Novas e actividades (1280)

No BOE do 7 de novembro de 2014 publicanse os Premios Estatais ao Voluntariado Social 2014:

Modalidade individual:
Premio Estatal: Pedro Coll Llobera.
Mención Honorífica: Josep Lluis Riera Moll.

Modalidad colectiva:
Premio Estatal: Asociación GORABIDE.
Mención Honorífica: Programa Energy Control: Acción preventiva na cultura do ocio» da "Asociación Bienestar y Desarrollo (ABD)".

haysalida.art2O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade deseñou unha campaña para detectar casos de malos tratos entre os adolescentes e fomentar a igualdade.

Detectar sinais precoces de malos tratos e fomentar a igualdade, así como un uso responsable das novas tecnoloxías, é o obxectivo da campaña que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade deseñou dentro da plataforma Hai Saída, dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero. Case o 30% dos adolescentes recoñece que as súas parellas lles controlaron a súa liberdade dalgún xeito. Ademais, preocupa a situación dos fillos que presencian condutas de malos tratos, xa que aprenden roles de agresor e vítima que reproducen contra as súas propias nais.

Mozas vítimas de malos tratos

Nacións Unidas define a violencia contra a muller como "calquera acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino, que teña como resultado un dano físico, psicolóxico ou sexual para as mulleres". O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade recorda que, no noso país, "a lei fala" de 'violencia de xénero' para referirse especificamente a unha destas formas de violencia: a que exerce a parella ou exparella sobre a muller". En definitiva, alúdese a unha desigualdade entre homes e mulleres, ás cales se considera subordinadas a estes

Pero as mulleres non son as únicas vítimas de maltrato. O estudo "Percepción social da violencia de xénero", elaborado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) en colaboración coa Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, detectou como un 30% dos mozos sufriu algún tipo de control por parte das súas parellas, aínda que a miúdo non o distingan como tal.

As situacións ás que se enfrontan algunhas adolescentes son dramáticas. Por iso, o Ministerio deseñou, dentro da plataforma "Hai Saída", unha nova campaña dirixida aos mozos. A finalidade é detectar casos de malos tratos, descubrir quen é vítima dalgún tipo de control por parte das súas parellas e ensinalos a facer un uso responsable das redes sociais e das novas tecnoloxías, como medios a través dos cales os mozos establecen boa parte das súas relacións.

Violencia de xénero, onde pedir axuda:

Chamar o 016. Este teléfono é gratuíto. Nel obtense información e asesoramento xurídico, as 24 horas do día e en 51 idiomas. Non deixa rastro nas facturas telefónicas.

Campaña "hai saída": https://www.msssi.gob.es/campannas/campanas13/haySalida.htm

Web de recursos: http://wrap.seigualdad.gob.es/recursos/search/SearchForm.action

portada_outubroO número de outubro de Xuventude.Novas, o boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, dedica boa parte do seu espazo ao concurso artístico Xuventude Crea, que xa está decidindo os seus gañadores. Ademais de dar conta do proceso, que este sábado 1 permitirá ver a final de graffiti e o mércores 5 de novembro escoitar de balde aos seis finalistas na especialidade de música, ofrece unha entrevista con Xulia Vicente, gañadora na categoría de banda deseñada. Vicente explica que o cómic ten moito presente e tampouco carece de futuro, ao adaptarse perfectamente aos novos soportes tecnolóxicos.

Nesta edición inclúense tamén dúas reportaxes sobre outros tantos proxectos da Iniciativa Xove, desenvoltos nos últimos días. Un é o que acometeu o grupo Green Hope, na contorna de Vigo, traballando con persoas con autismo da Fundación Menela. Deseñaron un programa de actividades de tempo libre co que romper a súa rutina e facilitar as súas posibilidades de integración social. O outro é o Laboratorio Teatral de Vedra (A Coruña) organizado polo grupo Vedramáticos. Aglutinou uns trinta xóvenes para poñer sobre o escenario unha pequena peza teatral con todos os seus elementos en dúas fins de semana. Todo un máster expreso de artes escénicas.

Xuventude.Novas incorpora ademais como contido destacado unha das súas habituais propostas de viaxe. Nesta ocasión, o destino escollido é Uruguai. Trátase dunha suxerencia oportuna para unhas vacacións de inverno, aproveitando que no outro hemisferio alí é verán. Desde as praias de Montevideo ata o casco histórico de Colonia de Sacramento, sen deixar de lado as propostas de termalismo (incluso parques acuáticos termais) e de aventura na natureza, a reportaxe ofrece unha serie de pinceladas para facernos unha idea de como podería ser unha visita ao país sudamericano.

Outro espazo queda reservado para as aplicacións de mensaxería instantánea e efímera, nas que as mensaxes, fotografías e vídeos que se envían se autodestrúen en cuestión de segundos desde que o destinatario as ve. Non queda constancia deses contidos en ningures, o que fai útiles estas app para mensaxes confidenciais ou contidos informais. Eso si, hai que usar estas ferramentas coa mesma prudencia que calquera outra rede social, xa que son vulnerables: toda app ten unha anti-app.

Unha completa axenda de actuacións musicais por toda Galicia para as vindeiras semanas completa esta edición de Xuventude.Novas.

Xuventude.Novas de outubro de 2014

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

 

O vindeiro 1 de novembro, coincidindo co Campionato de España de breakdance, realizarán o seu graffiti en directo os nove finalistas desta especialidade de Xuventude Crea 2014:
- MENE, coa obra “Azúcar Glass”  Cartel-Oficial-III-SANTIAGO-STREET-BATTLES-2014
          
- ESEONE coa obra, “O.V.N.I.”
- NIDO, coa obra “Noite de Meigas”
- NAPALM, coa obra “Napalm por la Mañana”
- BUBLE, coa obra ”Movemento”
- MAYIO, coa obra “Días de Traballo”
- BRAISIÑO, coa obra “Estilo Salvaxe”
- ABRAHAM C., coa obra “Liberdade”
- NADA, coa obra “Paxaro en Man”

A representación en directo dos traballos finalistas terá lugar no centro comercial de Area Central (Santiago) de 11:30 a 18:30 horas.