Novas e actividades (1280)

cartel_dia_europeo_de_la_informacion_juvenil_2015.1O 17 de abril celébrase o día europeo da información xuvenil.

Aquí podes consultar a Carta Europea de Información Xuvenil, ERYICA:

 

 

 

http://eryica.org/sites/default/files/European%20Youth%20Information%20Charter%20I%20Galician%20Version.pdf

iniciativaxoveNo DOG do 14 de abril publícanse as subvencións concedidas a través de Iniciativa Xove a entidades xuvenís e grupo informais da provincia de Pontevedra.

Máis información no DOG do 14 de abril de 2015

O Gañador do Concurso de deseño do cartel do Certame Xuventude Crea 2015 é  Ángel Alberto Otero Frías, co título/pseudónimo: MOUH.

galeuropa.xuventude

Programa definitivo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza unha xornada informativa sobre a próxima convocatoria do programa de mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa, un programa de axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas público ou privadas de países europeos.
A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesioanais dos mozos/as contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa Europea de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

Data: 20 de abril de 2015
Lugar: Salón de Actos. Centro de Novas Tecnoloxías. R/ Airas Nunes, s/n. Conxo - Santiago de Compostela

Destinatarios:
- Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 25 anos
- Membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude
- Técnicos/as de xuventude e de emprego de Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia
- Representantes de empresas interesadas na internacionalización
- Interesados/as en xeral en proxectos de mobilidade

Programa definitivo:

10:45-11:00 h Chegada dos participantes
11:00-11:15 h Inauguración da xornada por Dª Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
11:15-12:15 h. A convocatoria coordinada de mobilidade trasnacional xuvenil. Orixe, finalidade, características, socios.
Relatoras: Bettina Reuter e Mechthid Jürgen do  Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña
12:15–12:30 h. Internacionalización do mercado.
Relator: Juan Feijoo Casanova, responsable de programas de internacionalización. Area de internacionalización “Galicia@World”. Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) da Xunta de Galicia.
12:30–12:45h. Pausa café
12:45- 13:15 h. O programa de mobilidade trasnacional xuvenil (Galeuropa) en Galicia. Obxecto, características, destinatarios.
Relatora: Yolanda Otero Balsa, subdirectora xeral de Promoción de Actividades da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia
13:15-13:45 h. Panel de experiencias en proxectos de mobilidade trasnacional
Relator: Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia Galicia
13:45-14:00 h. Quenda de preguntas
14:00 h. Fin da xornada
Inscricións: Do 9 ao 17 de abril ás 12:00 h mediante envío de formulario electrónico.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

logoXUVENTUDEXa temos a composición do xurado do concurso de deseño do cartel para o programa Xuventude Crea 2015:

Presidenta: Yolanda Otero Balsa (Subdirectora xeral de Promoción de Actividades da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado)

Vogais:
- José Manuel Ramberde Sexto
- Carmen Pereiras Pérez
- Ana Martínez González
- Mª. Asunción García Cao
- Pilar Tamerón Montesinos
- Mª. Belén Pardal García
- Purificación Ruido Conde
- Dolores Asunción López Mariño
- Cristina Pardo Taracido

Secretaria: Ángela Fernández Rey

Está aberto o prazo de matrícula para o curso de Prevención de Riscos Laborais en actividades de Tempo Libre, que se vai desenvolver entre o 5 de maio e o 26 de xuño na modalidade en liña.

O prazo de matrícula está aberto dende o 5 de abril ata o vindeiro 19 deste mesmo mes.

Para máis información sobre este curso  preme aquí.

A solicitude de participación neste curso, teredes que realizala a través da zona de matrícula da EGAP.

portada2015marzoA revista interactiva Xuventude.Novas debulla no seu novo número a oferta de actividades da Acción de Verán 2015, que xa convocou a Dirección Xeral de Xuventude. Trátase dos campamentos de verán e da reserva das instalacións para entidades e grupos na oferta concertada, que xa se poden solicitar ata o 8 de abril, e tamén das actividades para maiores de idade, en prazo de solicitude, e dos campos de traballo, que en breve serán presentados con detalle. En conxunto, son centos de prazas para que a xuventude aproveite o seu tempo de lecer en datas estivais, con propostas que poñen o acento no deporte, na cultura, na solidariedade ou no contacto coa natureza.

Xuventude.Novas adianta tamén nesta edición os temas da final do Parlamento Xove 2015, que se celebrará o 18 de abril nas instalacións do Parlamento de Galicia. Unha hipotética relación entre a educación recibida nos fogares e a falta de respecto ao profesorado, no caso da categoría de bacharelato, e as causas dunha posible desaparición das salas de cine como forma de ocio, na categoría de secundaria, son as cuestións sobre as que están indagando os equipos finalistas estes días, co propósito de preparar argumentos cos que sorprender os seus rivais e triunfar no certame de oratoria e dialéctica da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.   

Outro dos contidos destacados da revista é unha entrevista con Beatriz Ventosinos Candame, gañadora do concurso Xuventude Crea na modalidade de carteis. Ventosinos gañou cunha obra na que mestura tipografías e degradados de imaxe para recrear a cara de San Francisco de Asís, de modo que a súa percepción varía segundo a distancia á que sexa observado. Unha peza que está na liña do que ela mesma considera como un bo cartel: “debe chamar a atención, sen excesos pero con eficacia”, declara.

Dentro da serie de reportaxes sobre os proxectos acometidos ao abeiro da Iniciativa Xove, neste mes recóllese a escola de navegación creada pola asociación ‘Amigos da Dorna’, de Sanxenxo. É un proxecto que implicou especialmente aos máis novos na recuperación da cultura mariñeira tradicional. Ademais da recuperación de embarcacións tradicionais, serviu para ofrecerlles unha alternativa de lecer durante o verán.

O Xuventude.Novas reserva tamén un espazo para as mensaxes gañadoras do concurso ‘Lingua de namorar 2015’, convocado en conxunto pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Curiosamente, os tres primeiros premios das dúas categorías son de autoría feminina. E, xa nas últimas páxinas, a revista dixital ofrece a habitual axenda de concertos e actuacións musicais.

XUVENTUDE.NOVAS

 

A Cruz Roja Española selecciona para o seu Centro de Formación da Coruña, un docente para impartir o módulo de certificado de profesionalidade de Información Xuvenil.
Entre os requisitos está: unha experiencia mínima de dous anos, estudos de diplomado, residente na provincia .
-Certificado de profesionalidad de formador ocupacional 
-Certificado de profesionalidad de docencia da formación profesional para o emprego. 
-Titulaciones oficiais de Psicología, Pedagogía, Psicopedagogía ou Mestre. 
-Certificado de Aptitude Pedagógica ou dos títulos profesionais de Especialización Didáctica. 
-Master Universitario habilitante para o exercicio de profesións reguladas de Ensino. 
-Experiencia docente contrastada de polo menos 600 horas nos últimos dez anos en formación para o emprego ou sistema educativo. 
2.-Licenciatura ou Diplomatura. 
3.- Experiencia mínima de 2 anos acreditable relacionada co área de información xuvenil.