tres meses, 32,7 puntos porcentuais máis que os de 35 a 74 anos; no caso dos nenos en idade escolar o uso do ordenador é 17,3 puntos porcentuais superior respecto dos fogares onde non viven nenos.
- O uso de Internet achégase ata o 97,2% entres a poboación de 16 e 34 anos e ao 87,8% entre os residentes en fogares con nenos/as, 13,8 puntos porcentuais por riba do conxunto de Galicia. Ademáis, o 91,1% dos mozos conéctanse diariamente, mentres que entre os de 35 a 74 anos a porcentaxe de conexión diaria é do 75,2%.
- O uso do comercio electrónico crece ano a ano entre a poboación de 16 a 34 anos nun ritmo superior á poboación de 35 a 74 anos, acadando o 48,7% os mozos que compraron algún ben ou servizo por Internet nos últimos tres meses.
- Os internautas galegos de 16 a 34 anos optan con maior frecuencia polo uso de Internet para relacionarse coas Administracións Públicas, especialmente á hora de obter información a través das páxinas web.
Estudo completo:
http://www.osimga.gal/export/sites/osimga/gl/documentos/d/20180321_MONOGRAFICO_MOZOS_2017_vdef.pdf
Interrail é un pase que permite viaxar nas compañías participantes de 30 países europeos e tránsito marítimo entre Italia e Grecia, segundo as características da modalidade escollida.
A gama de pases Interrail comprende os Interrail Global Pass e Interrail One Country Pass.
Pode ser adquirido e utilizado por persoas con residencia nalgún dos seguintes países: Albania, Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, Bielorrusia, Bosnia- Herzegovina, Bulgaria, Cidade do Vaticano, Croacia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, FYR Macedonia, Francia, Grecia, Hungría, Islandia, Italia, Kósovo, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, República de Irlanda, Romanía, Rusia, San Mariño, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía e Ucraína. Tamén pode figurar como residencia uno dos territorios seguintes: Illas Aland, de Finlandia; Illas Feroe, de Dinamarca; Xibraltar, Guernsey, Illa de Man e Xersei, do Reino Unido; Svalbard e Jan Mayen, de Noruega. Os residentes en territorios de ultramar que pertencen a países europeos non poden adquirilo.
É persoal e intransferible, polo que é necesario acreditar a identidade e data de nacemento mediante a presentación de DNI ou pasaporte que inclúa unha fotografía.
Non existe límite de idade para viaxar cun pase Interrail. Ademais do pase para adultos, existen as seguintes variantes:
" Youth" destinado a mozos e mozas que non teñan cumpridos 28 anos o primeiro día de validez do pase.
" Senior" destinado a adultos con 60 anos cumpridos o primeiro día de validez do pase.
“ Child” destinado a nenos entre 4 e 11 anos cumpridos. Este pase é gratuíto cando viaxan acompañados de adultos (limitado a dous nenos por adulto).
Interrail pode adquirirse en España ata 3 meses antes da data do primeiro día de validez.
Interrail: http://www.renfe.com/viajeros/viajes_internacionales/interrail.html