Novas e actividades (988)

Seo Birdlife convoca todos os anos prazas de voluntariado nos proxectos que desenvolven.

Interésache?: https://www.seo.org/voluntariado/

 

No DOG do 1 de outubro de 2020 publícase a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas, as desistencias, das persoas excluídas e a lista de agarda na Residencia Xuvenil Altamar, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para o curso académico 2020/21

DOG do 1 de outubro de 2020

O Parque Tecnolóxico de Galicia lanza unha plataforma formativa de ciencia e tecnoloxía, en colaboración coa empresa Ceo Aberto, especializada na educación e divulgación científica. Esta plataforma de aprendizaxe online, denominada STEAMbites, vaise desenvolver desde o Parque Tecnolóxico de Galicia para todo o ámbito nacional.

Esta iniciativa vai dirixida a rapaces e rapazas de 8 a 16 anos interesados en afondar nos seus coñecementos no eido da ciencia e a tecnoloxía.

Esta proposta, que xorde como unha alternativa á formación tradicional, emprega un modelo educativo no que se traballa por proxectos, con materias que comparten coñecementos. De aí nace o concepto STEAM, acrónimo en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas. Así, STEAMbites parte dunha metodoloxía “learn by doing” (“aprender facendo”), baseada na experiencia práctica para adentrarse en contidos STEAM.

Os alumnos recibirán nas súas casas un kit con materiais científicos

Os alumnos terán á súa disposición un kit con materiais específicos para que eles mesmos poidan experimentar, manipular e realizar nas súas casas as diferentes propostas e retos didácticos que os mestres lles irán propoñendo. O kit permite garantir unha formación totalmente activa, xa que, durante a transmisión online, os participantes poderán realizar as experiencias amosadas de xeito simultáneo co seu profesor. Este kit inclúe un microordenador con diversos complementos, paper crafts para a creación de proxectos de ciencia e materiais de laboratorio para o desenvolvemento de proxectos científicos.

O lanzamento desta plataforma arranca con dous cursos, que comezan o 2 de outubro e rematan o 17 de decembro.

Para mozos de 12 a 16 anos
Os participantes no curso STEAM 101 adentraranse, entre outras materias, en ciberseguridade e hacking ético, programación de microordenadores ou deseño 3D. Aprenderán, ademais, a crear as súas propias aplicacións para móbil de xeito rápido e sinxelo, ao tempo que descubrirán o mundo da realidade aumentada e virtual, e mesmo se achegarán á cociña molecular.

Para nenos de 8 a 12 anos
Os participantes no curso STEAM KIDS iniciaranse, partindo do entretemento, na programación a través de Microbit e nos coñecementos matemáticos e científicos de Minecraft. Convertiranse tamén en construtores dos seus propios prototipos mediante ferramentas 3D e introduciranse no mundo maker a partir de circuítos con plastilina, postais luminosas, stop motion e hologramas.

O equipo de profesores está integrado por científicos, expertos en comunicación e programadores

A matrícula nestes cursos está aberta na páxina web www.steambit.es

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de doce Espazos Xove distribuidos nas catro provincias:  Ourense, Betanzos, Carballo, Curtis, Pondedeume, Noia, Lalín, Tui, Vilagarcia, Chantada, Vilalba e Viveiro.

Nestes Espazos ademáis de informar a mocidade dos programas, actividades e servizos que dispón a Xunta de Galicia, realiza actividades propias e cede instalacións a asociacións xuvenís e entidades xuvenís para a realización de actividades puntuais, preferentemente destinadas a mozos/as de entre 14 a 30 anos.

Como consecuencia da situación de crise sanitaria motivada pola Covid-19 elaboráronse os seguintes documentos de interese tanto para as asociacións e entidades xuvenís en xeral, como para a mocidade en particular, e que se poden ver aquí:

- Protocolo para os Espazos Xove. DESCARGAR AQUÍ

- Declaración responsable para entidades con sala cedida no Espazo Xove. Aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado para realizar a actividade. DESCARGAR AQUÍ

- Declaración responsable para participantes en actividades organizadas polo Espazo Xove. Aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado, para participar na actividade. DESCARGAR AQUÍ

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEG) pon a disposición de estudantes e mestres unha web desde a que poden descargar unidades didácticas e participar en xogos para familiarizarse co uso e cos servizos do número 112.

Preténdese “aumentar as capacidades dos cativos e das familias para saber reaccionar ante unha situación de verdadeira urxencia e adoptar as medidas de protección pertinentes”.

A web vén acompañada dos integrantes da familia galega máis popular do ámbito audiovisual e da banda deseñada: Os Bolechas.

https://osbolechas.gal/112/

Equipo Europa

Set 18, 2020

Equipo Europa xurdiu a partir da Campaña #EstaVezVoto, impulsada polo Parlamento Europeo, co obxectivo de promover a participación electoral nas Eleccións europeas.

Ao comezo da campaña, eran só sete mozos madrileños, mais, en pouco tempo, multiplicáronse os seguidores en redes sociais e moitos mozos apuntáronse a ser Informadores Europeos en toda España. Déronse conta, daquela, de que debían continuar.

Deste xeito, un grupo de voluntarios da campaña, impulsados polo seu interese na UE, decidiron constituírse formalmente como equipo para promover non só as Eleccións Europeas do 2019, senón tamén a UE en sí mesma.

Equipo Europa conta con 12 delegacións rexionais, 600 socios dentro e fóra de España e 2800 seguidores en redes sociais.

A súa misión como asociación pasa por achegar a UE á xuventude e promover a participación política da mocidade.

Así, baixo o marco de valores como o europeísmo, o apartidismo e a participación, promove eventos, campañas e programas, que perseguen activamente a inclusión de todos/as socios/as que queiran manterse activos.

Dende cursos de verán ata iniciativas para concienciar sobre o medio ambiente, pasando por eurodebates e almorzos con todo tipo de relatores/as.


Se tes entre 14 e 30 anos, e queres descubrir cómo a túa voz conta en Europa, preme nos enlace para descubrir cómo formar parte desta asociación:

https://equipoeuropa.org/

https://equipoeuropa.org/unete/

As inscricións a novos socios/as estarán abertas ata o día 30 de setembro. Bule!!

Novidades interesnates no Boletín Eurodesk de setembro: http://www.eurodesk.es/noticias/boletin-eurodesk

No BOE do 30 de xullo publícanse as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Programa europeo "Corpo Europeo de Solidariedade" para o exercicio de 2020

O Programa perseguirá os seus obxectivos a través dos seguintes tipos de accións:

a) Proxectos de voluntariado.
b) Períodos de prácticas e empregos.
c) Proxectos solidarios

BOE do 30 de xullo

https://europa.eu/youth/solidarity_es


A Consellería de Cultura e Turismo declara de interese galego a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia.

A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia ten por obxecto a organización e o desenvolvemento do Museo do Videoxogo (Muvi), que aborde dun xeito integral a historia do videoxogo a través de todos os dispositivos de hardware e software que conforman a súa colección, cunha particular atención ao sector do videoxogo de Galicia, e utilizando o galego como lingua vehicular de todas as actividades desenvolvidas pola entidade.

Podes vistar este museo na Rúa Andalucía 10 de Cangas, na provincia de Pontevedra.
Tamén podes facer unha visita virtual en http://muvi.gal

https://es-es.facebook.com/MuseoDoVideoxogo/

A Universidade de Santiago de Compostela ten unha colección de vídeos didácticos, a cal acolle produtos audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación coas que crear novas oportunidades de comunicación entre alumnado e profesorado.

https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/videosdidacticos.html