A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Fundación Paideia, convoca o programa “Deseñando o teu futuro”, un proxecto de educación non formal de estancias- visitas en centros de traballo destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e 18 anos.
De conformidade co artigo 7 da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, a Xunta de Galicia, de cara a planificación xeral dos programas relacionados coa educación e coa execución de políticas transversais de educación a favor da mocidade, coordinará accións e medidas de apoio, dirixidas á educación formal como á non formal. E constitúe un obxectivo prioritario, entre outros, desta planificación o apoio da educación non formal da xuventude como complemento da educación regrada, co obxecto de contribuír á aprendizaxe permanente.
Obxectivos:
Destinatarios: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e 18 anos no momento de presentar a solicitude.
Prazas: 15 participantes.
Sectores: xardinería e viveirismo, mecánica, deseño gráfico, mantemento e limpeza, restauración e turismo, servizos sociais.
Ámbito xeográfico onde radican os centros de traballo para a realización das estancias -visitas: A Coruña, Oleiros, Padrón, Rianxo, Noia, Boiro, Lousame, Ribeira, Brión. Dependerá do sector elixido.
Datas de realización das estancias-visitas: entre o 22 de setembro e 22 de novembro de 2014.
Duración das estancias-visitas: entre 10 e 13 días hábiles. De luns a xoves, cunha duración mínima de 20 horas semanais e máxima de 32 horas semanais. Os venres serán dedicados á realización de actividades culturais – deportivas, sesións formativas sobre aspectos sociolaborais e avaliación e seguimento da experiencia.
Cobertura:
A realización destas estancias-visitas por parte dos mozos e mozas non implicarán en ningún caso relación laboral ou contractual coa Consellería de Traballo e Benestar nin coa Fundación Paideia.
O empresa na que o/a mozo/a realice a estancia-visita non poderá cubrir, nin sequera con carácter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co participante que realice as actividades formativas non laborais.
Pola realización das actividades formativas o/a participantes non percibirán ningunha cantidade.
Cada participante asinará coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a Fundación Paideia, e a empresa o Anexo que recolle un compromiso de colaboración para a estancia formativa de estancias-visitas formativas non laborais no marco do proxecto “Deseñando o teu futuro”.
Solicitudes.- As solicitudes deben presentarse a través do formulario electrónico dispoñible ao final desta convocatoria.
O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de setembro de 2014 ás 23:59 horas.
Selección.- Todas as persoas solicitantes serán convocadas a participar no proceso selectivo mediante un correo electrónico indicando día, hora e lugar.
Para participar no proceso selectivo e posteriormente na realización das estancias –visitas deberán aportar o correspondente permiso paterno/materno ou titor legal. A non presentación do referido permiso será causa da perda da praza.
Para máis información: no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es
A Dirección Xeral de Voluntariado inicia un programa de intercambios xuvenís en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís e a Asociación de Inglaterra e Gales de albergues xuvenís.
Mediante o desenvolvemento deste programa, queremos dar aos mozo/as socio/as da Rede Española de Albergues Xuvenís unha oportunidade única de experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutro pais co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.
O obxectivo principal do programa é potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues.
Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estancia no pais de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.
Os organizadores reservaranse en todo momento a potestade de solicitar mais información aos participantes, ben sexa para comprobar a súa veracidade ou para complementar a información.
O incumprimento dalgún dos puntos da presente convocatoria antes, durante ou despois do desenvolvemento do programa, terá como consecuencia a descualificación do participante e a non asunción por parte das organizacións implicadas das obrigas adquiridas.
As tres partes organizadoras do programa resérvanse o dereito de decisión final no hipotético caso de ausencia dalgunha información, dúbidas na interpretación da normativa ou respostas dubidosas que poidan xerarse ao longo do desenvolvemento da presente convocatoria, e que por calquera motivo a súa resolución non sexa o suficientemente clara coas presentes bases.
Así mesmo, os organizadores resérvanse o dereito de descualificación dos participantes no momento no que se detecte algunha irregularidade ou anomalía, ou calquera cousa que perxudique o correcto desenvolvemento da convocatoria ou algún elemento desestabilizador da mesma.
Para realizar a correcta inscrición no programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición que atoparás un pouco máis abaixo.
Ademais, é necesario achegar os seguintes documentos:
Os organizadores resérvanse o dereito a solicitar calquera tipo de documentación adicional que permita acreditar a información proporcionada (títulos, diplomas...).
Así mesmo, os candidatos que sexan seleccionados deberán asinar unha serie de documentos de compromiso cos albergues e asociacións de albergues en que vaian colaborar.
Todos os participantes que sexan seleccionados, deberán dispor da seguinte documentación durante todo o tempo de desenvolvemento do programa de intercambio:
Esta documentación debe achegarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: voluntariado@xunta.es
I. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Albergues Xuvenís (REAJ) elixirán un total de 15 participantes do conxunto de candidaturas recibidas na web www.voluntariadogalego.org dende finais do mes de xullo ata principios de setembro de 2014, tendo en conta os requisitos indicados con anterioridade ou calquera outro tipo de indicacións determinadas pola asociación nacional de destino dos albergues.
Algunhas das condicións que se terán en conta son as indicadas no punto 1 deste documento.
I. A selección dos participantes neste programa será realizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria (idade, coñecemento do inglés e posesión do carné de alberguista) en atención aos seguintes criterios:
En caso de empate entre os candidatos, se antederá ao criterio de rigorosa orde de inscrición.
II. Unha vez elixidos os posibles aspirantes a realizar o programa, pasaranse aos albergues de acollida os datos de contacto dos aspirantes.
III. A finais de setembro a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado fará público o listado de persoas seleccionadas e llo comunicará a elas por vía telefónica.
IV. O programa de voluntariado desenvolverase na Gran Bretaña durante os meses de outubro, novembro e decembro do 2014.
A duración do programa será de 2,3 ou 4 semanas por persoa voluntaria. Non obstante, a citada duración é variable en función dos intereses dos mozo/as voluntario/as, dos albergues e dos propios organizadores do programa.
O/as voluntario/as deberán indicar no documento de inscrición o período (aproximado) no cal desexan realizar a súa acción voluntaria e os albergues nos que están interesados (ver listado).
A persoa voluntaria seleccionada deberá estar en posesión durante a sáu estancia dos seguintes seguros:
En calquera caso, prevese realizar unha xornada formativa sobre alberguismo para todas as persoas seleccionadas con carácter previo á súa viaxe a Gran Bretaña.
Todos os albergues de acollida comprométense a asignar a cada voluntario un mentor coa función de facer de “punto de contacto” durante todo o programa e de cooperar na súa formación.
Ao final do programa de intercambio, os organizadores facilitaran aos voluntario/as unha folla de avaliación a través da cal plasmarán a súa experiencia. Ademais, os/as voluntario/as participantes recibirán un documento acreditativo da súa experiencia internacional en albergues xuvenís.
Durante o desenvolvemento do programa os organizadores do mesmo se reservan o dereito a interromper este sen ningún tipo de contraprestación económica sempre que existan razóns de peso que así o xustifiquen.
¡¡¡GRAZAS!!!
Se queres anotarte preme aquí
A Consellería de Sanidade publica no DOG do 22 de xullo de 2014 o decreto que regula o sistema de substitución de sancións impostas por incumprimento da Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
Medidas alternativas:
a) Ás persoas maiores de idade, por traballos ou actividades en beneficio da comunidade cando así sexa solicitado polo infractor ou polo seu representante legal.
b) Ás persoas menores de idade, pola realización de traballos ou actividades en beneficio da comunidade e/ou pola realización de programas preventivos de carácter formativo ou informativo, ou de tratamento, logo de solicitude do/da menor e coñecemento e aceptación dos seus pais, nais, titores/as ou gardadores/as legais e coa compatibilidade coas actividades escolares ou laborais.
Máis información no DOG do 22 de xullo de 2014
Queres consultar bolsas? Busca no índice de cada documento a especialidade que máis che interese.
Se estás a buscar aloxamento para o próximo curso, podemos axudarche:
http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/ensino/Residencias_para_estudantes.pdf