Novas e actividades (1315)

Esta é unha iniciativa do consello da cultura galega. Este roteiro lévanos aos escenarios vitais de autores/as da nosa terra. A través de pazos, igrexas, xentes e paisaxes, coñeceremos a inspiración das súas obras.

http://roteiros.culturagalega.gal/ 

Discover EU

Xul 14, 2021

DiscoverEU é unha iniciativa da Unión Europea que che ofrece a oportunidade de descubrir Europa desprazándote principalmente en tren (hai excepcións para as persoas que viven en illas ou en zonas remotas), descubrirás as impresionantes paisaxes de Europa e a súa gran variedade de cidades e vilas. Podes presentar a túa candidatura nas dúas edicións que se organizan cada ano. A mocidade seleccionada gaña un bono de viaxe.

Se as condicións en Europa o permíten, farase todo o posible por volver poñer en marcha a iniciativa DiscoverEU do 12 ao 26 de outubro de 2021 e ofrecer novas oportunidades para gañar un dos 60.000 bonos de viaxe. Mentres tanto, podes seguir as súas contas nas redes sociais, especialmente o grupo oficial de Facebook de DiscoverEU, para non perderte ningunha información.

https://europa.eu/youth/discovereu_es 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de lanzar unha enquisa para indagar nas preocupacións da xente nova arredor da emerxencia climática.

Mozas e mozos de entre 15 e 34 anos están chamados cubrir o cuestionario que se desenvolve simultaneamente nos oito estados membros da Unión Europea que participan no proxecto People & Planet: Un Destino Común, que involucra a Portugal, Alemaña, Irlanda, Italia, Polonia, Romanía, España, Países Baixos e Cabo Verde.

Queren aprender sobre a concienciación e o activismo da xente nova en relación cos retos do Cambio Climático e a Escaseza de Auga, así como os novos hábitos sostibles. A escaseza de auga afecta a máis do 40% da poboación global. Os desastres relacionados coa auga causan o 70% das mortes vinculadas a catástrofes naturais.

A enquisa ten 16 preguntas e vaiche levar uns 10 minutos respondela. A túa achega será moi valiosa e resulta de suma importancia!

ENQUISA!!

As pinturas rupestres esquemáticas prehistóricas situadas en Penedo Gordo e Penedo do Gato-Lobarzán (Ourense) xa se poden visitar virtualmente. Para iso, un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo lanza unha plataforma en liña que integra múltiples recursos que permiten somerxerse no coñecemento destes xacementos.

A iniciativa pertence ao proxecto Inou 2020 PreMedia. Creación dun contorno virtual para a interpretación patrimonial de sitios con pintura rupestre esquemática da comarca de Monterrei.

http://premedia.webs7.uvigo.es/

Os/as estudantes universitarios/as que o vindeiro curso participen nun programa Erasmus oficial dunha das tres universidades galegas poden pedir xa cita previa para seren vacinados.

A cita pode pedirse a través das web https://cita.sergas.gal/ e tamén desde a aplicación Sergas Móbil.
Tras a comprobación de que a persoa cumpre os requisitos, poderase acceder a Campañas promoción da saúde (Solicitude cita vacina COVID).

https://cita.sergas.gal/

O Pazo de San Roque acolleu esta mañá a entrega de premios da X edición de Lingua de Namorar, o concurso en liña de mensaxes de amor que busca dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, recibiron hoxe ás persoas gañadoras para facerlles entrega de cadanseu galardón.

Na categoría A, que inclúe os mozos e mozas de 14 a 19 anos, resultaron gañadoras co primeiro, segundo e terceiro premio respectivamente as mensaxes Penso en ti, de María Rey Villar (A Coruña), Sol e Lúa, de Lucas Paz González (A Coruña) e Amar mentres a vida avanza lento, de Lara Hernández Iglesias (A Pobra do Caramiñal).

Pola súa banda, os textos premiados na categoría B para os participantes de 20 a 35 anos foron, en primeiro lugar, Rea(r)mar, de Lara Álvarez Álvarez (Redondela), en segunda posición, O fío da vida, de Leticia Cid Cid (San Cibrao das Viñas), e, pechando o podio, KÓX3G∆S, de Andrea López Otero (Pantón), quen non puido estar presente no acto de entrega.

Na categoría C, incluída por primeira vez nesta edición para os participantes que se animaran a compartir as súas mensaxes de amor a través de Instagram, estreou o premio acumulando o maior número de “gústame” na dita rede social, José María Trigo González (Pontevedra).

Nas dúas primeiras categorías, o primeiro premio foi unha bicicleta eléctrica, o segundo unha tableta de 10,1 polgadas e o terceiro unha cámara deportiva. Na nova categoría para Instagram, o único premio foi tamén unha bicicleta eléctrica. A maiores, todas as persoas gañadoras recibiron unha peza de artesanía conmemorativa da X edición de Lingua de Namorar xunto cun lote de libros e música de literatura galega sobre Xela Arias, autora homenaxeada polas Letras Galegas 2021.

Desde a Universidade de Xaén (UJA) e o Instituto de Investigación Biomédica de Málaga (IBIMA) ponse en marcha o proxecto DAREMOS (Detección de Adolescentes en alto Risco de Problemas Emocionais: Explorando o papel de Epixenética e Linguaxe para Prevención Indicada en Saúde Mental)

O seu obxectivo é mellorar a detección dos adolescentes con alto risco de desenvolvemento de problemas emocionais como ansiedade ou depresión. O estudo non só considerará aspectos psicosociais senón tamén o papel tanto da linguaxe que utilizan as adolescentes grazas ao traballo realizado desde a Lingüística Aplicada e a Informática, así como o papel da Epixenética. Trátase dun proxecto apoiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e no que o Injuve participa como parte do Consello Asesor Externo.

A participación no estudo está aberta a todos aqueles pais interesados en coñecer de maneira gratuíta se o seu fillo pode presentar algún tipo de problema emocional. Simplemente hai que responder unha enquisa en liña.

Tras a avaliación, aos pais informaráselles sobre os resultados. Desta maneira, os pais poden coñecer como están emocionalmente os seus fillos. Os mozos e mozas ademais poden coñecer como senten e están a vivir estes tempos difíciles.

Requisitos: Esta iniciativa diríxese a pais e nais e aos seus fillos/as adolescentes entre 12 e 18 anos.

https://redproem.es/daremos/ 

Aprobado o Plan de Garantía Xuvenil Plus 2021-2027 de traballo digno para persoas mozas que servirá de referencia para as entidades vinculadas ao Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no mesmo período.

O Plan de Garantía Xuvenil Plus inscríbese nun investimento global, o Plan Estratéxico Mocidade Avanza, que, cunha dotación histórica de 4.940 millóns de euros, agrupa o conxunto de accións para o emprego xuvenil.

O plan permitirá axilizar e facilitar unha atención preferente ás persoas mozas. Recolle un compromiso para que nun prazo máximo de catro meses, as persoas mozas reciban unha oferta de formación ou de emprego que conte cun seguimento especial.

O plan permitirá loitar contra a discriminación das persoas LGTBI e poñerá en marcha un programa piloto de inserción sociolaboral para elas.

Identificará oportunidades de emprego e proverá de formación específica aos mozos e mozas en sectores como o dixital, a economía circular, as enerxías renovables, a transición ecolóxica e a economía azul.

Fomentarase a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade combatendo os estereotipos de xénero e adaptando a formación ás necesidades das persoas con responsabilidades familiares.

Coa rexeneración de espazos rurais e urbanos en declive, as persoas mozas poderán ter oportunidades laborais que permitan a substitución xeracional, frear o despoboamento e dar solucións habitacionales a persoas vulnerables.

A través de programas de emprego e formación facilitarase a primeira experiencia profesional para que as persoas mozas poidan acceder a un emprego digno e acorde co seu nivel de formación.

Máis información na web do SEPE

BOE do 25 de xuño de 2021

Esta fin de semana terá lugar a Mostra e Encontro da Xuventude Emprendedora (MEXE), enmarcado no proxecto LIDERA, onde a mocidade terá a oportunidade de dialogar e debater sobre o emprendemento no eido da cooperación transfronteiriza. Por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado interverá a directora xeral, Cristina Pichel Toimil.

PROXECTO LIDERA

Aprobado ao amparo do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), este proxecto ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos, proroogado ata o 30 de xuño de 2021.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Xa hai premiados/as da nova edición do certame Enreguéifate, destinado a reivindicar no YouTube, a través dunha canle propia, a longa tradición improvisación oral galega (a regueifa) entre as novas xeracións.

Participaron vídeos nas redes chegados dende Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas e Tordoia. Houbo doce premios para outras tantas contribucións audiovisuais.

O resultado das votacións pódese ver nun vídeo onde se anuncian as regueifas gañadoras da man de Mariña e Manolo Maseda.

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (a regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Nesta edición, malia a situación sanitaria, presentouse a cifra nada desprezábel de 42 vídeos, 36 na categoría escolar e 6 na xeral, chegados desde Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas ou Tordoia.

O xurado estivo composto por María López, concelleira en Teo e profesora; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; e A Rabela (rapeira, filóloga e regueifeira).

enregueifate2

Este foi o resultado das votacións que podedes ver nun vídeo onde se anuncian as regueifas gañadoras da man de Mariña e Manolo Maseda:

Categoría Xeral
A máis diversa: Chaminho e Arrieiro - Koruño vs. Rural
A máis reivindicativa: As Canosa - Máxico é o galego
A máis brava: Regheifeiras da Pontragha - Practicando para o vrau
A máis aguda: Patty e Iván - Trocando roles
A mellor falada: Xurxo Souto e Oscar o Arrieiro - Torgho de Bergantiños
A mellor cantada: Os irmáns Tato - Regueifando co protocolo

Categoría Escolar
A máis brava: Patakas Bravas - A guerra do bonito
A máis aguda: As Marías do Lamas - As Marías
A máis diversa: Pitifláuticos - Nós queremos igualdade!!!
A máis reivindicativa: Rimas coma balas - Exprésate rimando
A mellor falada: 21 garabullos - A regueixeira
A mellor cantada: Dúas moi galegas - Sons da aldea

https://www.youtube.com/channel/UCKeXMf-vWyP8cOIr-Cav_7g