Novas e actividades (1308)

A Secretaría Xeral de Cultura ven de publicar unha resolución pola que abre o prazo e establece as condicións para que as persoas físicas ou xurídicas dedicadas profesionalmente á dinamización cultural poidan inscribirse no catálogo Ler Conta Moito 2022.

Este catálogo incorporará actividades de dinamización bibliotecaria e cultural que se porán á disposición dos titulares de bibliotecas públicas, co obxecto de que poidan seleccionalas para a súa programación de dinamización da lectura durante o ano 2022, promovendo así a mellora da oferta, a igualdade de acceso e a transparencia.

O programa Ler Conta Moito ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios.

Poderán formar parte do catálogo Ler conta moito 2022 aquelas persoas físicas ou xurídicas dedicadas profesionalmente á dinamización cultural, que pretendan desenvolver actividades deseñadas de acordo co sinalado nesta resolución.

As persoas físicas ou xurídicas que desexen participar no catálogo Ler conta moito 2022 deberán estar dadas de alta no imposto de actividades económicas (IAE), nunha epígrafe das relacionadas no anexo I, ou noutra adecuada ao tipo de actividade que se vaia desenvolver.

O prazo para inscribirse e solicitar a inclusión de actividades no catálogo comprende desde o día 28 de decembro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2022.

Información completa no DOG Núm. 247 do Luns, 27 de decembro de 2021.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado concede os premios Premios Galicia de Acción Voluntaria ás seguintes candidaturas, dado que obtiveron en cada modalidade a maior puntuación por parte do xurado:

Premio voluntario do ano, na modalidade individual para José Ramón Miguens Dieste, dada a súa traxectoria e calidade en diferentes áreas de actuación acreditadas no ámbito do voluntariado.

Premio entidade de acción voluntaria do ano, na modalidade colectiva á Asociación Banco de Alimentos Rías Altas, Balrial pola súa posta en valor da acción voluntaria nunha área de especial interese para a nosa Comunidade Autónoma no contexto de crise sanitaria en que nos atopamos.

Premio ao mellor proxecto de acción voluntaria do ano á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG polo seu proxecto Servizo de voluntariado para a eliminación do illamento social e comunicativo das persoas xordo cegas e persoas xordas en situación de exclusión social.

Cada un dos premios está dotado con 4.000 euros

Máis información no DOG do 15 de decembro de 2021

O Parlamento Europeo e o Consello acordan converter 2022 no Ano Europeo da Mocidade.

A Comisión coordinará ao longo de 2022 unha serie de actividades en estreito contacto co Parlamento Europeo, os Estados membros, as autoridades rexionais e locais, as organizacións xuvenís e os propios mozos e mozas.

A mocidade europea beneficiaranse de moitas oportunidades para adquirir coñecementos, habilidades e competencias para o seu desenvolvemento profesional, e para fortalecer o seu compromiso cívico para dar forma ao futuro de Europa.

Os programas da Unión Europea dedicados á mocidade, como Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade desempeñarán un papel central na implementación e financiamento das actividades do Ano Europeo da Mocidade. Ademais, espérase o lanzamento de varias iniciativas emblemáticas.

Máis información: https://europa.eu/youth/year-of-youth_es

Xunta e Fundación Sgae presentan a playlist "Escoita o Camiño. Escoita Galicia" con 2022 temas dun milleiro de grupos e artistas galegos.

Trátase dunha campaña de promoción internacional da música de Galicia en formato de playlist que, baixo o título Escoita o Camiño. Escoita Galicia, busca achegarlles aos peregrinos e ao resto do público a nosa riqueza e variedade musical no marco da celebración do Xacobeo 21-22.

Con tal fin, ofrécese a través da canle Spotify unha escolma que reúne o número simbólico de 2022 temas de 1000 artistas e grupos galegos, agrupados en 22 listas de reprodución temáticas.

https://open.spotify.com/playlist/6HLEmchC5zvfnQT7bgYpkb

Podes solicitar un carné albergusita dixital cando acudas a activar o teu carné xove

Puntos de activación

As accións que se desenvolven no marco do programa Erasmus+ divídense, pola súa forma de xestión, en:
1. Accións centralizadas, que son xestionadas desde a Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA)
2. Accións descentralizadas, xestionadas polas Axencias nacionais.

No ámbito da mocidade, o programa Erasmus+ estrutúrase nas seguintes accións descentralizadas:

Acción crave 1 (Mobilidade das persoas):
- Intercambios xuvenís (KA 152)
- Mobilidade de traballadores no ámbito da mocidade (KA 153)
- Actividades de participación xuvenil (KA 154)
- Acción de inclusión de Discover EU

Acción crave 2 (Cooperación entre organizacións e institucións):
- Asociacións para a cooperación:
- Asociacións a pequena escala (KA 210)
- Asociacións de cooperación (KA 220)

Prazos para a presentación de proxectos (Todos os prazos finalizan ás 12.00 do mediodía, hora de Bruxelas)

Acción crave 1 (KA 152, KA 153 e KA 154):
- 23 de febreiro para proxectos que empecen entre o 1 de xuño e o 31 de decembro do mesmo ano.
- 4 de outubro para proxectos que empecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio do ano seguinte.

Acción crave 2 KA 210
- 23 de marzo para proxectos que comecen entre o 1 de setembro e o 31 de decembro.
- 4 de outubro para proxectos que empecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio do ano seguinte.

Acción crave 2 KA 220:
- 23 de marzo, para proxectos que empecen entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano. Convocatoria única.

Como se presenta un proxecto?

Para presentar un proxecto é necesario seguir os seguintes pasos e consultar a parte C da guía:
- Crear unha conta EU Login, salvo que o solicitante teña xa unha. Acceso para crear unha conta EU Login
- Acceder ao sistema de rexistro de organizacións de Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade e rexistrarse (se procede) en nome da organización ou grupo ao que represente.

Os solicitantes rexistranse só unha vez. Unha vez finalizado o rexistro, o solicitante obterá un código de identificación de organización.

O solicitante pode comprobar o seu código de identificación de organización ou cambiar a información vinculada a este código a través do sistema de rexistro de organizacións de Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade.

Ao introducir o código de identificación da organización no formulario, toda a información facilitada polo solicitante na fase de rexistro aparecerá automaticamente no formulario.

https://erasmus-plus.ec.europa.eu/es/node/2699

 

Dic Dac Docs.

Dec 09, 2021

Xa está dispoñíbel no Portal da Lingua a serie documental infantil Dic, dac, docs, unha contribución audiovisual que amais de achegar diversión e “uns contidos moi coidados” para a rapazada, serve de elemento normalizador do galego.

Dirixida a nenos e nenas de 2 a 7 anos, os cinco breves capítulos que compoñen esta serie teñen a finalidade de facilitarlle á cativada a adquisición de vocabulario en galego. Cada capítulo está dedicado a un tema (a cidade, a horta, a casa, a granxa e os medios de transporte), que será o eixo a través do cal os pequenos descubrirán os elementos e as palabras en galego relacionadas con ese eido. Todos os capítulos están encadrados no ámbito galego e cunha referencia clara á xeografía e á cultura de Galicia.

Os autores son David Hernández e Álex Penabade. Conta co guión de María Reimóndez, a voz en off de María Roja e a música de Iván Blanco.

Dic, Dac, Docs.

O home que plantaba arbores2O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo convídannos a participar nun club de lectura sobre o libro O home que plantaba árbores de Jean Giono,  libro que  nos recomendan ler a todos e todas, posto que nos permite reflexionar sobre a necesidade de coidar o medio ambiente, sobre a xenerosidade e a perseverancia...

As reflexións, comentarios ou aportacións que queiramos facer pódense enviar ao taboleiro colaborativo virtual padlet deste club:  Padlet sobre O home que plantaba árbores.

O tempo estimado de lectura de O home que plantaba árbores é de 45 minutos.


Onde podes conseguir o libro? pois na rede de bibliotecas de Galicia:

Libro O home que plantaba árbores na rede de bibliotecas de Galicia

Libro El hombre que plantaba árboles na rede de bibliotecas de Galicia

 

Si prefires compralo, lembra que co Carné Xove tes un desconto en moitas librarias de Galicia:

Descontos nas librarías da Federación de libreiros

Descontos noutras librarias: Lugo, Ourense, Pontevedra e A Coruña

O proxecto socio-educativo “Ao Son da Nosa Música”, realizou un traballo de investigación nos meses de outubro e novembro en 20 centros educativos galegos das catro provincias. Contou coa participación de alumnado desde 5º de primaria ata 2º de Bacharelato e foron pesquisados os seus hábitos musicais tanto dentro como fóra do centro escolar. A enquisa puxo especial fincapé na presenza da lingua galega na música que escoitan

Máis do 50% nunca asistiu a un concerto de música en lingua galega na súa vida e un 40% do alumnado enquisado non coñece ningún artista ou grupo que cante en galego.

En relación aos hábitos de consumo de música, un 62% nunca mercou música. Entre o 38% que si o fixo un 45% investiu en música en castelán, un 35% música en inglés e tan só un 17% asegura que mercou música en galego. En canto aos medios dixitais que se empregan para escoitar música YouTube destácase como o máis empregado cun 86%, seguido por Spotify cun 74%, TikTok cun 52% e a radio cun 35%. Así mesmo, revélase que as redes sociais, a partir dos 13 anos, son a maior influencia na formación do gusto musical, seguida de preto do grupo de amizades.

Guadi Galego, SÉS, Tanxugueiras ou a Banda da Loba son as artistas máis coñecidas pola rapazada. En canto aos estilos: o Pop, o Reggaetón e o Rap son os xéneros preferidos adolescente cun 64%, 53% e 44% respectivamente.

Este proxecto lévase adiante por Manuel Maseda Deán e Martiño Ramos Soto.

https://sites.google.com/view/aosdnm/enquisas 

A Comisión Europea publicou o seu último informe sobre a mocidade, que ofrece unha visión xeral da situación dos mozos e mozas europeos en termos de educación, formación, aprendizaxe, emprego e participación cívica e política.

Informe sobre a mocidade europea