Novas e actividades (1294)

As letras galegas toman as redes da man da Deputación da Coruña e da iniciativa #Librosparasermoslibres

Unha parte relevante das celebracións do 17 de maio do departamento de Cultura da Deputación da Coruña vai ter lugar nas redes sociais. Nesta axenda destaca unha nova edición de Libros para Sermos Libres, co-impulsada pola área de Normalización e co punto de vista posto na celebración e reivindicación do legado de Xela Arias (homenaxeada no Día das Letras) e, por extensión, na nosa lingua e na nosa cultura.

A iniciativa #Librosparasermoslibres difundirá a través da Rede contidos relacionados co mundo editorial dirixidos a fomentar a lectura en galego. A campaña recollerá en vídeo mensaxes de apoio de caras recoñecíbeis ao noso mundo editorial. Asemade, farase referencia aos distintos premios cos que a Deputación fomenta a creación na nosa lingua.

Ao abeiro de #Librosparasermoslibres, sortearanse bonos-libros que as e os internautas poderán utilizar en calquera libraría da provincia da Coruña que elixan.

Para entrar no sorteo dos bonos tes que enviar fotos ou micro-vídeos (máximo 1 minuto). As persoas participantes recomendarán unha obra en lingua galega coas etiquetas #fiestrasabertas e #librosparasermoslibres. Sortearanse 21 bonos-libros de 100 euros que as persoas gañadoras poderán empregar en calquera libraría da provincia da Coruña.

https://es-es.facebook.com/hashtag/librosparasermoslibres?epa=HASHTAG 

Álbum de Galicia

Abr 29, 2021

Álbum de Galicia. 538 vidas para contar un país, é a base de datos online do Consello da Cultura Galega na que se recolle a historia da nosa terra a través de biografías destacadas.
A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia. En moitos casos, seguen a ser grandes descoñecidos para o público de todas as idades, de dentro e de fóra do país.

As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas.

http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/index.php 

Os concellos de Monterroso, Viana do Bolo e Meis entre os 30 proxectos seleccionados en toda España dentro da convocatoria do Injuve e da Fegamp de proxectos deseñados por entidades locais para promover os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible cuarto, quinto, décimo e décimo terceiro nos seus correspondentes ámbitos territoriais.

Monterroso co proxecto Fálame de Monterroso

Viana do Bolo co proxectro RADIAIS: LECER ALTERNATIVO E COMUNITARIO EN VIANA DO BOLO

Meis co proxecto XERACIÓN 20=22. Programa de Dinamización Xuvenil Medioambiental

http://www.injuve.es/conocenos/noticia/proyectos-locales-subvencionados-injuve-femp-2020-2021

Por segundo ano consecutivo, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) colaborará de xeito activo co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que chega á súa XXII edición.

En palabras dos responsábeis do MUVI, os irmáns Jacobo e Galo Martínez, a participación do museo de Cangas no dito evento é unha nova constatación do interese que espertan os videoxogos entre o público, o que se materializa unha vez máis na súa inclusión, de maneira natural e directa, no programa do Salón.

O percorrido físico co que poderán interactuar os asistentes (que se complementará cun itinerario virtual accesíbel na web do Salón) exhibirá obras, sistemas e información sobre estes elementos en relación coa ecoloxía, “deixando patente como o videoxogo se relaciona coa realidade histórica e social de cada intre cronolóxico, abrindo cada vez máis portas no referido ás temáticas, aos relatos e ao seu tratamento, nunha viaxe que vai, neste caso, desde o ano 1982 até o 2021”, explican os irmáns Martínez, facendo saber que amais da exposición permanente o MUVI tamén prevista unha serie de visitas guiadas por eles mesmos, que ampliarán a información do espazo principal, amais de ofrecer “unha viaxe accesíbel e interactiva para todo neno e adulto que se inscriba”.

Programa:
- Sábado 24 de abril - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (A partir de 6 anos) no Recanto Tecnolóxico.
- Sábado 24 de abril - Videoxogos e ecoloxía 18.30h (A partir de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Domingo 25 de abril - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) no Recanto Tecnolóxico.
- Domingo 25 de abril - Videoxogos e ecoloxía 18.30h (Menores acompañados) no Recanto Tecnolóxico.
- Sábado 1 de maio - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de exposicións.
- Sábado 1 de maio - Videoxogos e ecoloxía 18.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Domingo 2 de maio - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Sábado 8 de maio - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Sábado 8 de maio - Videoxogos e ecoloxía 17..30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.
- Domingo 9 de maio - Videoxogos e ecoloxía 11.30h (Menores acompañados de 6 anos) na Sala de Exposicións.

http://muvi.gal/ 

Vídeo musical de Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo. davide2

O traballo está pensado para promocionar o proxecto da banda e mostrar a música e danza tradicionais, a artesanía, a arquitectura e o patrimonio do Camiño de Santiago, pois está gravado en lugares da Ruta Xacobea.

Cantar do liño e Maneo de Xaviña é unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Cantar do liño e Maneo de Xaviña

A Comisión Europea puxo en marcha a primeira convocatoria para a presentación de proxectos no marco do novo programa Corpo Europeo de Solidariedade 2021-2027, acompañada da Guía e os formularios para 2021.

Baixo a novo lema “A unión fai a forza”, o programa Corpo Europeo de Solidariedade (CES) apoia aos mozos/as, de 18 a 30 anos, que queiran involucrarse en actividades de voluntariado en diversos campos, desde a axuda ás persoas en situación de necesidade ata o apoio a actuacións ambientais e de saúde, tanto na UE como fóra dela.

A prioridade de 2021 será a saúde e mobilizará aos voluntarios/as para que participen en proxectos vinculados ao área sanitaria, como os relacionados co impacto da pandemia de COVID-19, e a recuperación dos países. A partir do próximo ano, o programa tamén permitirá aos mozos participar en actividades de voluntariado de axuda humanitaria en todo o mundo.

A Guía do CES para 2021 estrutura as accións en dous grupos:
- Participación dos mozos/as en actividades solidarias, que á súa vez se divide en Proxectos de voluntariado, Voluntariado en equipo en áreas de alta prioridade e Proxectos solidarios.
- Participación dos mozos/as en actividades de axuda humanitaria, mediante unha nova acción que comezará a partir do próximo ano.

Os Proxectos de voluntariado ofrecen aos mozos e mozas a posibilidade de participar en actividades solidarias que axuden a paliar as necesidades identificadas nas comunidades locais. O voluntariado pode desenvolverse nun país estranxeiro ou no país de residencia do participante, e realizarse de maneira individual ou en equipo, cunha duración de ata 12 meses.

Os Proxectos de voluntariado en equipo en áreas de alta prioridade son proxectos a gran escala e de alto impacto, que permiten a grupos novos realizar actividades de voluntariado a curto prazo, entre 2 semanas e 2 meses, e abordar desafíos comúns europeos.

Para o período 2021-2027, destaca a creación dun novo Selo de Calidade revisado e simplificado, que certifica que unha organización pode garantir as condicións xerais necesarias para a realización de actividades solidarias, de conformidade cos principios e obxectivos do CES. Obter o Selo é unha condición previa para a participación das organizacións nas actividades de voluntariado e non se require no caso dos proxectos solidarios.

Un proxecto solidario é unha actividade solidaria sen ánimo de lucro impulsada, desenvolvida e executada polos propios mozos/as durante un período de tempo de entre 2 e 12 meses.
En 2022 inícianse proxectos de voluntariado de axuda humanitaria, que teñen como propósito promover a solidariedade e ofrecer axuda humanitaria tanto nos estados membros da UE como máis aló das súas fronteiras, en terceiros países vulnerables ou afectados por catástrofes.

Na guía tamén se detallan as medidas de apoio á aprendizaxe, ademais de engadir información achega do portal do Corpo Europeo de Solidariedade (punto de encontro entre organizacións e mocidade, onde os mozos e mozas ademais poden buscar oportunidades) e información dirixida ás organizacións solicitantes.

https://europa.eu/youth/solidarity_es

O Concello de Padrón está a buscar mozos e mozas para participar en voluntariado xuvenil nun proxecto sobre o Camiño de Santiago

Máis información na Oficina de voluntariado do Concello de Padrón
teléfono 981 817 025
voluntariado@padron.gal

Quérote+, este ano, para conmemorar o Día da europeo da información xuvenil, céntrase na resposta que deron os servizos de atención á xuventude, para atender as demandas de mozas equerote3 mozos ante a situación da COVID-19.

 

Queres coñecer como asume Quérote+ os novos retos?

Contancho todo con detalle!

A asociación estudantil IEEE Uvigo Student Branch, na que se atopan estudantes das diferentes titulacións de enxeñaría que se imparten na Universidade de Vigo, vén de anunciar unha proposta solidaria de recollida de ordenadores, equipos que eles mesmos disporán nun espazo cedido pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coa idea de repartilos entre as familias con menos recursos.

Recollen todo tipo de material informático, tanto de particulares como de empresas. Máis polo miúdo, amais de computadores (tanto portátiles como de sobremesa), poderá entregarse todo tipo de material informático: monitores, teclados, ratos, fíos de conexión, discos duros, memorias...

Para doar hai que completar un formulario, no que queda rexistrado o correo electrónico da persoa doante e a través do cal se porán en contacto con ela no intre da recollida.

Os membros voluntarios do IEEE UVigo serán os encargados de limpar estes equipos a fondo e instalarlles un set de aplicacións de software libre, para que o equipo poida empregarse desde o primeiro día en que se realice a entrega. Unha vez arranxados e equipados serán entregados á ONG Accem, que será a encargada de darllos ás familias en risco de exclusión ás que axuda.

Entre Padrón e Santiago é un proxecto musical da asociación cultural Tres por Cuatro    
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
            
Catro videoclips con poemas musicados de Rosalía de Castro e de Luísa Villalta que interpreta o grupo vocal feminino Entrelas.

 

Eu cantar, cantar, cantei B1
Tema de Rosalía de Castro interpretado ao pé da casa da escritora en Padrón e mais da praza do Obradoiro en Santiago de Compostela

 

 

Os teus pasos de homeB2
Poemas de Luísa Villalta e imaxes do convento franciscano de Santo Antón de Herbón

 

 

Padrón, PadrónB3
Outro tema de Rosalía de Castro interpretado, como non, en diversas localizacións da vila de Padrón.

 

 

Prá Habana!B4
Rosalía de Castro é tamén a autora do texto deste cuarto videoclip, que foi gravado na Casa da Matanza e mais no tramo do Camiño Portugués que une Padrón e Santiago.