Correspondentes Xuvenís 3.0 en Ferrolterra: no Diario de Ferrol do 14 de xaneiro publícase un artigo sobre os Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo e o IES Mugardos. Nos dous casos, os equipos participantes, que contan co apoio de docentes, convértense en auténticas “antenas informativas” das novidades que vai xerando a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
“Trátase de concienciar aos rapaces de que o mundo se abre máis alá do instituto, de achegarlles aquela información que ás veces doutro xeito non lles chegaría”, apunta Carme Fernández, coordinadora do Equipo de Normalización da lingua galega do IES Saturnino Montojo.
O xoves, día 15 de aneiro, ábrese o prazo de inscrición no novo programa Xuventude Promete.
Con Xuventude Promete, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha un proceso que promove e estimula o emprendemento e o autoemprego nos mozos e mozas de 14 a 18 anos mediante un programa de estadías emprendedoras (living lab), de tres días de duración, nos meses de febreiro e marzo, no que os/as rapaces atopan vías de creación, validación e perfeccionamento creando un espazo cristalizador de vocacións.
A inscrición realizarase en liña, desde esta páxina web, a partir do xoves, 15 de xaneiro.
No BOE do 3 de xaneiro de 2015 publícase o Currículo básico do bloque de materias troncais e de materias específicas da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato, así como dos Elementos transversais:
Elementos transversais:
1. A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
2. Os currículos buscarán o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero ou contra persoas con minusvalidez e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social.
A aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, o respecto aos home e mulleres por igual, ás persoas con minusvalidez e o rexeitamento á violencia terrorista, a pluralidade, o respecto ao Estado de dereito, o respecto e consideración ás vítimas do terrorismo e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.
A programación docente debe comprender en todo caso a prevención da violencia de xénero, da violencia contra as persoas con minusvalidez, da violencia terrorista e de calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia, incluído o estudo do Holocausto xudeu como feito histórico.
Evitaranse os comportamentos e contidos sexistas e estereotipos que supoñan discriminación.
Incorporaranse elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sostible e o medio, os riscos de explotación e abuso sexual, o abuso e maltrato ás persoas con minusvalidez, as situacións de risco derivadas da inadecuada utilización das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, así como a protección ante emerxencias e catástrofes.
3. Os currículos buscarán o desenvolvemento e afianzamento do espírito emprendedor, á adquisición de competencias para a creación e desenvolvemento dos diversos modelos de empresas e ao fomento da igualdade de oportunidades e do respecto ao emprendedor e ao empresario, así como á ética empresarial. As Administracións educativas fomentarán as medidas para que o alumnado participe en actividades que lle permita afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
4. A actividade física e a dieta equilibrada deben formar parte do comportamento xuvenil. Para estes efectos, promoverase a práctica diaria de deporte e exercicio físico por parte dos alumnos e alumnas durante a xornada escolar.
5. No ámbito da educación e a seguridade vial, promoveranse accións para a mellora da convivencia e a prevención dos accidentes de tráfico, co fin de que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como usuario das vías, en calidade de peón, viaxeiro e condutor de bicicletas ou vehículos a motor, respecte as normas e sinais, e favorézase a convivencia, a tolerancia, a prudencia, o autocontrol, o diálogo e a empatía con actuacións axeitadas tendentes a evitar os accidentes de tráfico e as súas secuelas.
Contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliables:
http://www.boe.es/boe/dias/2015/01/03/pdfs/BOE-A-2015-37.pdf
Podes consultar na nosa web, bolsas que se convocan ao longo de ano, clasificadas por entidades convocantes ou por materias:
Este é o vídeo realizado no IES Mestre Landín de Marín dentro do proxecto "Por 365 días de respecto e igualdade" polo alumnado de 2º ESO B (Ahmed, Yassine, Said, Andrea, Raquel, Mohammed, Esther, Rocío, Kilian, Cristopher, Sofía, David, Lucía, Tamara, Nerea, Diego, Sabela e Eduardo) e a profesora Patricia, en colaboración cos Correspondentes Xuvenís Sonia, María Cristina, Nuria Omaira, Andrea, Sabela, Lucía, Ana, Aida e Alba, para participar na campaña No Hate:
http://www.hitsbook.com/oportunidades/dia-de-los-derechos-humanos-yodefiendo-1010/yodefiendo-los-derechos-humanos-nohatees-9/
Facebook dos Correspondentes Xuvenís do Mestre Landín:
https://www.facebook.com/pages/Correspondentes-Xuven%C3%ADs-IES-Mestre-Land%C3%ADn/1013552348662070?ref=hl
Parabéns ao alumnado e profesorado participante!!!
Xa podedes lanzar os vosos tuits co hashtag #Yodefiendo coa finalidade de contribuir á acción con motivo do “Día Internacional dos Dereitos Humanos” o vindeiro 10 de decembro. O obxectivo é intentar chegar ao máximo número de persoas posible que dean voz á súa vez á defensa dos dereitos humanos a través de Twitter e, con ela, á Campaña NO HATE; obxectivo que conseguiremos asimismo cos retuits.
Queremos asimismo animarvos a que preparedes, si o creedes convinte, un vídeo coma este, dunha duración de entre 10 e 15 segundos, como parte da acción que se está levando a cabo entre todos. ¡Tendes ata o día 10 de decembro para facelo!
Baixo o lema No hate Speech online (non ao discurso de odio na Rede), o Consello de Europa convocou esta Campaña que pretende mobilizar os cidadáns especialmente aos mozos, para que debatan, actúen xuntos en defensa dos Dereitos Humanos e loiten contra calquera forma de intolerancia en Internet.
Obxectivos xerais:
Aumentar a conciencia sobre as expresións da intolerancia e o odio en Internet e sobre os riscos que estas comportan para a democracia.
Implicar os mozos para que loiten polos Dereitos Humanos (DDHH) en Internet e dotalos de medios e coñecementos.
Detectar os focos e formas do discurso do odio, o seu impacto e a súa percepción, para ter un coñecemento global da situación, e reducir os seus niveis de aceptación.
Mobilizar mozos polos DDHH e formalos para que actúen contra o racismo e a discriminación.
Apoiar e solidarizarse coas persoas e os grupos obxecto da expresión da intolerancia e odio on-line.
Motivar a participación da xuventude e a cidadanía en xeral.
Avogar por consensos sobre os instrumentos da política europea para combater a incitación á intolerancia e ao odio en Internet.
A campaña non pretende limitar a liberdade de expresión en Internet, senón loitar contra a intolerancia e a incitación ao odio online en todas as súas formas, incluídas as que máis afectan aos mozos, como as diferentes modalidades de ciberacoso.
Estará baseada no ensino e difusión dos Dereitos Humanos, a participación dos mozos e a alfabetización dixital.