As bolsas de estudos para o curso 2022-2023 veñen con importantes cambios.
O prazo para solicitala abrirase este mes de marzo e MOI IMPORTANTE!! pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.
Para que estudos podes solicitar unha bolsa? Podes solicitar unha bolsa se te matriculaches ou te vas a matricular para o curso 2022-2023 nalgún dos seguintes niveis:
Bacharelato
Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
Formación Profesional de grao medio e de grao superior
Ensinos artísticos: profesionais e superiores
Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
Ensinos deportivos
Estudos relixiosos superiores
Formación Profesional de Grao Básico
Universidade: grao e máster
Tes dereito a unha bolsa? O límite (limiar) de renda que se ten en conta para concederche unha bolsa depende do número de membros computables da túa unidade familiar
BOLSAS PARA FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERISTARIOS
Canto diñeiro podes recibir para a túa bolsa? A bolsa é a suma de distintos compoñentes. Para calcular canto che corresponde, debes ter en conta que a bolsa consta dunha cantidade de diñeiro fixa e dunha cantidade de diñeiro variable.
Se a túa renda familiar está no limiar 1 ou é inferior
En función da renda 1.700 €
Se necesitas cambiar de residencia durante o curso 1.600 €
Se obtiveches notas excelentes(un 8 ou máis) 50 € - 125 €
Contía variable: Calcúlase en función da renda da túa unidade familiar e da nota media que obtiveches o curso pasado.
Se a túa renda familiar está no limiar 2
Bolsa básica: 300 €. (En F. P. de Grao Básico, 350 €)
Se necesitas cambiar de residencia durante o curso: 1.600 €
Se obtiveches notas excelentes(un 8 ou máis): 50 € - 125 €
Contía variable: Calcúlase en función da renda da túa unidade familiar e da nota media que obtiveches o curso pasado.
Se a túa renda familiar está no limiar 3
Bolsa básica: 300 €. (En F. P. de Grao Básico, 350 €)
Se obtiveches notas excelentes(un 8 ou máis): 50 € - 125 €
En calquera caso, a contía variable será de 60 € (a mínima) se solicitas bolsa para algún destes estudos:
Idiomas na Escola Oficial de Idiomas
Formación Profesional de Grao Básico
Acceso á universidade maiores de 25 anos
Cantidade variable: Unha vez asignadas as bolsas de contía fixa a todas as persoas que a solicitaron e que cumpren os requisitos, repartirase o importe que sobrou do orzamento total. Isto farase mediante unha fórmula matemática de repartición que pondera, é dicir, que mide, a nota media do teu expediente e a túa renda per cápita familiar.
Importante!: Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que aínda non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.
UNIVERSIDADE: GRAO OU MÁSTER
Podes solicitar unha bolsa se te matriculaches ou te vas a matricular para o curso 2022-2023 nalgún dos seguintes niveis:
Curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos (impartido por universidades públicas)
Ensinos universitarios para títulos de grao e de máster. Tamén están incluídos:
- estudos de grao e máster en centros universitarios da Defensa e da Garda Civil,
- créditos complementarios ou complementos de formación para acceder ou obter o título de máster ou grao.
Canto diñeiro podes recibir para a túa bolsa? Para calcular canto che corresponde, debes ter en conta que a bolsa consta dunha cantidade de diñeiro fixa e dunha cantidade de diñeiro variable.
Se a túa renda familiar está no limiar 1 ou é inferior:
Bolsa de matrícula: Compensada á universidade
En función da renda: 1.700 €
Se necesitas cambiar de residencia durante o curso: 1.600 €
Se obtiveches notas excelentes (un 8 ou máis): 50 € - 125 €
Contía variable: Calcúlase en función da renda da túa unidade familiar e da nota media que obtiveches o curso pasado.
Se a túa renda familiar está no limiar 2 ou é inferior:
Bolsa de matrícula: Compensada á universidade
En función da renda: 1.600 €
Se necesitas cambiar de residencia durante o curso: 1.600 €
Se obtiveches notas excelentes (un 8 ou máis): 50 € - 125 €
Contía variable: Calcúlase en función da renda da túa unidade familiar e da nota media que obtiveches o curso pasado.
Se a túa renda familiar está no limiar 3 ou é inferior:
Bolsa de matrícula: Compensada á universidade
Se obtiveches notas excelentes (un 8 ou máis): 50 € - 125 €
Cantidade variable: Unha vez asignadas as bolsas de contía fixa a todas as persoas que a solicitaron e que cumpren os requisitos, repartirase o importe que sobrou do orzamento total. Isto farase mediante unha fórmula matemática de repartición que pondera, é dicir, que mide, a nota media do teu expediente e a túa renda per cápita familiar.
Como solicitar a bolsa?
Paso 1. Entra na sede electrónica
Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Paso 2. Rexístrate
Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:
Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que te volvas a rexistrar.
Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.
Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:
- con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou
- mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que che rexistraches na sede electrónica.
Paso 3. Enche o formulario
Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non se che pedirá que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
Importante!: Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que aínda non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.
Tes dúbidas?
O Portal Europeo da Mocidade publica información para a mocidade que está a fuxir de Ucraína e que apoios poden atopar nos países europeos, entre eles España.
ACNUR, a Axencia da ONU para os Refuxiados está a traballar cos gobernos dos países veciños, pedíndolles que manteñan as fronteiras abertas para quen busca seguridade e protección.
Apoio dos países europeos para refuxiados de Ucraína coordinados pos ACNUR
Política Lingüística presentou a serie documental Museo a ceo aberto, realizada pola cooperativa O Cable Inglés ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22.
Museo a ceo aberto é unha oportunidade inmellorábel para achegarnos a un movemento creativo de transformación urbana que está a experimentar unha importante revolución en Galicia, non só como elemento artístico e estético contra o feísmo, senón tamén como recurso turístico e dinamizador dende o punto de vista cultural e xuvenil.
Estruturada en sete capítulos dunha duración aproximada de 20 minutos, esta serie mapea as principais mostras de arte urbana de Galicia, onde nos últimos anos foron xurdindo artistas, iniciativas e eventos que conseguiron xerar auténticas transformacións na paisaxe urbana das cidades, creando auténticos museos a ceo aberto.
A serie está dispoñible no Portal da Lingua Galega e na canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Cantas palabras eres capaz de encontrar?
A Mesa pola Normalización Lingüística lanza dun xogo de balde para entreter e fomentar o uso do galego. Trátase de Pensatermos, xogo no que tes que encontrar o maior número de palabras posible usando obrigatoriamente a do medio resaltada en cor vermella.
As palabras deben ter como mínimo tres letras e non ser formas verbais conxugadas, nin termos en plural. A puntuación do xogo determínase polo número de letras utilizadas: 1 punto por palabras de tres letras, 2 puntos por palabras de 4 letras e a partir das cinco letras, tantos puntos como teña a palabra. Se se utilizan todas as letras, faise un pleno e obtéñense 18 puntos.
Atréveste?
O grupo de Correspondentes Xuvenís do IES 1º de marzo de Baiona realizaron un vídeo basado na carta Estou farta, que Alba Quintas, alumna de 4º da ESO en Ourense, enviou á sección Cartas ao director, da Voz de Galicia...
"Estou farta de que, a pesar de todo o que loitamos as mulleres, non alcanzásemos aínda a nosa vitoria, a igualdade"
O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES 1º de marzo de Baiona son alumnas e alumnos do ciclo de Animación Sociocultural e Turística e está composto por Ángela, Lucía, Judith, Xosé, Sabela, Yara, Lara, Noelia, Mónica María, Jose, Víctor Manuel, Mara e Rahel, coordinado por Nuria Fernández Segade profesora no ciclo.
O informe do 25 Percent analizou e resumiu as ideas recollidas polos mozos e mozas sobre o futuro de Europa.
Entre xuño e novembro de 2021, máis de 4.000 mozos e mozas foron consultados sobre as súas opinións e desexos sobre o futuro da Unión.
As ideas expresadas abarcan moitos ámbitos e temas políticos diferentes: desde o cambio climático e a sustentabilidade ata unha economía e postos de traballo estables, a transformación dixital, a xustiza social e a igualdade, a saúde, a educación, Europa no mundo, a democracia, os valores e os dereitos, estado de dereito e seguridade, e moito máis.
Nos próximos meses, o Foro Europeo da Mocidade levará estas ideas ás persoas responsables da toma de decisións dentro da Conferencia sobre o Futuro de Europa e máis aló, para asegurarse de que se escoiten as voces dos mozos e mozas!
O cambio comeza connosco! As ideas da mocidade sobre o futuro de Europa
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) difunde entre os centros da ESO material lúdico-didáctico para promover “a cultura da prevención entre a mocidade”. Esta oferta, que chegará aos centros de maneira telemática, inclúe un xogo en liña. Este ficará aloxado na páxina web da AXEGA, sendo o seu obxectivo “formar e sensibilizar aos rapaces e rapazas sobre a importancia da auto protección”. A axencia engade que este xogo dispón dunha clasificación final cos centros que tiveran acadado a maior puntuación ao responder correctamente a todas as preguntas que se formulan.
Para a devandita finalidade, as persoas participantes contarán con material audiovisual e informativo de apoio, co que poderán traballar na aula ao tempo que amplían os seus coñecementos sobre o número único de atención ás emerxencias 112 e aprenden a protexerse ante situacións de risco tales como incendios forestais, inundacións e accidentes no fogar.
A AXEGA sinala que a actividade estará aberta a calquera centro que o desexe, con especial atención a aqueles situados en zonas fronteirizas con Castela y León e Portugal, “pois existe un apartado destacado para o coñecemento do protocolo de resposta e cooperación transfronteiriza en caso de emerxencias graves ou catástrofes, que é o ARIEM+”.
Recentemente detectouse unha campaña de mensaxes SMS nas que os ciberdelincuentes tentan suplantar ao Servizo Público de Emprego Estatal. Trátase dunha acción de "Phising" da que todos os cidadáns debemos estar previdos.
Non pulses na ligazón que contén o SMS!!
Se recibes un SMS do SEPE onde se indica un pago dunha determinada cantidade de diñeiro tras unha actualización errada dos teus datos bancarios e a continuación, solicítaseche que para actualizar os devanditos datos pulses nunha ligazón do tipo: https:// sepe.es.6578653. top/
É importante que NON pulses na devandita ligazón, pois é unha campaña fraudulenta por medio de SMS para facerse cos teus datos persoais.
Lembra que o SEPE non pedirá nunca os teus datos persoais por SMS.
A seguridade é responsabilidade de todos.
Nesta ligazón tes máis información sobre campañas de Phising.
Estiquecantas.gal é un proxecto para espallar nas redes o legado de Rosalía de Castro
Na web podes encontrar diferentes formas de achegarse á obra de Rosalía de Castro, ben a través de audiolibros e pílulas audiovisuais, ou mesmo mediante unha unidade didáctica e un concurso. Todas as propostas teñen en común que “a voz de cada persoa atope na de Rosalía un camiño de descubrimento”, indica o equipo responsábel da posta en marcha deste proxecto, o equipo de Rebordelos.
Ilustración de Laura Romero https://eleromero.com/
As propostas:
Fiestras, está formada por unha serie de pílulas audiovisuais a cargo do cineasta Xacio Baño que afondan na relación da obra de Rosalía de Castro coa súa vida.
Unidade didáctica para que os institutos que o desexen poidan traballala, levada a cabo por María López Sández.
A terceira proposta está a ligada á mocidade e á xeración Z co concurso #estiquecantas, enfocado a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos, que se desenvolverá nas redes sociais Instagram e Tik Tok para que interpreten a obra en galego de Rosalía de Castro segundo o seu ollar.
As persoas participantes crearán un vídeo breve (menos de 60 segundos e coa súa propia linguaxe: memes en movemento, gifs, stickers...) no que mostrarán o que lles inspira a obra da escritora, con vistas a compartilo a partir do 23 de febreiro e ata o próximo 15 de marzo. O xurado -formado por Lucía Aldao, e as tiktokers Prado Rúa e Malva- dará a coñecer os nomes dos gañadores e gañadoras o próximo 21 de marzo, Día Internacional dos Bosques e da Poesía dende as contas de @estiquecantas de Tiktok e Instagram.
A cuarta parte do proxecto son os audiolibros da obra en galego de Rosalía de Castro concibidos como “unha ferramenta para multiplicar a súa voz dende a accesibilidade e a implicación directa coas lectoras e lectores, coas e cos ouvintes”. Deste xeito, todos e todas as ouvintes poderán escoitar a obra completa de Rosalía de Castro en galego: Cantares gallegos, Contos da miña terra e Follas novas, sumando máis de 150 audios en total, ademais de ter a posibilidade de consultar as obras anteriormente citadas en PDF.
Es ti que cantas é un proxecto de Rebordelos que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Rosalía de Castro.
A Universidade de Santiago incorpora 25 novos traballos de divulgación científica e tecnolóxica en lingua galega a TED (Technology, Entertainment and Design).
Con estes son xa 149 as charlas TED deste ámbito que teñen versión en lingua galega grazas ao concurso que organizaron as comisións de normalización lingüística (CNL) dos centros da USC que imparten titulacións relacionadas coa saúde: Ciencias, Enfermaría, Farmacia, Medicina e Odontoloxía, Óptica e Optometría, Psicoloxía e Veterinaria.
Os vídeos poden verse ademais no propio TED, escollendo como lingua o galego. Tamén están dispoñibles tanto no web do SNL, como na súa canle de Youtube, como en Proxector, o espazo que reúne audiovisuais en galego para a docencia. Pode cumprir nalgúns casos activar a opción de galego nos subtítulos na rodiña da configuración.
A errada realción entre imaxe corporal e saúde
Vídeo de TED (9´ 38´´) no que a antropóloga médica Nancy N. Chen nos fala dos conceptos culturais existentes sobre o corpo humano, e como estes inflúen no noso xeito de estar no mundo. Descubrirás como mudaron os ideais corporais ao longo do tempo, pasando a ser na cultura occidental corpos cada vez máis delgados. Esta fenda entre o real e o ideal afecta á nosa imaxe e tamén á nosa saúde. A doutora Chen explícacho nesta charla.
Tradución ao galego de Marta GaNov, galardoada co primeiro premio do TEDsaúde 2021.