Novas e actividades (1301)

logoXUVENTUDE

As políticas máis modernas e innovadoras en materia de Xuventude en toda Europa teñen como nexo de unión a educación non formal como medio para mellorar as competencias dos mozos e mozas. Consciente de que a educación non formal e o seu recoñecemento son un compoñente fundamental para a creación de sociedades de aprendizaxe permanente, e tendo en conta que existe a evidencia de que da participación neste tipo de actividades se deriva a adquisición dunha serie de competencias, destrezas e habilidades que poden ter un gran impacto sobre a empregabilidade xuvenil, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado quixo avanzar no obxectivo do seu recoñecemento oficial e creou o certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude.

O certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude é un instrumento de acreditación oficial da participación en programas organizados polo órgano directivo competente en materia de xuventude e dos que se deriva a adquisición de coñecementos, habilidades e aptitudes que contribúen ao desenvolvemento persoal dos/das participantes, enriquecen o seu currículo vital e favorecen unha participación activa na sociedade.
Ten por finalidade confirmar a participación nun programa específico do órgano competente en materia de xuventude, darlle visibilidade á aprendizaxe non formal adquirida e validar as competencias asumidas, contribuíndo, deste xeito, a mellorar as posibilidades de emprego da mocidade galega, mediante a súa achega ao currículum vítae.

Os programas dos cales se deriva o dereito á expedición do certificado de educación non formal en materia de xuventude son Iniciativa Xove, Erasmus +, Xuventude en acción, A xuventude no mundo, Campos de traballo e Galeuropa.

Competencias e habilidades que se certificarán:

1º. Traballo en equipo.
2º. Aptitudes interculturais.
3º. Aptitudes comunicativas.
4º. Mellora de habilidades en linguas estranxeiras.
5º. Aptitudes organizativas, de planificación e toma de decisións.
6º. Aptitudes sociais profesionais (puntualidade, cumprimento das normas, realización de traballos asignados...).
7º. Competencias sociais e cívicas/participación activa na sociedade.
8º. Creatividade.
9º. Sentido da iniciativa e espírito emprendedor.
10º. Conciencia e expresión culturais.
11º. Confianza, autonomía e iniciativa persoal.
12º. Outras.

Para solicitar o certificado de educación non formal en materia de xuventude, as persoas interesadas deberán presentar, debidamente cuberto, o formulario de solicitude modelo BS325A
A persoa solicitante deberá indicar as actividades e tarefas realizadas no ámbito do programa en que participou e poderá marcar todas ou algunha das áreas de competencia e habilidades sinaladas, en función das actividades (realizadas de xeito individual ou en equipo) que as fundamentan.

Confección on-line de impresos de Taxas e Prezos

Autoliquidación de Taxas


Solicitudes en https://sede.xunta.es co código de procedemento BS325A
Máis información no DOG do 25 de marzo de 2015

 

 

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa CreActiva-T para achegar aos mozos e mozas unha oferta de actividades innovadoras, un espazo no que poidan manifestar a súa creatividade.

Obxectivo.- Ofrecer á xuventude a posibilidade de participar activa e socialmente en diferentes actividades que favorezan o seu desenvolvemento mediante a formación e expresión artística, o ocio activo e a integración social.

Lugares de realización: Espazo Xove de Lalín e Curtis

Datas de realización: dende o 31 de marzo ata o 24 de xuño de 2015

Entrada de balde ata completar aforo.

OBRADOIROS E OCIO ACTIVO

Obradoiro

Lugar

Data

Horario

Obradoiro de Graffiti

Obradoiro de iniciación dirixido por un profesional que ensinará as diferentes técnicas que permite o manexo do sprai, para rematar facendo un Graffiti colectivo entre tódolos participantes.

 

Espazo Xove de Lalín

Martes, 31 de marzo

19:30 a 21:00 h

Obradoiro de Impresión 3D

Achega ao modelado e á impresión 3D, mediante unha toma de contacto que comezará co deseño de figuras tridimensionais para dar lugar a súa posterior impresión en formato físico

Espazo Xove de Curtis

Mércores, 1 de abril

19:30 a 21:00

Obradoiro de beatBox

Descubrimento da infinidade de sons que podemos facer coa nosa boca, imitando instrumentos musicais, voces e incluso melodías facendo varios sons de forma simultánea

Espazo Xove de Lalín

Martes, 14 de abril

19:30 a 21:00

Obradoiro de Maxia

Aprender os trucos máis divertidos e os misterios do mundo do ilusionismo para sorprender a amigos e familiares.

Espazo Xove de Curtis

Mércores, 15 de abril

19:30 a 21:00

Obradoiro de hamabeads e chapas

Os hamabesds, son unhas pequenas pezas de plástico de cores que se colocan sobre unha base de pvc para crear figuras planas pixeladas de diferentes formas e tamaños (estilo retro). Podes crear un obxecto, animal ou personaxe de ficción e facer o teu propio chaveiro.

No caso das chapas, dependerá da túa habilidade co debuxo. As posibilidades son infinitas!!

Espazo Xove de Lalín

Martes, 28 de abril

19:30 a 21:00

Obradoiro de DJ e produción musical

Manexo do vinilo, a mesa de mesturas e equipos de audio profesional.

Espazo Xove de Curtis

Mércores, 29 de abril

19:30 a 21:00

Obradoiro de cociña creativa

Experimentar con diferentes ingredientes, e facer uns postres ricos e divertidos. Elaboración desde os cupcakes máis novedosos ata as receitas tradicionais da nosa terra

Espazo Xove de Lalín

Martes, 12 de maio

19:30 a 21:00

Obradoiro de defensa persoal feminina

Aprendizaxe de técnicas de autodefensa efectivas e prácticas. Ensinaremos esquivas, agarres e defensas sinxelas de aplicar e fáciles de lembrar, que nos permitirán evitar diferentes tipos de agresións.

Espazo Xove de Curtis

Mércores 13 de maio

19:30 a 21:00

Obradoiro de fotografía

Aprender as técnicas básicas para sacar o maior partido ás túas fotos. Cun móbil ou tablet e unha boa idea temos a posibilidade de facer fotos espectaculares. Se tes unha cámara profesional podes traela, pero recorda que a cámara non fai o fotógrafo

Espazo Xove de Lalín

Martes, 26 de maio

19:30 a 21:00

Obradoiro de creación de páxinas web

Coñecer as ferramentas máis adecuadas para crear unha páxina web profesional adaptada ás túas necesidades a coste cero.

Espazo Xove de Curtis

Mércores 27 de maio

19:30 a 21:00

Obradoiro de etoloxía e exhibición canina

As nosas mascotas non falan, por iso é de vital importancia que coñezamos diferentes ferramentas para comunicarnos con elas de forma eficaz. A través de pequenos trucos e unha boa observación, poderemos establecer normas de comunicación moi interesantes coa nosa mascota.

Espazo Xove de Lalín

Martes, 9 de xuño

19:30 a 21:00

Obradoiro de personalización de gorras

Poñemos a túa disposición unha gorra trucker co frontal de espuma preparada para que a personalices co teu deseño. Aprenderás como mesturar o sprai cos rotuladores para conseguir un resultado moi colorido e de calidade.

Espazo Xove de Curtis

Mércores, 10 de xuño

19:30 a 21:00

CURSOS E FORMACIÓN

Curso

Lugar

Data

Horario

Escola de Breakdance

Convidámoste a bailar Break!! Un dos bailes máis modernos e visuais que destaca por combinar una serie de movementos aeróbicos e rítmicos, con exercicios acrobáticos influenciados polas artes marciais, a ximnasia e o funk.

Espazo Xove de Lalín

Todos os martes do 31 de marzo ao 23

17:30 a 18:30 h

Espazo Xove de Curtis

Todos os mércores do 1 de abril ao 24 de xuño

17:30 a 18:30 h

Club de videoxogos produtivos

Tras analizar o fenómeno mundial dos videoxogos, decatámonos de que lonxe de ser un vicio, os videoxogos ben usados, estimulan a creatividade e a concentración. Por outra banda, tamén é sabido que a industria dos videoxogos é unha das economías con maior crecemento, o que posibilita novas oportunidades laborais neste ámbito.

Espazo Xove de Lalín

Todos os martes do 31 de marzo ao 23 de xuño

17:30 a 18:30 h

Espazo Xove de Curtis

Todos os mércores do 1 de abril ao 24 de xuño

17:30 a 18:30 h

Curso de emprendemento “Branding e Marketing 2.0”

Dirixido a estudantes ou profesionais que desexen adquirir coñecementos prácticos sobre estratexias actuais de Marketing online. Tamén traballaremos o branding e diferentes ferramentas 2.0

Espazo Xove de Lalín

Todos os martes do 31 de marzo ao 23 de xuño

18:30 a 19:30 h

Curso de organización de eventos

Neste curso aprenderás a poñer en marcha un evento deportivo/cultural, coñecendo as diferentes tarefas, ferramentas e factores de éxito desde a pre-produción ata a post-produción.

Espazo Xove de Curtis

Todos os mércores do 1 de abril ao 24 de xuño

18:30 a 19:30 h

Curso de inglés para viaxar

Aprende a falar inglés de forma divertida e amena.

Espazo Xove de Lalín

Todos os martes do 31 de marzo ao 23 de xuño

18:30 a 19:30 h

Espazo Xove de Curtis

Todos os mércores do 1 de abril ao 24 de xuño

18:30 a 19:30 h

Music JAM 2X1 (Local de Ensaio)

1. Curso de Son e Iluminación

Presentamos un curso técnico de espectáculos escénicos, ideado co fin de que adquiras unha formación profesional para a montaxe optimizada de escenarios no relativo á iluminación, escenografía, son e rexiduría.

2. Portas Abertas a Músicos Emerxentes

Sexa cal sexa o teu instrumento ou estilo musical serás benvido. Gozaremos xuntos do talento e a improvisación. non é necesario ensaiar temas ou ter unha banda, esta é unha boa oportunidade para pasalo ben, coñecer xente e xerar novas ideas e proxectos.

Espazo Xove de Lalín

Todos os martes do 31 de marzo ao 23 de xuño

20:00 a 22:00 h

Espazo Xove de Curtis

Todos os mércores do 1 de abril ao 24 de xuño

20:00 a 22:00 h

Coaching xuvenil

Poñemos á túa disposición o asesoramento que necesites da man de diferentes profesionais, para que poidas poñer en marcha ou mellorar o teu proxecto persoal/profesional. Só tes que achegarte e contarnos a túa idea!!

Espazo Xove de Lalín

Todos os martes do 31 de marzo ao 23 de xuño

21:00 a 22:00 h

Espazo Xove de Curtis

Todos os mércores do 1 de abril ao 24 de xuño

21:00 a 22:00 h

PECHE PROGRAMA

Festival xuvenil

Lugar

Data

Horario

Show de maxia

Ilusionismo da mellor calidade. Números de maxia que farante dubidar entre o que é real e o que é produto da túa imaxinación. Iso, acompañado de moito humor é o que temos preparado para ti.

 

Espazo Xove de Lalín

Martes 16 de xuño

16:00 a 22:00 h

Xogos tradicionais

Un día enteiro repleto de diversión para tódalas idades, onde os xogos tradicionais serán os protagonistas. Zancos, bolos, aros...

Cine Forum

Un espazo dedicado a compartir e gozar das mellores películas en compañía de amigos, co valor engadido dun forum no que comentar opinións, para coñecer persoas afíns.

Exhibición de breakdance

Saltos, xiros e acrobacias imposibles a ritmo de HipHop!!

Descarga o pdf cos horarios aquí

PremiosNacionalesdeJuventudO Instituto da Xuventude, Injve, concede os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2015.

Premio de 3.000 euros, en cada unha das seguintes categorías:

1. Iniciativas emprendedoras en materia de emprego a Ana Triguero Durán.
2. Comunicación intercultural a Hajar Houdad Kasmi.
3. Voluntariado a Víctor Núñez Rodríguez.
4. Igualdade a Belén Figueiras Garnica.

Así mesmo, concede unha mención honorífica, sen dotación económica, a Leonardo Lázaro Martínez na categoría de Voluntariado e a Claudia Tecglen García na de Igualdade.

Máis información no BOE do 31 de xullo de 2015 e en www.injuve.es

2015mestre_landinOs Correspondentes Xuvenís do IES Mestre Landín son:  Aida, Alba, Ana, Andrea, Cristina, Lucía, Nuria, Sabela e Sonia

Nesta web podedes ver o traballo que están a desenvolver no seu instituto:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesmestrelandin/aulavirtual/course/view.php?id=130

Parabéns ao grupo!!

Infocolmeiros

Mar 10, 2015

2015infocolmeirosAquí podedes ver o traballo que están a realizar os Correspondentes Xuvenís do IES Pintor Colmeiro de Silleda:
http://infocolmeiro.blogspot.com.es/

Os Infocolmeiros e as Infocolmeiras son Alberto, Ana, Andrés, Martina, Diego, Julián, Remedios, Luís, María, Daniel, Issiris Katherines, Beatriz, Sonia e Tamara.

Parabéns a todos os Infocolmeiros!!