A Consellería de Educación actualiza a oferta educativa dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional polo réxime ordinario, por curso completo: oferta educativa clasificada por concellos
Tamén se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional: oferta educativa a persoas adultas clasificada por concellos
Máis información en http://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp
A Asociación Española de Pediatría alerta ante o impacto psicosocial da pandemia entre a mocidade, que está empezando a saturar as consultas e as urxencias hospitalarias.
Duplícanse os casos de urxencias psiquiátricas infantís, os trastornos de conduta alimentaria, que son cada vez más graves, os casos de ansiedade, trastornos obsesivo-compulsivos, depresión e as autolesiones e intentos de suicido en adolescentes. Tamén se incrementou a violencia sobre os menores, os malos tratos e os abusos e disparouse o consumo de pantallas entrea mocidade.
https://www.aeped.es/sites/default/files/20210602_ndp_salud_mental_covid-19.pdf
A Consellería de Educación publica no DOG do 4 de xuño o calendario escolar para o curso 2021/22
Cando se realizarán as actividades lectivas?
1. En educación infantil, educación primaria e educación especial desde o día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.
2. En educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, desde o día 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.
3. Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.
Vacacións escolares
Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2021/22 serán os seguintes:
– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.
– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.
– Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.
Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
– 20 de novembro de 2021: Día Universal da Infancia.
– 25 de novembro de 2021: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2020: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
– 3 de decembro de 2021: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
– 10 de decembro de 2021: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 24 de xaneiro de 2022: Día Internacional da Educación.
– 30 de xaneiro de 2022: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
– 24 de febreiro de 2022: Día de Rosalía de Castro.
– 8 de marzo de 2022: Día Internacional da Muller.
– 15 de marzo de 2022: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 7 ao 11 de marzo de 2022: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
– 7 de abril de 2022: Día Mundial da Saúde.
– Entre o 18 e o 22 de abril de 2022: Semana do Libro.
– 2 de maio de 2022: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
– 9 de maio de 2022: Día de Europa.
– Do 16 ao 20 de maio de 2022: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2022: Día Mundial do Medio Ambiente.
Vaste a examinar da ABAU?
A Comisión Interuniversitaria de Galicia, CIUG, publica os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato, ABAU, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia.
https://ciug.gal/PDF/ponderacions.pdf
E se queres consultar as últimas notas de corte: https://ciug.gal/PDF/notascorte2020.pdf
Desde o Centros de Estudos Galegos de París achégannos esta iniciativa en liña, accesible a todo o alumnado de todos os Centros de Estudos Galegos e a todo o alumnado das etapas escolares de primaria e secundaria de diferentes colexios.
Un escape game centrado na figura de Xela Arias, a escritora galega homenaxeada co Día das Letras Galegas en 2021. Pódese acceder a el a través da web habilitada: https://cegaparis.wix.com/buscandoaxela.
Ademais, na zona de recursos atoparedes a biografía da poeta para poder descifrar, sen complicacións, as distintas preguntas que se presentan neste xogo: https://cegaparis.wix.com/buscandoaxela/recursos
Animádevos a xogar!
A Consellería de Educación convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño, e de Música para o curso 2021/2022.
Requisitos de acceso: para o acceso aos estudos superiores, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica. Haberá unha proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación.
Acceso directo
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Deseño sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.
Prazo de inscrición nas probas: a inscrición realizarse ata o día 17 de xuño
As solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.
Datas das probas específicas:
- As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 6 de xullo en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia.
- As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño desenvolveranse o día 6 de xullo nas catro Escolas de Arte e Superiores de Galicia (EASD).
- A proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais desenvolverase o día 6 de xullo na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
- As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática darán comenzo o día 6 de xullo na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación de bacharelato para acceder ás ensinanzas artísticas superiores:
A esta proba poderán presentarse os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente, e non teñan superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e cumpran os 18 anos no 2017, agás os aspirantes ás ensinanzas superiores de Música, para os que a idade mínima de acceso é de 16 anos.
Estas probas realizarase en Santiago de Compostela no IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, número 5; o día 28 de xuño
Máis información no DOG do 18 de maio de 2021
Escolas de Arte e Superiores de Deseño: http://www.edu.xunta.es/web/node/1604
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia: http://www.esadgalicia.com
Ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia: http://gradoconservacionbbcc.es/
Ensinanzas superiores de música: http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/113/all
Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural.
O proxecto componse de cinco audiovisuais que inclúen cadanseu videoclip do Dúo Vaguedades, a primeira banda tecno da historia, formado nada máis e nada menos que polos mesmísimos Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.
O proxecto Dúo Vaguedades forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22
Dubidar
Pondal e Rosalía pasan unha tarde de choiva na casa. A conversa, aparentemente intrascendente, agocha moita poesía, culta e popular. Nesta entrega podermos escoitar un tema do Dúo Vaguedades sobre unha das características que disque define os galegos e galegas: a dúbida.
Falar por falar
Titorial para explicar como se debe ligar en distintas zonas de Galicia, algo para o que é fundamental a dialectoloxía. Complétase cunha canción que nos anima a falar os sete falares, falar por falar, falar sen parar, falar sen cancelas e falar en galego.
Rexurdimento
Como auténticos visionarios, Rosalía e Eduardo propoñen crear un programa de variedades nunha televisión pública os venres ao serán. Ha ter éxito seguro. Sobre todo se lle poñen un nome sacado dun verso de Pondal. Cal pode ser? Despois, o Dúo Vaguedades participa nun casting onde mostra a súa valía cunha canción sobre o Rexurdimento.
Verbos compostos
As novas tecnoloxías e as redes sociais chegan ás mans do Dúo Vaguedades, mais semella que Pondal non se amaña moi ben con elas. O videoclip, desta volta, lémbranos que “o galego é un idioma moi ben dotado”. E iso que non ten tempos compostos.
Cultura nas verbenas
Rosalía e Eduardo charlan sobre a música das orquestras que percorren as verbenas galegas. Pero a cultura galega vai moito máis aló... como se pode ver no primeiro videoclip do Dúo Vaguedades.
A Deputación da Coruña e AGALURE lanzan a campaña Non xogues co xogo. Aposta pola vida.
Aposta pola vida para loitar contra a ludopatía na mocidade e, nun ámbito máis específico poñer o foco nun uso racional das novas tecnoloxías e dos servizos de xogos e apostas online.
A campaña apóiase directamente nun vídeo que se está a difundir nas redes sociais dende este primeiro de maio. Está protagonizado por Xosé Antonio Touriñán, María Mera, David Perdomo, Eva Iglesias e o dúo Verto.
No vídeo lánzanse dúas mensaxes ben claras: “As apostas deportivas non son un xogo” e “cada vez son máis os casos de ludopatía entre a mocidade”.
O vídeo desta campaña, coa que se pretende concienciar á mocidade dos problemas de adicción que carrean as apostas e os xogos de azar desde as idades máis temperás, difúndese nas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) da Deputación da Coruña e tamén nas de AGALURE para “chegar directamente ao público obxectivo desta acción a través das canles de comunicación que máis empregan”.
https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=9376
Que sabes de María Casares, Maruja Mallo, Emilia Pardo Bazán, Margarita Nelken, Federica Montseny, Victoria Kent, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Clara Campoamor...?
As mulleres foron silenciadas pola Historia e o rueiro das nosas cidades é unha boa proba diso, porque ata ben pouco, os únicos nomes femininos que recollían as nosas rúas eran os de santas ou virxes, e aínda hoxe, é unha materia pendente ese recoñecemento ao papel da muller.
O Ateneo de Santiago de Compostela, a través de Radio Ateneo dedícalle un programa, Mulleres no rueiro de Santiago pretende falar daquelas mulleres que están para dalas a coñecer, pero tamén de mulleres que hoxe non están, pero que polas súas achegas moitas veces descoñecidas, deben optar a ese recoñecemento.
Podes oír os podcast en https://ateneodesantiago.gal/radio/programas/24/las-mujeres-en-el-callejero-de-santiago