Novas e actividades (1314)

carnexove_frontal_2013Novo establecemento adherido ao Carné Xove.

15% de desconto en licenzas de antivirus NOD32 compradas na web www.nod-32.es

nod32

O código para aplicar o desconto é: "GALICIAXOVE"

 

 

 

 

 urdanetUrdaneta 7

 20240 - Ordizia (Gipuzkoa)

 943 16 42 10

info@urdanet.com

http://www.urdanet.com

www.urdanet.com/blog

Facebook /urdanet.info

Twitter @urdanet_info

Google+ gplus.to/urdanet

Pinterest /urdanet

 

Desconto presencial:

 

  • Un paquete de tintas gratis pola compra dunha impresora Brother tradicional. 
  • Pen drive de regalo pola compra dun ordenador de sobremesa. 
  • Maletín a elixir na compra dun ordenador portátil. 
  • 25% de desconto en man de reparacións e posta a punto de ordenadores.

portada_febreiroO boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude.Novas, debulla na súa edición de febreiro as principais medidas do novo Plan de Emprego de Xuvenil aprobado pola Xunta. Con carácter transversal, implicando a diversos departamentos da administración autonómica, este plan investirá preto de cen millóns de euros e beneficiará a máis de 95.000 persoas. O principal esforzo das súas dezanove grandes medidas será facilitar a empregabilidade dos menores de 30 anos cunha cualificación académica escasa ou nula.

 Xuventude.Novas continúa neste número coa serie de entrevistas aos primeiros premios das distintas categorías do certame de creación artística Xuventude Crea. Nesta ocasión, o espazo é para Diego Campos, premio en banda deseñada, e para Alba Cid e Olalla Tuñas, que compartiron o premio de poesía. Os tres reflexionan nas conversas sobre a creatividade e sobre o futuro das disciplinas que practican.

 Outra reportaxe da edición deste mes é a dedicada ao concurso de debate Parlamento Xove. Tras a celebración das fases preliminares, xa se coñece que equipos se confrontarán na final dos días 25 e 26 de abril, no Parlamento de Galicia. Na categoría de ESO escolleuse como tema as consecuencias da irrupción das novas tecnoloxías nos hábitos de lectura. Na de Bacharelato, os equipos argumentarán sobre as friccións entre a seguridade dun país e o dereito á intimidade dos cidadáns.

 Ademais, Xuventude.Novas reserva un espazo para a Iniciativa Xove da entidade Sustinea. O programa da dirección xeral apoiou a realización dunhas xornadas sobre educación ambiental en Muíños, que destacaron por aplicar nocións de espírito empresarial e por darlle unha perspectiva creativa á materia.

 Outra reportaxe desta edición está dedicada ao deporte do skate, que cada vez conta con máis infraestruturas para a súa práctica en Galicia. Na información danse unha serie de orientacións e consellos para quen queiran iniciarse nesta modalidade e indicacións sobre a eleccións dos materiais.

 Dúas relevantes novidades musicais que chegarán nas vindeiras semanas, os novos discos de Novedades Carminha e Vetusta Morla, e a habitual axenda de espectáculos musicais completan este número de Xuventude.Novas.

Descarga o Xuventude Novas

 Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana

ERASMUS_PLUSNo BOE do día 21 de febreiro de 2014 publícase as bases reguladoras de concesión das axudas para a realización dos proxectos comprendidos no marco do capítulo de Xuventude do Programa «Erasmus+»

Dentro do capítulo de Xuventude, o Programa perseguirá os seus obxectivos a través dos seguintes tipos de accións clave:
a) Acción clave 1. Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe dos individuos.
b) Acción clave 2. Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas.
c) Acción clave 3. O apoio á reforma das políticas.

Poderán ser solicitantes das axudas do capítulo de xuventude do Programa «Erasmus+» tanto as persoas físicas representantes dun grupo de mozos non asociados como as entidades ou organizacións que reúnan os seguintes requisitos:

Estar legalmente constituídas e no seu caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro Público.
Ter xustificado, se é o caso, suficientemente, as axudas económicas recibidas con anterioridade do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, así como de axudas recibidas no marco dos programas de acción comunitario «Xuventude», «a Xuventude en Acción» ou «Erasmus+».
Dispoñer da estrutura e capacidade abondo para garantir o cumprimento dos obxectivos, acreditando a experiencia operativa necesaria para iso.
Terán a consideración de persoas xurídicas para estes efectos aquelas que se concretan para cada unha das Accións na Guía do Programa.

Prazos:
Os prazos de presentación de solicitudes serán os que en cada caso estableza a Comisión Europea e que se concretarán na resolución de convocatoria anual, estando prevista a realización de 3 roldas ao ano para a acción clave 1 e 2 roldas para as demais accións.

Máis información no BOE do 21 de febreiro de 2014.

Bases e Formularios

Cartel_voluntariado_SANTIAGOA Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, FEAFES Galicia, precisa voluntarios que queiran colaborar coa entidade nas cidades de Vigo, Lugo e A Coruña.

Buscan persoas de todas as idades que sexan dinámicas e sociables, preferiblemente cunha formación académica no campo social, aínda que non é un requisito imprescindible.
Algunhas das funcións que poden realizar os voluntarios de FEAFES Galicia son dinamizar e acompañar a persoas con enfermidade mental nas actividades de ocio e tempo libre organizadas para eles, acompañalos na realización de determinadas xestións, apoialos na busca de emprego e colaborar en xornadas e actos de sensibilización.
Estas tarefas de voluntariado requiren compromiso e unha dedicación de entre 4 e 16 horas mensuais, fundamentalmente en horario de fin de semana, adaptables en todo caso á dispoñibilidade e intereses de cada voluntario.


Para máis información, podes consultar a web de FEAFES Galicia www.feafesgalicia.org.
As persoas interesadas, poden poñerse en contacto e enviar o seu Currículo Vitae a través dos seguintes contactos:
SANTIAGO: zulema@feafesgalicia.org (981 554 395)
CORUÑA: intermediacioncoruna@feafesgalicia.org (981 228 135)
LUGO: intermediacionlugo@feafesgalicia.org (982 254 452)

www.feafesgalicia.org

EURODESKO Boletín Eurodesk está editado polo Instituto da Xuventude, e contén información actualizada sobre datas de presentación de solicitudes de programas españois e europeos, novidades e novas nas áreas de educación, formación e xuventude.

Descarga o Boletin

 

QUÉ É AULAEXPRESS?

É un programa de achegamento o medio natural e mariño, con saídas dende 1 ata 5 días de duración para escolares da ESO e Bacharelato.

A seguinte proposta de actividades pretende ser un programa de coñecemento do medio natural e mariño da xeografía galega, con actividades dun día de duración e diferentes accións lúdico-formativas aproveitando os recursos e espazos naturais dos que contamos (aulas de interpretación da natureza, espazos protexidos da rede natura 2000 en Cabo Udra, museo Massó, Castelo de Soutomaior, ...).

O programa vai encamiñado a estudantes de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de bacharelato que busquen unha formación paralela a da aula en contidos transversais de materias como pode ser a educación física, coñecemento do medio, educación social, bioloxía, novas tecnoloxías,... dunha forma diferente á habitual da aula ou clase.

DATAS: a escoller polo centro educativo. As propostas son completamente configurables segundo intereses educativos de cada centro (consultar).

PREZOS: dende 25 euros (20% de desconto co carné xove: 20 euros, mínimo 50 participantes por grupo).

Para saídas educativas de máis de 1 día consultar. Semanas verdes ou azuis para ciclos formativos e graos de educación física, consultar propostas.

INCLÚE: transporte en autobús, seguro de RC, equipo de monitores/as, 2 gratuidades para profesores acompañantes, entradas os lugares de visita educativa e material de actividades.

MAIS INFO: info@marexada.es

 

  aulaexpress_cabo_udra          aulaexpress_castineiras           aulaexpress_sinas

carnexove_frontal_2013No mes de febreiro dáse de alta unha nova oficina expendedora do Carné Xove na Coruña.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Boimorto

Rúa Vilanova, 1

15817 Boimorto

A Coruña

Tfno.: 981 516 020

Fax: 981 516 075

@: omixboimorto@gmail.com

www.facebook.com/OMIXBoimorto

  • O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentaron hoxe esta iniciativa
  • Este concurso en liña de mensaxes de amor está dirixido á mocidade de entre 14 e 35 anos
  • A data límite para participar é o 23 de febreiro
  • Para elixir aos gañadores valorarase a elaboración da proposta, a súa orixinalidade e a calidade da lingua empregada

banner_linguadenamorarAs consellerías de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, veñen de convocar a nova edición do certame Lingua de namorar que busca fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas, especialmente en momentos de lecer.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentaron hoxe en rolda de prensa esta iniciativa, que consiste nun concurso en liña de mensaxes de amor.

O obxectivo deste concurso é dinamizar o uso da lingua galega nas relacións persoais e nas tecnoloxías da información, nomeadamente en internet e a mensaxería instantánea.

Poderán participar no programa persoas que teñan unha idade comprendida entre os 14 e os 35 anos. Haberá dúas categorías: de 14 a 19; e de 20 a 35.

En canto ás mensaxes, deberán estar escritas en galego e poderán redactarse en prosa ou verso. A súa extensión máxima será de 350 carácteres, incluídos os espazos en brancos. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

Para poder enviar as mensaxes, será preciso rexistrarse na web do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html e cubrir o formulario de inscrición. Todas serán publicadas na páxina do concurso e estarán identificadas polo título e máis polo número que se lles asigne. A data límite para enviar as declaracións será o 23 de febreiro.

A partir do 24 de febreiro, e ata o 28, abrirase un período para votar (os usuarios que queiran votar deberán rexistrarse na web). Un xurado elixirá aos gañadores entre as 50 declaracións máis votadas en cada categoría. As mensaxes escollidas –que se farán públicas o 10 de marzo na páxina web- serán as únicas que se identifiquen co nome e apelidos dos autores e autoras.

Establécense tres premios por categoría. Para aqueles mozos e mozas de entre 14 e 19 anos, serán os seguintes: unha Playstation 4 500 XB para o primeiro; unha mesa de mesturas de DJ para o segundo; e un mp3 acuático. Pola súa banda, na segunda categoría (de 20 a 35 anos), os gañadores poderán conseguir: unha cámara Canon réflex dixital para o primeiro clasificado; un GPS de montañismo para o segundo; e un mp3 acuático para o terceiro. Nesta última categoría, todos os premios irán acompañados a maiores por unha actividade de aventura para dúas persoas.

Rodeiro destacou a relevancia desta iniciativa, e sinalou que a Lei de Xuventude de Galicia, aprobada na pasada lexislatura, establece a promoción da lingua galega como un eixo prioritario da acción de Goberno. Recordou, ademais, que o Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2014-2016 contará con 11 medidas para fomentar o uso do galego nos distintos ámbitos sociais.

Pola súa banda, o responsable de Política Lingüística recordou que o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega recolle entre os seus obxectivos o de impulsar o uso do idioma propio de Galicia entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

“Facemos coincidir o inicio desta segunda edición de Lingua de namorar coa celebración da Candeloria, que foi onte, unha data especial para poñer en valor o galego como lingua de namorar, lingua do amor, das relacións persoais e dos afectos”, explicou o secretario xeral, quen rematou destacando que “coa posta en marcha da iniciativa se busca tamén aproveitar as oportunidades de promoción do galego e de participación que ofrece a web 2.0 para estimular a interactuación en galego da xente nova”. Xa que “as linguas asociadas á creatividade, á vangarda e ás maneiras de comunicación que posibilitan as TIC son as que collen o tren do futuro”.

O boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, Xuventude.Novas, inclúe no seu primeiro número de 2014 entrevistas con Andrea Valado e Manuela Elisabeth Rodríguez, as respectivas gañadoras do certame Xuventude Crea nas categorías de carteis e de videocreación. Esta publicación continúa así debullando os gañadores do concurso, que volveu demostrar o gran talento creativo da mocidade galega. Valado destaca a importancia das boas ideas para innovar e Rodríguez considera fundamental que nas obras artísticas non deixe de percibirse a pegada particular de cada autor.portada_xaneiro

 Ademais, Xuventude.Novas ofrece unha reportaxe sobre o proxecto acometido pola Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo no marco da Iniciativa Xove. Trátase dun conxunto de iniciativas desta entidade de Lugo para crear espazos de encontro xuvenil no tempo de lecer. Nas súas diferentes propostas participan máis de 155 persoas de entre 12 e 35 anos. A programación inclúe opcións para cada tramo de idade, un local que poden utilizar os xóvenes, supervisado por animadores, e formación continua para preanimadores e animadores. Todo elo dentro dunha clara aposta por incentivar a participación e o voluntariado xuvenil, con ferramentas tan útiles como a educación non formal.

 Esta edición dedícalle o seu principal titular da portada á nova Estratexia de Xuventude 2014-2016, que podería ser aprobada polo Consello da Xunta antes da Semana Santa, unha vez culminado o seu proceso de elaboración, caracterizado por unha elevada participación e a recollida de todo tipo de suxestións por parte das persoas e entidades que traballan no ámbito da Xuventude. O obxectivo é manter e incrementar os resultados satisfactorios que lograron as políticas transversais para a mocidade coa anterior Estratexia 2010-2013.

 Xuventude.Novas reserva igualmente un espazo para dar conta do novo programa Aval Xóvenes. Trátase dun proxecto que trata de apoiar e garantir as iniciativas de autoemprego e emprendemento de 50 xóvenes en ámbitos rurais. As súas dúas sedes son Coristanco e Melide. É unha das só quince propostas aprobadas en toda Europa no marco dun programa de garantía xuvenil da Unión Europea.

 A habitual axenda de concertos e actuacións musicais para as vindeiras semanas, complementada nesta ocasión coa reseña dos primeiros certames musicais que se convocan en 2014, completan esta edición de Xuventude.Novas.

 Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

Descarga o PDF de Xuventude Novas