Novas e actividades (1313)

PARLAMENTO_XOVEAberto o prazo para a inscrición en Parlamento Xove 2014

Destinatarios: centros educativos de 1º e 2º de Bacharelato e 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado Parlamento Xove é unha competición de debate na que os estudantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento (a favor ou en contra) acerca do tema proposto pola organización. Cada equipo está composto por catro alumnos e alumnas e un profesor-coordinador. Os mozos e mozas  deben investigar sobre os temas propostos (distinto na fase preliminar e na final) e, o día do encontro, defender no debate a postura que lles toque por sorteo.

 Toda a  información no seguinte enlace:

 http://www.parlamentoxove.com/

 

xornada_internacional_sensib_demogrO vindeiro 29 de novembro celebraráse en Santiago de Compostela a Xornada Internacional de Sensibilización Demográfica.

Abordaránse temas relativos á situación demográfica actual, dende a perspectiva das políticas e a evolución demográfica que se rexistra a nivel europeo.

Data de celebración:

29 de novembro de 2013

Lugar de celebración:

Hotel Monumento San Francisco

Santiago de Compostela

Máis información

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o presidente da Sociedade Deportiva Compostela, Antonio Quinteiro, asinaron hoxe un acordo de colaboración neste sentido

Os posuidores do Carné Xove poderán facerse cun abono para o que resta de tempada por 30 euros, fronte aos 90 que custa o abono ordinariocarne_xove

A dita tarxeta proporciona aos seus máis de 58.000 usuarios galegos diversas vantaxes, tales como descontos e ofertas especiais nos máis de 2.500 establecementos adheridos ao programa en Galicia

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o presidente da Sociedade Deportiva Compostela, Antonio Quinteiro, asinaron hoxe un acordo de colaboración para que os mozos e mozas que teñan o Carné Xove poidan atopar vantaxes e descontos para asistir aos partidos deste equipo no estadio de San Lázaro.

Deste xeito, os posuidores do Carné Xove poderán facerse cun abono para o que resta de tempada por 30 euros, fronte aos 90 que custa o abono ordinario. Ademais, a entidade compostelá tamén cederá entradas para determinados partidos, para ser sorteadas entre os usuarios do carné xuvenil.

O Carné Xove conta xa con máis de 25 anos de historia desde a súa orixe no Protocolo de Lisboa de 1987. Este sinala como beneficiarios aos mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, se ben en Galicia estendeuse voluntariamente ata os 30 anos.

Esta iniciativa proporciona aos seus máis de 58.000 usuarios galegos diversas vantaxes, tales como descontos e ofertas especiais nos máis de 2.500 establecementos adheridos ao programa en Galicia e aos do resto de comunidades autónomas e dos 40 países europeos que participan nel.

Ademais, teñen dereito á rebaixa de ata un 25% nas iniciativas que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, tales como a Campaña de Verán, os programas de mobilidade e de ocio alternativo. Inclúe un seguro gratuíto de viaxe, que cobre calquera continxencia dos mozos nos seus desprazamentos ao estranxeiro.

O proxecto “Rural play and dance” levouse a cabo a través da execución de diversas actividades que achegaron múltiples ámbitos da cultura urbana a unha comarca puramente rural. Os mozos e mozas compoñentes deste grupo informal pertencen a comarca da Barcala na que, a pesar de estar situada a tan só 20 Km da capital de Galicia, existen determinados aspectos culturais que non están tan presentes no día a día do seu entorno e realidade. O obxetivo foi acurtar distancias, mellorar as oportunidades dun ocio construtivo, facendo posible que moitos máis mozos e mozas disfrutasen dunhas sesións de fomento da participación e creatividade onde se achegaron ao mundo do graffiti, do breackdance e do skateboard.

 As actividades que se realizaron nesta iniciativa xove foron:

Arte nas paredes: Iniciación ó graffiti. Comprensión das diversas técnicas necesarias para a realización dun mural a través dun obradoiro práctico.

Móvete co skate: Xincana de skateboarding, fomento de exercicio físico, equilibrio e adaptación dun xogo tradicional cun modelo actual.

Dance na rúa: Coñecemento dos ritmos da cultura urbana: rap,hip-hop, acompañados do baile e movementos propios do mesmo.

Iniciativa Xove permite sufragar ata o 100 por cento das iniciativas e proxectos de interese presentados polos mozos e mozas, cun investimento máximo por cada actividade de 4.000 euros. Todas as entidades e grupos que percibiron esta axuda, recibiron un anticipo do 80 por cento sobre o total da cantidade concedida. Este feito permítelles financiar o proxecto sen ter que adiantar contías eles mesmos, o que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.

A estas axudas poden acollerse tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas.

eurodesk-colourO Boletín Eurodesk está editado polo Instituto da Xuventude, e contén información actualizada sobre datas de presentación de solicitudes de programas españois e europeos, novidades e novas nas áreas de educación, formación e xuventude.

 

Descarga o Boletín Eurodesk

Escola_emprendeA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar desenvolverá este programa durante o mes de novembro.

Descrición da actividade:

Escola Emprende pretende ser unha aproximación ó eido do emprendemento para mozos e mozas configurada a modo de experiencia piloto. Consiste na realización de obradoiros nas localidades de Mos, Ourense e Vigo cunha previsión mínima de participación de cincuenta pre-emprendedores/as por xornada. A idade das persoas participantes comprenderá entre os dezaoito e os trinta anos. A actividade realizarase en horario de mañá cunha duración aproximadada de 4 horas.

A quen vai dirixido:

Estudantes de IES e ciclos formativos, estudantes universitarios, asociacións empresariais, mozos e mozas da zona.

Obxectivos da actividade:

  • Crear un espazo de traballo onde mozos e mozas con inquedanzas de emprendemento poidan dispor  dunha titorización personalizada.

  • Resolver dúbidas e estereotipos relacionados co emprendemento.

  • Fomentar o emprendemento entre os mozos e as mozas como estratexia de emprego.

Metodoloxía da actividade (como o faremos?)

A primeira hora estará dedicada a ofrecer unha breve explicación dos pasos a dar no nacemento dun proxecto de emprendemento, dende que xurde por primeira vez a idea ata que chega a poñerse en práctica de maneira efectiva.

As dúas horas e media seguintes serán de traballo práctico en grupo, creando dous grupos de traballo que estarán guiados cada un deles por:

  •   1 persoa experta en emprendemento.
  •   2 coach.

Realizarase un exercicio práctico de posta en marcha dunha idea emprendedora a converter en empresa mediante a tormenta de ideas e a dramatización.

Durante a última media hora, os dous grupos volverán a reunirse e realizarán unha pequena sesión de conclusións, principais dificultades atopadas, achegas e preguntas.

Entrega de enquisa de satisfacción coa actividade ao alumnado asistente.

Temporalización da actividade:

  • 15 de novembro de 2013
  1. Lugar: Colexio Fogar Novacaixagalicia, rúa Filipinas, 6- 36204 Vigo.
  2. Horario: de 09.30 a 14.00 h
  3. Prazas: 100
  • 21 de novembro de 2013
  1. Lugar: Residencia Xuvenil Universitaria  Florentino López Cuevillas, rúa Arturo Pérez Serantes, 2 - 32005 Ourense.
  2. Horario: de 16.30 a 20.30 h
  3. Prazas: 60
  • 27 de novembro de 2013
  1. Lugar: Concello de Mos, rúa Rexenxo 1, Petelos – 36416 Mos ( Pontevedra)
  2. Horario: 09.30 a 14.00 h
  3. Prazas: 60

Proxecto Emprende

Esta iniciativa enmárcase no proxecto Emprende,  actividade 3 (Formación para emprendedores xuvenís, acción 2 Cursos de formación presenciais), financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP), que ten como obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para mozos e mozas, promovendo actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.

Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.

A finalidade deste foro é potenciar o emprendemento poñendo de manifesto as ferramentas e accións para desenvolver todo o potencial das iniciativas e dos proxectos emprendedores galegos e portugueses. Preténdese establecer lazos fortes entre emprendedores de ambos dous territorios e cubrir as necesidades, descubrir as oportunidades e intercambiar experiencias e coñecemento.

Máis información:

xuventude@xunta.es

 

FORMULARIO DE INSCRCIÓN

nohate

Non te perdas o vídeo oficial desta Campaña.

Co lema No hate Speech On-Line (Non ao discurso de odio na Rede), o Consello de Europa puxo en marcha esta Campaña que pretende mobilizar os cidadáns especialmente a mocidade, para que debatan, actúen xuntos en defensa dos dereitos humanos e loiten contra calquera forma de intolerancia en Internet.

En España, a Campaña está a ser impulsada polo Instituto da Xuventude (INJUVE) como organismo da Administración Xeral do Estado especializado en xuventude e na promoción da participación xuvenil.

Continuando cos traballos de promoción e difusión da Campaña no noso país, o INJUVE acaba de adaptar o vídeo oficial do Consello de Europa, con subtítulos en castelán.

http://www.injuve.es/convivencia/noticia/%C2%A1unete-al-movimiento-no-hate

BANDERA_UNION_EUROPEAA Unión Europea baixo o abano do programa Erasmus + aglutinará todos os programas postos en marcha no ámbito da educación, a formación, a xuventude e o deporte, substituíndo os sete proxectos actualmente vixentes, entre eles, o programa Xuventude en Acción que

finaliza a súa vixencia prevista para o período 2007/2013.

 Toda a información provisional sobre o novo programa Erasmus + se pode consultar no seguinte enlace:

 http://www.juventudenaccion.injuve.es/modules/news/news_0166.html?_locale=es