Para conmemorar o Día Mundial do Teatro de 2021, o Consello da Cultura Galega recupera un texto do dramaturgo Andrés de Claramonte, que escribiu a principios do século XVII. Trátase da obra La Lindona de Galicia, unha peza teatral moi poucou coñecida na actualidade pero que conta con tres dimensións singulares para a nosa cultura: está ambientada nas loitas medievais polo trono de Galicia, nela a lingua galega convive en normalidade co castelán e descubrimos a unha gran personaxe literaria: a Lindona, unha poderosa e independente muller, gobernadora de facto do reino de Galicia.
Neste especial poderá acceder a diferentes contidos que permiten coñecer esta sobranceira peza teatral, e que se publicarán na web e nas redes sociais do Consello da Cultura Galega, como a primeira ficción sonora producida pola institución, ou artigos de contexto elaborados por reputados especialistas sobre a obra, a Galicia da época ou a relación entre a ficción e os feitos nos que está inspirada.
http://consellodacultura.gal/especiais/a-lindona-de-galicia/
A Fundación María José Jove inaugura o que sería o primeiro museo 100% virtual de España.
Consiste nunha plataforma virtual, dixital, interactiva e aberta para a arte, a cultura e a investigación. O MUV foi concibido ademais como un recurso para estreitar a relación entre artistas e entidades culturais de todo o mundo. Deseñado polos arquitectos Creus e Carrasco, o MUV emprázase nun lugar imaxinario de Galicia, recollendo “o espírito da paisaxe e a identidade da terra”.
O MUV pode ser visitado como unha páxina web cunha visualización dixital ou a través de Realidade Virtual (para o que son precisas unhas lentes RV).
A entidade ten na súa sede da Coruña un espazo físico de visualización virtual e outro no espazo Normal da Universidade da Coruña, coincidindo cunha primeira exposición.
O MUV desenvólvese nunha contorna tridimensional e inmersiva xerado por computador para “proporcionar un mundo simulado que facilita a interactuación e a experimentación do usuario”.
Asemade, quérese que manteña vencellos directos cos proxectos asociados ás bolsas, aos premios e ás residencias artísticas promovidas pola Fundación María José Jove, así como coa Colección de Arte FMJJ, contribuíndo ao apoio visualización dos traballos dos artistas apoiados pola entidade.
A Comisión Europea lanza catro vídeos educativos, co obxectivo de capacitar aos mozos e mozas da UE para que se convertan en consumidores mellor informados e emprendan accións positivas nas áreas de educación financeira, seguridade na internet, protección de datos e consumo sostible.
Os vídeos educativos están dispoñibles en 2 lonxitudes diferentes e 26 idiomas e poden descargarse a través da biblioteca audiovisual da Comisión.
O festival de ukelele de Ribadavia, Ukp Day, presenta un proxecto audovisual que se centra na orixe portuguesa do instrumento.
Ruta do Cavaquinho: o son que conecta Braga con Ribadavia é o titulo do documental musical que veñen de presentar esta semana na web e redes sociais do festival. Un proxecto que busca resaltar de maneira simbólica e creativa a conexión que se establece entre a cidade portuguesa de Braga, lugar de orixe do cavaquinho (posteriormente coñecido como ukelele) coa vila galega de Ribadavia, onde se realiza, desde hai 5 anos o Ukp Day, que ten como gran protagonista este popular instrumento.
A iniciativa foi realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
O festival Ukp Day celébrase cada primeiro sábado de xuño no Castelo de Ribadavia. O ano pasado tiveron que cancelar por mor da COVID-19, este ano están a piques de presentar a nova edición adaptada á situación sanitaria actual.
O vídeo pode verse na súa web: www.ukpday.com
Enlace directo: https://ogatocosmico.wixsite.com/ukp-day/cavaquinho
Xa podes disfruta no IGTV de QUÉROTE+ da charla de Nuria, psicóloga do centro Quérote+ de Coruña, dando tips para o autocuidado emocional.
E para máis información podes consultar a web de Quérote+ ou facer consultas a través de WhatsApp no 647 018 752
Organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado de xeito telemático.
Durante os días 22, 23, 24 e 25 de marzo, un grupo de 7 mozos e 17 mozas, voluntarios/as do Corpo Europeo de Solidariedade (CES) están a realizar a súa Formación á Chegada, unha actividade enmarcada no ciclo formativo do CES que ten como propósito introducir aos participantes no país de acollida e nos seus proxectos.
Nesta formación participan un total de 24 mozos e mozas procedentes de Alemaña (4 participantes), Eslovenia (1) Estonia (1), España (8), Francia (1), Grecia (2), Holanda (2), Hungría (1) e Italia (4). As persoas voluntarias, mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, realizarán durante un periodo de ata un ano os seus proxectos en Galicia (18), Baleares (4) e Castela e León (2).
Estas actividades formativas á chegada das persoas voluntarias están organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, en colaboración co Injuve, como membros da Axencia Nacional Española do programa europeo CES.
Mediante esta formación impartida en liña, as persoas participantes obterán as ferramentas necesarias para o desenvolvemento do seu voluntariado, ademais de coñecer o papel dos axentes implicados nos seus proxectos, potenciar habilidades sociais e comunicativas, establecer redes de contactos con outros voluntarios e voluntarias e crear, en definitiva, un punto de encontro baseado no intercambio cultural achegándose á cultura en España e progresando na aprendizaxe do idioma no que realizarán a súa actividade.
O Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo nace para dar resposta a dúas cuestións urxentes.
A primeira: identificar cales son os retos da sociedade dixital para que as mulleres accedan a ela en condicións dignas e igualitarias.
A segunda: definir as accións que deben impulsarse para conseguir a igualdade real e efectiva de mulleres e homes no universo dixital.
Na súa páxina web coñecerás os seus obxectivos, composición, a súa declaracións fundacional e as súas propostas de acción para promover a incorporación e o papel das mulleres como creadoras de contidos dixitais e desenvolvedoras de tecnoloxía; e reverter, deste xeito, os nesgos de xénero na intelixencia artificial, na robótica, no big data, nas empresas emerxentes ou start-ups do eido tecnolóxico e científico.
As sabias
O Comité de Sabias está formado por 14 mulleres que son referentes nos seus respectivos ámbitos profesionais. Desde enxeñeiras de telecomunicacións, mecánica ou informática ata expertas en física e intelixencia artificial, os campos de actuación das integrantes do comité son moi diversos, incluíndo tamén a filósofas, matemáticas ou filólogas. Todas xuntas son unha mostra da presenza feminina nas carreiras STEM, con consolidadas traxectorias e autoridades nas súas materias. Todas suman a súa experiencia e coñecemento para orientar a posta en marcha de accións que impulsen unha maior visibilidade e participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía.
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
O compositor e cantante Xoán Curiel musicalizou varias cantigas medievais compostas por trobadores galegos vencellados dalgún xeito a autores dos lugares polos que transcorre o Camiño de Santiago. Xunto coa cantante e filóloga Iris Gey, realizou unha revisión e unha abordaxe contemporánea das cantigas medievais galegas para crear este novo traballo discográfico.
Serie documental sobre o Camiño Primitivo realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
O Camiño Primitivo é o Camiño de Santiago que vai polo interior de Asturias e de Galicia. É a primeira ruta de peregrinación a Compostela da que se conservan referencias e a máis antiga.
Cada un dos sete capítulos que compoñen esta serie son unha viaxe a través da historia e da diversidade, do que nos fai distintos pero ao mesmo tempo iguais.
Camiñando a través da busca persoal dos peregrinos e peregrinas esta serie constrúe unha historia colectiva ao longo dun legado que permanece no tempo. O Camiño Primitivo