Novas e actividades (1295)

A Fundación "Acción contra el Hambre" convoca o programa Itinerario de Emprendemento Social Xuvenil.

O Itinerario de Emprendemento Social Xuvenil é un programa gratuíto dirixido a persoas desempregadas entre 18 e 35 anos que queiran emprender. Este programa que ten como obxectivo acompañar e asesorar o proceso da posta en marcha do seu propio proxecto a persoas que estean a pensar no emprego por conta propia.

O Itinerario de Emprendemento Social Xuvenil desenvólvese 100% en liña. E leva a cabo a través dunha metodoloxía que combina o traballo en equipo e individual, talleres grupais, titorías individualizadas e formación en liña.

Impartiranse varios bloques formativos:
Bloque I. Prototipado para proxectos de emprendemento social.
Bloque II. Deseño de modelos de negocio social e circular. Enfoque de xénero. Fórmulas de economía social.
Bloque III. Liderazgo e toma de decisións para mulleres novas.
Bloque IV. Emprendemento dixital e dixitalización de negocios.


https://www.accioncontraelhambre.org/es/emprendimientojuvenil 

Programa Salmón

Feb 27, 2023
BYG BUSCA 60 MOZOS DIFERENTES PARA A SÚA ACELERADORA PROFESIONAL
 
Programa de 3 meses de duración que finaliza nun Campus Presencial, onde os mozos participantes acelerarán a súa carreira profesional a través da resolución dun reto de innovación.
Os 60 mozos terán que resolver en equipo un reto de innovación sobre problemas reais que afectan á nosa comunidade, os ODS e as verticais BYG.
Os equipos estarán acompañados durante todo o proceso por un mentor e un guía, aprendendo a traballar en equipo e metodoloxías de traballo a aplicar na súa carreira profesional.
O programa rematará nun Campamento presencial que constará de 4 días de formación e experiencia de alto impacto.
 
Datas do programa
5 Marzo 2023 Peche prazo inscrición
20 Marzo 2023 Comunicación seleccionados a través de email.
27 Marzo 2023 Sesión Lanzamento Aceleradora Profesional.
29-2 Xullo 2023: Campus Final presencial con todos os equipos e guías do programa.
 
Características dos/as participantes:
-Residir en España.
-Nacer entre 1997-2003.
-Estar a cursar algún dos 2 últimos anos de estudos universitarios ou FP.
-Non participar anteriormente nalgunha edición BYG on Campus ou na edición da Aceleradora profesional 2022.
-Non fai falta que teñas experiencia profesional, pero se a tes non pode ser superior a 2  anos.
 
A Fundación O que de verdade importa becará nun 90% aos candidatos que sexan seleccionados.
O custo total individual do programa é de 2000 Euros, quedándose o prezo final en 200 Euros.
 
Máis información:
 

Tes unha frente de Apolo,        
i uns ollos tes verde mar;        
na miña vida vin outros        
de máis hermoso mirar,        
pero con eles non fico,        
galán, de me namorar.        

Que choras... galán, a moitos        
cal ora a ti vin chorar;        
que morres por min...        
a cantos lle oín o mesmo cantar        
e inda están vívo-los probes        
defuntos que así falar.        

Gústanme os teus ollos verdes.        
¡Como non me han de gustar!        
Gústame, galán, miralos        
cando me veñen mirar.        
Mais n'hei de ser en quen deles        
nin d'outros se namorar.

Desde a Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) lanzan a enquisa "Capitaliza o teu talento: o medio rural necesítate!" para coñecer as prioridades e retos da mocidade. Está enfocada tanto a mozos e mozas rurais como urbanos, dado que un dos nosos obxectivos é comprender as causas da migración entre o medio rural e o urbano e propoñer solucións para a retención de talento.

O obxectivo principal desta enquisa é que as nosas futuras accións teñan unha base sólida e estean asentadas sobre preocupacións e inquietudes reais e actuais. Ademais, desde REDR compartiranse os resultados dentro do labor de incidencia a nivel nacional e europeo, para así poder sentar as bases dunha actuación coordinada en materia de mocidade.

Animámosvos a que difundades a enquisa nos vosos territorios, cos centros de formación e emprego, asociacións e concellos, ademais de nas vosas canles de comunicación habituais. Tamén vos animamos a utilizar o hashtag #CapitalizaTuTalento nas vosas publicacións.

 

Podes acceder á enquisa a través da páxina web de REDR: www.redr.es

Tes 18 anos e resides legalmente nun dos Estados membros da UE ou nun terceiro país asociado a Erasmus+? Prepárate para descubrir Europa!

Que é DiscoverEU?
DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece a oportunidade de descubrir Europa a través de experiencias de aprendizaxe. Desprazándote principalmente en tren (hai excepcións para as persoas que viven en illas ou en zonas remotas), descubrirás as impresionantes paisaxes de Europa e a súa gran variedade de pobos e cidades. Podes presentar a túa candidatura nas dúas edicións que se organizan cada ano. As candidaturas seleccionadas obteñen un bono de viaxe.

Os participantes seleccionados recibirán unha Tarxeta Europea da Mocidade de DiscoverEU que lles permitirá obter descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, actividades deportivas, transporte local, aloxamento, comida, etc.

A próxima rolda de candidaturas terá lugar desde o mércores 15 de marzo de 2023 ás 12.00 horas ata o mércores 29 de marzo de 2023 ás 12.00 horas.

Requisitos
Participantes nacidos entre o 1 de xullo de 2004 e o 30 de xuño de 2005
Presentar o formulario de candidatura en liña cun número de documento de identidade, pasaporte ou tarxeta de residencia legal válido
Cidadán ou residente legal dun dos seguintes países:
— un dos Estados membros da Unión Europea, incluídos os países e territorios de ultramar (PTU), ou
— un dos terceiros países asociados ao programa Erasmus+: Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Turquía.

A continuación, terás que responder a un cuestionario (salvo se presentas a túa candidatura como membro dun grupo).

Se a túa candidatura é seleccionada, poderás facer unha viaxe de entre 1 e 30 días de duración entre o 15 de xuño de 2023 e o 30 de setembro de 2024.

Podo viaxar cos meus amigos?
Claro! Decídelo ti. Podes ir só ou engadir ata a un máximo de catro persoas no teu grupo, que deberán cumprir as condicións de admisión anteriores.
Tamén podes combinar plans de viaxe con outros participantes de DiscoverEU. Para iso, o medio ideal é o grupo DiscoverEU de Facebook.

Podes consultar toda a información referente ao programa na seguinte ligazón: youth.europa.eu/discovereu

 

A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes: parte obrigatoria e parte voluntaria.

A parte obrigatoria da proba versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura II, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato:

bobrigatoria

O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (alemán, francés, inglés, italiano ou portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais.

bvoluntaria

 

As probas:

- Farase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación. Cada proba constará dun mínimo de 2 e un máximo de 15 preguntas.
- O exercicio de cada materia será único e determinado por sorteo público pola CiUG.
- Os exercicios adecuaranse ao currículo do bacharelato, e versarán sobre as materias do segundo curso.
- En cada proba, o alumnado disporá dunha única proposta de exame con varias preguntas.
- Para a realización dos exercicios, o alumnado poderá empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Galega e Literatura II e Primeira e Segunda Lingua Estranxeira II deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.
- Cada unha das probas da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de 90 minutos. Haberá un descanso entre probas consecutivas de, como mínimo, 30 minutos.
- A ABAU terá unha duración de tres días.
- Preferentemente, as probas contextualizaranse en contornos próximos á vida do alumnado: situacións persoais, familiares, escolares e sociais, ademais de contornos científicos e humanísticos.
- Cada unha das probas conterá preguntas abertas e semiabertas que requirirán do alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. Ademais destes tipos de preguntas, poderanse utilizar tamén preguntas de opción múltiple, sempre que en cada unha das probas a puntuación asignada ao total de preguntas abertas e semiabertas alcance, como mínimo, o 50 %:

1. De opción múltiple: preguntas cunha soa resposta correcta inequívoca e que non exixen construción por parte do alumno ou da alumna, xa que este/a se limitará a elixir unha de entre as opcións propostas.
2. Semiabertas: preguntas con resposta correcta inequívoca e que exixen construción por parte do alumno ou da alumna. Esta construción será breve, por exemplo un número que dea resposta a un problema matemático, ou unha palabra que complete unha frase ou dea resposta a unha cuestión sempre que non se facilite unha lista de posibles respostas.
3. Abertas: preguntas que exixen construción por parte do alumno ou da alumna e que non teñen unha soa resposta correcta inequívoca. Englóbanse neste tipo as producións escritas e as composicións plásticas.

Realizaranse dúas convocatorias da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), unha ordinaria e outra extraordinaria.

Procedemento de revisión das cualificacións obtidas
O alumnado e, se é o caso, os pais, as nais ou os titores/as legais poderán solicitar ante a presidencia do tribunal cualificador a revisión da cualificación obtida nunha ou varias das probas que compoñen a avaliación. O prazo de presentación destas solicitudes será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións.

Datas ABAU 2023
Convocatoria ordinaria: 6, 7 e 8 de xuño de 2023.
Convocatoria extraordinaria: 11, 12 e 13 de xullo de 2023.

Exames de cursos pasados: https://ciug.gal/gal/abau/exames
Notas de corte da última convocatoria: https://ciug.gal/PDF/ACCESO2022/notas_corte.pdf
Máis información: https://ciug.gal/gal/abau

A Consellería de Educación convoca a proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos, nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Poderanse inscribir na proba, e titularen pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio da materia de Artes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23.

Os centros onde se pode presentar as solicitudes son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023.
A proba celebrarase en Santiago de Compostela o día 28 de abril de 2023 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A
Máis información e exames de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3469
Publicado no DOG do 14 de febreiro de 2023

A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro.

Requisitos das persoas aspirantes:
Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

Lugares de inscrición:
a) A Coruña:
- Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.
b) Ferrol:
- Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
c) Santiago de Compostela:
- Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
- Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
d) Carballo:
IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.
e) Lugo:
– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
f) Ourense:
– Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
g) Pontevedra:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.
h) Vigo:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.
i) O Porriño:
– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.
j) Tui:
– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.
k) Vilagarcía de Arousa:
– IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.

Realización das probas
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 19 de maio e 1 de setembro de 2023 para as respectivas convocatorias.

As solicitudes poden descargarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED540A
Máis información e exames de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238
Publicado no DOG do 13 de febreiro de 2023

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca o Programa Aprol-Economía Social con axudas para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).
Este programa busca fomentar a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou en proba.
Poderán acollerse a estes incentivos as cooperativas e sociedades laborais que incorporen en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, como persoas socias traballadoras ou de traballo a proba, entre outros colectivos a persoas menores de 30 anos (ou menores de 35 anos cando se trate de persoas con discapacidade) que no momento da incorporación estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido e a xornada completa, a subvención ascenderá a 6.000 €
Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo a proba a subvención ascenderá a 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.
A contía da subvención ascenderá un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).
Dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.
A contía da subvención ascenderá un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

Consideranse cooperativas xuvenís (as constituídas maioritariamente por persoas socias traballadoras menores de 30 anos, ou 35 se se trata de persoas con discapacidade)

Persoas e entidades beneficiarias
a) As cooperativas e sociedades laborais que contraten ou incorporen socios/as.
b) As persoas desempregadas que formen unha cooperativa.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de setembro de 2023.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal/ cos formularios TR802G e TR802J.
Máis información no DOG do 10 de febreiro de 2023 e en
https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/es/?option=com_content&view=article&id=228 

A Comisión Europea ha lanzado unha consulta pública sobre o futuro da mobilidade na aprendizaxe.

Esta consulta ten como obxectivo informar ós cidadáns e cidadás en xeral e a todas as partes interesadas en particular, recompilar as súas opinións e puntos de vista e aumentar as oportunidades de aprendizaxe e ensino no estranxeiro en Europa, en todos os sectores e en todos os niveis de aprendizaxe formal, non formal e informal, como unha compoñente clave do Espazo Europeo de Educación. 

Que se busca con esta iniciativa?
Identificar as barreiras á mobilidade da aprendizaxe.
Brindar orientación para superalos.
Promover a mobilidade da aprendizaxe e identificar posibles incentivos.
Facer que a mobilidade da aprendizaxe sexa máis socialmente inclusiva e respectuosa co medio ambiente e vinculala máis ás oportunidades de aprendizaxe dixital.

A consulta pública estará aberta durante 12 semanas, do 8 de febreiro ao 3 de maio de 2023, en tódolos idiomas da UE. Pódese acceder a ela na seguinte ligazón: Have your Say portal.

 

Para máis información podes acceder á páxina da Comisión Europea e aportar a túa opinión en: ec.europa.eu