Novas e actividades (1304)

O próximo 6 de xuño ás 11:40h. farase a retransmisión en directo do evento: «Videoxogos e mocidade: lugares, experiencias e tensións.»

Presidido pola súa Maxestade a Raíña, contará con invitadas e invitados expertos na industria do gaming para abordar a gran pregunta de como este tipo de lecer dixital está a converterse no máis estendido entre a mocidade.

Axenda do evento:

11:40 Benvida e presentacións institucionais
11h50 Vídeo presentación estudo «Videoxogos e mocidade: lugares, experiencias e tensións»
11h55 Mesa redonda: «Mozos gamers: quen son e como chegan a selo»
12h25 Despedida e peche

Non o perdas! Podes inscribirte aquí

A Xunta de Galicia fai unha convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de 6º curso de EP e de ESO durante o curso 2023/24

O prazo para presentar solicitudes será desde o 25 de maio ao 25 de xuño, incluídos.

Así mesmo, o alumnado participante contará con actividades formativas non só académicas, senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico cunha metodoloxía adecuada á súa etapa educativa. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento da contorna.

As estadías organizadas pola Xunta desenvolveranse nun centro residencial en Galicia en quendas dunha semana de duración.

BCADRO22

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39947

A Fundación María José Jove organiza o campamento de arte de verán Aberto por Vacacións "Arte por todas Partes", dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 14 anos en horario de 09 a 14 h. co obxectivo de xogar en torno á arte e á creatividade.

Quendas:
Semana 1 (do 3 ao 7 de xullo): "Natureza viva" (Maruja Mallo: pintura, collages e cinematografía)
Semana 2 (do 10 ao 14 de xullo): "Arte é xogo" (Nave Oporto: escultura, reciclaxe e creación artística en equipo)
Semana 3 (do 17 ao 21 de xullo): "Cociñando con arte" (Bodegóns Colección FMJJ: recetas saudables, sostenibilidade e recursos naturais)
Semana 4 (do 24 ao 28 de xullo): "A química da arte" (Arte e Química: cores, textís e natureza)

https://www.fundacionmariajosejove.org/abierto-por-vacaciones-arte-por-todas-partes-campamento-de-verano-2023/ 

Arelas, Asociación de familias de menores Trans, está a trabalalr no programa Apodéra-T, servizo de apoderamento e acompañamento sociolaboral dirixido a mulleres trans de 16-30 anos, residentes en Galicia.

Este programa conta coa financiación da Consellería de Promoción do Emprego a Igualdade e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea.

O obxecto destas axudas son o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada, dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e que teñen como finalidade, fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres trans, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, polo que deberán incluír unha atención personalizada e especializada para a integración social e laboral

Dende o Programa de apoderamento e acompañamento sociolaboral de mulleres trans, Apodéra-T, axúdase a estas mulleres na procura da mellora das condicións de vida, fomentando a autoestima e a confianza necesaria para lograr maiores niveis de autonomía, proporcionando unha formación transversal que as dote de competencias básicas, sociais e laborais que faciliten a súa inserción sociolaboral.

Participan profesionais de distintas disciplinas, legal, social, psicolóxico e sexolóxico, con información, asesoramento, obradoiros, creación de redes de apoio e acompañamento.

Para poder formar parte do programa podes contactar con Arelas a través do seu correo: arelasasociacion@gmail.com
Tamén por WhatsApp ou teléfono de 09:00-13:00 Hs e de 17:00-20:00 no 686 160 465.

https://asociacionarelas.org/gl/ 

#ErasmusDays 2023

Mai 22, 2023

Os #ErasmusDays 2023 lánzanse oficialmente e é hora de celebrar a mobilidade europea. Esta sétima edición, que se celebrará do 9 ao 14 de outubro de 2023, destacará a diversidade cultural de Europa e as numerosas oportunidades de aprendizaxe que ofrece.

Como organizador de eventos, está convidado a contribuír a esta edición baixo o lema “6 días para que Europa brille! Xa sexas unha escola, unha empresa, unha asociación ou un organismo público, os #ErasmusDays son unha excelente maneira de promover a riqueza da mobilidade europea e os éxitos do programa Erasmus .

Neste ano Europeo das Capacidades, é esencial recoñecer a importancia da diversidade cultural de Europa e celebrar as oportunidades de aprendizaxe que ofrece. Os #ErasmusDays son unha oportunidade ideal para que os participantes descubran novas culturas, reforcen as súas habilidades lingüísticas e interculturais, desenvolvan a súa empregabilidade e adopten os valores europeos de tolerancia, respecto e diversidade.

Pódeste unir aos #ErasmusDays 2023 durante seis días de celebración, do 9 ao 14 de outubro de 2023, para promover as habilidades en toda Europa!

https://www.erasmusdays.eu/news_mp/erasmusdays-2023-is-on/

O Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade da Fundación FAD Mocidade, para dar continuidade á liña do Informe A Caixa da masculinidade, realizou en 2022 o estudo Culpables ata que se demostre o contrario. Percepcións e discursos de adolescentes españois sobre masculinidade e violencia de xénero, participaron neste estudo mozas e mozos de 14 a 16 anos. Esta investigación persegue profundar cualitativamente no coñecemento sobre os discursos de homes e mulleres adolescentes, que minimizan, invisibilizan ou negan a existencia de desigualdades de xénero ou da violencia de xénero e sobre os home que senten vítimas das políticas destinadas a fomentar a igualdade de xénero.

Nota de prensa

 

A Xunta colabora co Consello da Avogacía Galega na posta en marcha de accións dirixidas á atención xurídica a persoas menores de idade vítimas de violencia e á formación de avogados e avogadas neste ámbito. Deste xeito, os menores que sofren estas situacións disporán sempre dun profesional especializado que lles preste unha atención integral e un acompañamento legal gratuíto ante os órganos policiais e xurisdicionais durante as primeiras dilixencias.

https://avogacia.gal/convenio-menores-2023/ 

A Xunta de Galicia convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
- En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto.
- No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/23.
Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial.
Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

A asignación de libros farase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.

b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:
Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.

Alumnado de ESO:
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 75 € e con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 19 de xuño de 2023.
As solicitudes poden tramitarse dende https://sede.xunta.es co procedemento ED330B.
Máis información no DOG do 19 de maio de 2023 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros

A Xunta de Galicia convoca o programa Conecta co Camiño, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa cultura e a xeografía galegas a través da realización de distintos tramos do Camiño de Santiago Portugués ata chegar a Compostela..

Convócanse 60 prazas, para mozos e mozas residentes no estranxeiro, con idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos, para o desenvolvemento de actividades relacionadas co Camiño de Santiago, durante 12 días, entre o 20 e 31 de xullo. Aloxaranse na residencia xuvenil Altamar, en Vigo (Pontevedra), para a realización dun programa dividido en dúas partes:

1ª. O percorrido de 8 tramos galegos a pé polo Camiño de Santiago Portugués e da Costa, ata Compostela.
2ª. A participación en actividades orientadas a coñecer aspectos da historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna.

BCADRO2

Requisitos das persoas participantes:
a) Ter a súa residencia habitual no exterior.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
c) Ter a nacionalidade española, agás para o caso dos netos ou netas de galegos.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).
e) As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2023, unha idade comprendida entre os 18 e os 20 anos.
f) Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
g) Condicións económicas.
– Para optar ás prazas con financiamento do 100 % da axuda da viaxe, o límite máximo dos ingresos persoais non poderá superar en dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria, e o máximo admitido para a unidade familiar é o resultado de multiplicar o 70 % da devandita cifra polo número de persoas que convivan menos unha.
– As persoas solicitantes cuxa unidade familiar non dispoña de ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria deberán aboar 500 € se residen en América e 125 € se residen en Europa.
– As persoas solicitantes cuxa unidade familiar supere as ratios indicadas nos puntos anteriores deberán aboar 1.000 € se residen América e 250 € se residen en Europa.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de xuño de 2023
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930D
Máis información no DOG do 16 de maio de 2023 e en http://emigracion.xunta.es

A Universidade de Santiago de Compostela vai acoller nos seus campus (Santiago e Lugo) un encontro maker para introducir á rapazada nas vertentes máis creativas e participativas da tecnoloxía.

Datas: Celebrarase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) do Campus de Santiago de Compostela e na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo durante as semanas do 26 ao 30 de xuño e do 3 ao 7 de xullo.

Esta iniciativa pretende “promover o desenvolvemento na cativada de habilidades relacionadas coa linguaxe da programación e as novas tecnoloxías”.
Dirixido a nenos/as e mozos/as de entre 6 e 16 anos, o campamento contará con obradoiros de drons, domótica, IoT (Internet of Things) con Micro:Bit, talleres de Robótica con Lego, Edison e Arduino, de programación de aplicacións móbiles e desenvolvemento de videoxogos ou fabricación dixital con impresoras 3D.

Baixo o lema STEM camp misión a Marte, esta primeira edición formulará unha viaxe ficticia ao planeta vermello. “Todos xuntos descubriremos que a Terra pronto non será habitábel e que o planeta vermello podería ser a nosa salvación. Mergullámonos nesta aventura explorando, inventando, construíndo e descubrindo se a vida é posíbel neste novo fogar”, explican dende a organización que corre a cargo de Play Code Academy.
“Todos os talleres están especialmente pensados para que o alumnado o pase xenial. Adaptados por idades e niveis, descubrirán como utilizar a tecnoloxía para expresarse, construír, colaborar e compartir. Farán novas amizades e aprenderán a linguaxe do futuro: o da programación”.

O horario das actividades desenvolverase de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, cun receso a media mañá.

A inscrición pode formalizarse a través da páxina web do Campus Tecnolóxico ata que se esgoten as prazas ou ata quince días antes do inicio da actividade.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/campus-tecnoloxico-formara-programacion-novas-tecnoloxias-cativada-6-16-anos