Novas e actividades (1302)

“Twitter revélase como un territorio hostil para as mulleres, con especial incidencia naqueles ámbitos de maior proxección pública, como a política e a comunicación, que cumpren unha función esencial nas sociedades democráticas”.

Esta é unha das principais conclusións do proxecto Mulleres pontevedresas na rede. Análise do sexismo, misoxinia e discurso do odio en Twitter, que a investigadora da Universidade da Coruña Teresa Piñeiro e o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Martínez Rolán levaron a cabo no marco da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo.

O estudo baseouse na análise das publicacións realizadas ao longo dun ano por 50 mulleres de “recoñecido prestixio na esfera pública”, 22 delas vinculadas á provincia de Pontevedra, así como das interaccións cos seus perfís dos usuarios e usuarias desta rede social. En total, Rolán e Piñeiro analizaron máis de 550.000 chíos, entre os que detectaron 62.560 que contiñan insultos e comentarios ofensivos, a meirande parte, o 96%, dirixidos a políticas e xornalistas.

“Este estudo nace da crecente preocupación polo discurso do odio e sexismo que atopamos día a dia na internet”, sinalan os investigadores no póster no que presentan as conclusións dun proxecto que se completou coa creación dunha páxina web e unha serie de podcast nos que analizan os resultados da investigación.

http://micromachismos.webs.uvigo.es/o-proxecto/

No Instagram de Mocidade de Oleiros podedes ver entrevistas a mozos e mozas contando a súa experiencia nos seus estudos: Educación infantil, Animación socicultural e turística, Dirección de cociña, Laboratorio de análise e control de calidade , Asitencia á dirección, Enxeñeiría de camiños, Audioloxía protésica, Audiovisuais, Integración social, Logopedia, Peiteado, estética e benestar, Deseño de moda, Enfermaría, Galego portugués, Socorrismo, Inef, Arte dramático, Monitora de tempo libre...

Así como mozos e mozas que crearon unha asociación, charlas sobre anticonceptivos...

https://www.instagram.com/centrosmocidadeoleiros/

 

O novo informe recompila as opinións de máis de 450.000 mozos e mozas en Europa e África.

A participación, a educación, o acceso dixital e o cambio climático son preocupacións crave. Inclúense no informe #YourVoiceYourFuture, un esforzo conxunto entre a UA, a UE e UNICEF que reúne os resultados e recomendacións de catro enquisas de U-Report en África e Europa.

https://au.int/sites/default/files/documents/39868-doc-yourvoiceyourfuture_-_turning_challenges_into_solutions.pdf

Únete ao Pacto Climático Europeo: forma parte dun movemento climático europeo en constante crecemento.

Se te preocupas polo medio ambiente e o teu obxectivo é ter unha forma de vida máis sostible para ti e o planeta, podes mellorar o teu compromiso e converterte en Embaixador do Pacto Climático.

O Pacto Europeo polo Clima é parte do Pacto Verde Europeo e está destinado a ser un espazo animado para compartir información, debater e actuar sobre a crise climática. Ofrece apoio para que un movemento climático europeo creza e se consolide.

Quen pode converterse en embaixador/a?
Calquera pode crear conciencia, informar e converterse nunha inspiración para que as súas comunidades e redes actúen por unha Europa máis verde.

Cal é o teu papel como embaixador/a?
- Comunicarte con persoas que aínda non están involucradas na acción climática pero que poderían desempeñar o seu papel.
- Informar, inspirar, participar e apoiar a acción climática cos seus amigos, familiares, na escola, a veciñanza.
- Predicar co exemplo na acción climática e na protección do medio ambiente (publicar unha foto da súa botella de auga reutilizable é un pequeno paso agradable!).
- Tamén podes organizar eventos en liña e fóra de liña, sesións de información temáticas entre pares, executar campañas nos medios de comunicación e redes sociais, organizar actividades específicas relacionadas coa acción climática e ambiental, por exemplo, limpeza de praias ou bosques ou plantación de árbores.

Cales son os beneficios de ser embaixador/a?
Serás recoñecido/a pola Comisión Europea polo teu rol como Embaixador/a, terás visibilidade da túa acción climática, recibirás ferramentas de comunicación e acceso á rede de Embaixadores.

Listo para o seguinte paso?
Completa o formulario en liña
A Comisión Europea selecciona aos/ás Embaixadores/as
Serás nomeado/a durante un ano

https://europa.eu/climate-pact/ambassadors/become-ambassador_en

A Xunta puxo en marcha o proxecto audiovisual Gastronomía para non perderse, unha serie documental que ten como obxectivo “poñer en valor os produtosgastronomiaparanonperderse2 tradicionais da cociña galega”, a través de cinco entregas conducidas polo xefe de cociña André Arzúa.

A serie céntrase en cinco manxares propios da cociña galega (congro seco, sardiña lañada, queixo de Arzúa, pan do país e androlla), protagonistas de cadansúa entrega.

Os audiovisuais poden verse de balde a través do Portal da Lingua Galega, e, en datas vindeiras, incorporarase á plataforma da Rede de Bibliotecas Públicas GaliciaLe.

Gastronomía para non perderse

Tesouros vivos

Feb 18, 2021

A UNESCO chámalles "tesouros vivos" a testemuñas de vida relevantes, portadoras de saberes de alta significación para a comunidade ou de manifestacións humanas en perigo de desaparecer e que posúen en sumo grao os coñecementos e técnicas precisas para interpretar ou recrear determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial.

Antaxurada achégase a distintos puntos do Camiño de Inverno para ofrecernos unhas serie documental de 5 capítulos con cadansúa entrevista a unha persoa significativa en relación ao territorio e ao patrimonio cultural inmaterial galego, co fin de darnos a coñecer de primeira man a historia e a cultura da nosa contorna. Cada audiovisual vai acompañado dunha proposta que persegue facilitar o labor de traballadoras e traballadores do ámbito cultural.

 

Ana LópezT1
Ana López preséntanos o oficio de polbeira e cóntanos anécdotas e experiencias das feiras ás que acudiu para desenvolvelo.

 

 

Celso Fernández SanmartínT2
O contador Celso Fernández Sanmartín fálanos do seu oficio e da importancia da familia de da veciñanza como fonte de historias.

 

 

Esther Teixeiro T3
Esther Teixeiro explícanos como era a viticultura e a produción de viño na Ribeira Sacra. Moito traballo, pero tamén momentos de diversión...

 

 

Josefina Pereira T4
Da man de Josefina Pereira chégannos lendas e historias arredor do Pico Sacro e de Gundián.

 

 

Amparo MontenegroT5
Desde San Vitoiro (Quiroga), Amparo Montenegro fala do Meco e das pampórnigas na romaxe dos Remedios.

 

https://www.proxectotesourosvivos.gal/

  • O concurso de declaracións de amor en galego na rede no que pode participar a mocidade dos 14 aos 35 anos incorpora unha terceira categoría de premio exclusiva para a rede social

  • O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantiveron hoxe unha videorreunión con Esther Estévez, presentadora do #DígochoEu

  • O prazo de participación está aberto desde hoxe ata o vindeiro 12 de marzo

Lingua de namorar, o certame de declaracións de amor en galego na rede dirixido á mocidade que a Xunta de Galicia convoca cada febreiro, por medio das consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Política Social, chega á súa décima edición con novidades importantes. Baixo o lema #NamorarEnPandemia, incorpora unha nova categoría de premio exclusiva de Instagram (IG), ampliando así o seu alcance a unha das redes sociais máis empregadas pola xente nova.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantiveron hoxe ao mediodía unha videorrecunión con Esther Estévez, coñecida presentadora do espazo #DígochoEu da CRTVG, con motivo da nova convocatoria de Lingua de namorar, no que poden participar mozos e mozas de entre 14 e 35 anos. “É importante visibilizar e dinamizar as iniciativas de promoción do uso do galego nos espazos nos que se move a mocidade, adaptalas a eles, incentivar a súa participación”, sinalou Valentín García.

Pola súa banda, a directora xeral sinalou que a mocidade ten unha oportunidade única para amosar nesta nova edición o seu espírito creativo á vez que fai uso das súas habilidades coas novas tecnoloxías. Dúas calidades que, puntualizou, sabe unir á perfección a presentadora Esther Estévez a través do popular cancelo e mediante os seus vídeos en plataformas como Instagram ou TikTok.

O prazo de participación no concurso está aberto desde hoxe e ata o vindeiro 12 de marzo para que a xente nova poida enviar os seus textos e concorrer aos premios (tres bicicletas eléctricas, dúas tabletas e dúas cámaras deportivas). Non deben superar os 350 caracteres no caso das dúas categorías habituais, na que se ditaminan seis premios, nin os 200 caracteres no caso da terceira nova categoría exclusiva de IG, que inclúe un único galardón. Toda a información e bases poden consultarse aquí.

#NamorarEnPandemia e por IG

Xa está aquí o mes de #Namorar e, aínda que o mundo está confinado e vivimos circunstancias excepcionais que nos impiden ou dificultan bicar, abrazar ou aloumiñar como desexariamos, a palabra, a ilusión e a tecnoloxía seguen sendo as nosas grandes aliadas para desconfinar a voz e expresar os sentimentos de #Amor neste tempo de #NamorarEnPandemia.

A décima edición do certame inclúe tres categorías de participación: de 14 a 19 anos, de 20 a 35 anos e de 14 a 35 anos. No caso das dúas primeiras, mantén o procedemento habitual de participación no web oficial do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar. Para concorrer á terceira cómpre facelo desde un perfil IG, seguir a @XuventudeGalicia e @LinguaGalega e escribir, na publicación habilitada no primeiro perfil unha mensaxe de amor en galego de ata 200 caracteres desde hoxe ata o vindeiro 12 de marzo. Establécese o prazo de votación habitual no caso das dúas primeiras (do 15-23 de marzo) e outro no caso da terceira, ao que concorrerán, de entre todas as que participen, só seis mensaxes finalistas propostas polo xurado (anunciaranse o 31 de marzo e poderanse votar do 1 ao 8 de abril). O 12 de abril farase pública a relación de persoas premiadas.

As bases inclúen como premios das dúas primeiras categorías os seguintes: 1º bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam, 2º tableta ZA4G0023SE Lenovo tablet 10,1” 2/32GB e 3º cámara WILD4 3GO cámara deportiva 4k. No caso da terceira categoría, o premio é único: bicicleta eléctrica BK1000 Youin ebike Amsterdam. A entrega de premios está prevista para abril, sempre que as circunstancias sanitarias o permitan.

Campaña no Instagram de Querete+ polo día da Internet segura 

https://www.instagram.com/querote_mais/

http://xuventude.xunta.es/querote-mais

A Universidade da Coruña a través da súa Unidade de Divulgación Científica prepararou para este ano dúas pezas audiovisuais dirixidas a escolares de educación primaria e secundaria nas que investigadoras coruñesas contan dunha maneira sinxela e próxima a súa traxectoria científica e vital e os seus logros profesionais e relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.

A iniciativa “Atrévete a pescudar con elas!” busca que os centros visualicen estes vídeos e os alumnos e alumnas participen enviando as súas preguntas ás científicas ata o 19 de marzo.

Entre todas as aulas participantes sortearase unha visita a un dos centros de investigación do parque tecnolóxico da UDC.

Os vídeos poden verse tamén na canle de Youtube da universidade:
https://www.youtube.com/watch?v=Hmxotkshn_0&feature=youtu.be

Máis información

Co gallo do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, xornada que lembra que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse, a Consellería de Emprego e Igualdade estrea na Internet o proxecto Mulleres de Portada, que consiste nunha serie de entrevistas a mulleres galegas que foron galardoadas co premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga dende 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.

Mabel Loza García. Premio María Josefa Wonenburger Planells 2019

É licenciada en Farmacia pola USC, realizou a súa tese doutoral na Facultade de Medicina de Oviedo e completou a súa formación científica no Centro Médico Monte Sinaí de Nova York. Na actualidade é Catedrática de Farmacoloxía da USC, onde compaxina o labor docente e investigador. Dirixe o grupo de investigación BioFarma centrado na aplicación da farmacoloxía ao descubrimento de fármacos.


Alicia Estévez Toranzo. Premio María Josefa Wonenburger Planells 2018

Doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Desenvolveu parte da súa formación postdoutoral nas universidades de Maryland e Oregón. É catedrática do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC. Codirixe o grupo de investigación en Patoloxía de Animais Acuáticos, Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia. É membro da Real Academia Galega de Ciencias e da Academia de Farmacia de Galicia.

Máis información:  http://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/dia-internacional-das-mulleres-e-nenas-na-ciencia-2021