Listado campamentos CCAA

Listado campamentos CCAA (10)

rioparCampamento xuvenil Riópar, Carretera, CM-3204, km 5, 02450 Riópar (Albacete)

O Campamento está situado no concello de Riópar, provincia de Albacete, no corazón do Parque Natural de Calares do Mundo e a Sima, pertencente á Serra do Segura, a tan só 3 km do nacemento do río Mundo. Un lugar privilexiado rodeado de alta montaña, extensos bosques, prados e ríos que dan como resultado un lugar idóneo para o goce de nenos e maiores. A multitude de opcións de ocio, natureza e multiaventura, xunto cunhas instalacións acordes ás necesidades de calquera usuario, fan do Campamento San Juan de Riópar un lugar único para visitar.

MULTIAVENTURA

ACTIVIDADES

Multiaventura: escalada en rocódromo, tirolina, aquagym, waterpolo, slackline, rapel, carreiras de orientación, ruta sendeirismo ao nacemento do río Mundo, visita á aula da natureza do parque natural, tiro con arco; deportivas: voleibol, fútbol, baloncesto, hockey e tenis; multideporte: indiacas, frisbee, malabares; actividades complementarias, lúdico recreativas e socioculturais: obradoiros campa-chef, veladas nocturnas, xincanas temáticas, noite das estrelas, xogos acuáticos, olimpíada deportiva, xogos xigantes;  obradoiros: de reciclaxe, cometas, artesanía; outras actividades: zumba, risoterapia e xogos nocturnos. A instalación conta con piscina.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Camp. Xuv. Riópar

Multiaventura

08-09-10

11-20/07

209,20 €

500011

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

gerardodiegoAlbergue Juvenil Gerardo Diego de Solórzano, Barrio Quintana s/n, 39738 Solórzano, Cantabria
https://reaj.com/albergues/juvenil-gerardo-diego/

O albergue está situado no municipio de Solórzano, na zona oriental de Cantabria. Situado nun fermoso val atravesado por un pequeno río, o Campiezo. Punto de partida ideal para coñecer tanto o interior oriental de Cantabria como as súas costas. En menos de trinta minutos pódese gozar dos Vales Pasiegos, das espectaculares fervenzas do río Asón ou as praias de Somo, Illa, Noja e Laredo. O albergue é un fermoso caserón con amplo xardín, piscina, e unha zona de volei praia. O aloxamento realízase en habitacións compartidas con liteiras. Dispón de aula polivalente para presentacións, formación, actividades...

CINE EN SOLÓRZANO

ACTIVIDADES XERAIS:

De cine: as persoas participantes experimentarán todos os roles artísticos e técnicos dunha rodaxe cinematográfica; esta parte temática estará dirixida por un profesional do ámbito do cine: guión, casting, ensaios, rodaxe con cámara…, análise crítica, interpretativae técnica, cine fórum (mesa redonda sobre unha película), “master class” dun actor, actriz ou director/a de cine ou televisión; obradoiros: maquillaxe de cine, desenvolvemento sostible, igualdade, prevención de toxicomanías; saídas: turística e de praia á cidade de Santander (día completo), visita a unha filmoteca ou estudo de gravación ou exhibición audiovisual, saída á vila e praia de Laredo, visita a Santoña, sendeirismo no Monte Buciero, saída á praia de Berria e visita ao Forte de San Carlos e Napoleón; outras actividades: surf na praia, obradoiros, xogos, xincanas e veladas. A instalación conta con piscina.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv. Gerardo Diego

Cine en Solórzano

05-06-07-08-09

16-30/07

340 €

500010

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

elescorialCalle Residencia, 14, 28200 San Lorenzo de El Escorial (Madrid)
T. 91 890 59 24
escorial@madrid.org
http://reaj.com/madrid/albergue-juvenil-el-escorial.html

O albergue está situado no centro urbano de San Lorenzo de El Escorial, a 55 km de Madrid, ao noroeste da Comunidade Autónoma de Madrid e na vertente sur oriental da Serra de Guadarrama.
O edificio é unha construción típica da zona da serra, que data de finais dos anos 40, e as habitacións están distribuídas en 3 andares.
Pola súa situación xeográfica privilexiada son moitas as posibilidades que se ofrecen aos visitantes para desenvolver actividades culturais e de natureza.

CINE E AVENTURA

ACTIVIDADES
Cine: obradoiro de cine (linguaxe audiovisual, escritura dun guión, uso da cámara, creación de personaxes, proceso de produción, interpretación, caracterización das personaxes, rodaxe, edición e montaxe) que finalizará coa gravación dunha curtametraxe; outras actividades: multiaventura na natureza na Serra do Guadarrama, bautismo de rappel, escalada, xornada de trekking,  orientación, xogos cooperativos, obradoiros  de manualidades e reciclaxe, obradoiro para traballar os ODS, veladas temáticas, xogos deportivos, xincanas, xogos de mesa e liguiñas deportivas; excursións: parque de atraccións e paseo polo Madrid histórico, parque Aventura Amazonia (Cercedilla) a ao parque recreativo Las Berceas (piscinas naturais).

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv. El Escorial

Cine e aventura

10-11

31/07-10/08

266 €

500009

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

villacastoraCarretera de las Dehesas 29, 28470 Cercedilla (Madrid).
T. 918 520 334 – Fax  918 522 411
villacastora@madrid.org
 https://reaj.com/albergues/juvenil-villa-castora/

Situado a 60 Km. de Madrid, moi cerca do casco urbano de Cercedilla. No Val da Fuenfría, en plena Serra de Guadarrama. O Albergue atópase moi próximo as piscinas naturais “As Barceas”

DANZA URBANA

ACTIVIDADES
Danza moderna: Urban Dance, Comercial Dance, Hip Hop, FreeStyle, Break Dance, Fusión, etc. Realizaranse xogos e dinámicas para traballar o ritmo, a percepción espacial,  o desenvolvemento do sentido estético, o uso do corpo como expresión artística, a improvisación, como facer unha coreografía, a posta en escena e a interpretación ante unha cámara. Aprenderán a diferenciar os distintos estilos de baile moderno. Traballarase para facer un  bo uso das redes sociais como medio para compartir as súas sus representacións (Tik Tok, Instagram, YouTube); outras actividades: xogos de mesa, tiro con arco, actividades deportivas, obradoiros para realizar os ODS; excursións: parque de atraccións e paseo polo Madrid histórico, parque Aventura Amazonia (Cercedilla) a ao parque recreativo Las Berceas (piscinas naturais).

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv. Villa Castora

Danza urbana

06-07-08

07-17/07

266 €

500008

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

Puerto Roque, N-521, km. 150,50, 10500 Valencia de Alcántara (Cáceres).

O Albergue está construído no enclave natural de Puerto Roque, N-521, km. 150,50 situado en medio dun gran piñeiro e a tan só 1 km de Portugal.  A instalación conta con: habitacións con capacidade para 4 e 5 persoas con baño compartido con dúas duchas, dous servizos e catro lavabos, pistas deportivas, comedor, sala de televisión, sala de usos múltiples, cociña, enfermería e piscina.

MULTIAVENTURA E PORTUGAL
ACTIVIDADES

Multiaventura: deportes ao aire libre, itinerarios ambientais, trekking e roteiros; excursións: visitas de interese turístico e cultural a Portugal;  outras actividades: animación, obradoiros, xogos e veladas. A instalación conta con piscina.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Campamento Santa María de Guadalupe (Valencia de Alcántara)

Multiaventura e Portugal

08-09

30/07-08/08

247,50 €

500003

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

albergue santa maria de guadalupe

Albergue xuvenil San Martín de Castañeda Puebla de Sanabria Castela e León

Estarda Lago de Sanabria s/n, 49361 - San Martín de Castañeda - ZAMORA
T. 980 622 053
https://reaj.com/albergues/juvenil-san-martin-de-castaneda/

O Albergue atópase en San Martín de Castañeda, xunto ao Parque Natural del Lago de Sanabria, rodeado de bosques de carballos. Conta co lago glaciar máis grande da península ibérica, vales encaixados, morrenas e cañóns. A flora e a fauna son consideradas de grande interese. A situación é propicia para practicar actividades e roteiros de sendeirismo pola zoa.
O albergue está dotado de habitacións múltiples, sala de reunións, piscina de verán, pista polideportiva, biblioteca e sala de vídeo.

MULTIAVENTURA E AIRE LIBRE
ACTIVIDADES
Multiaventura: rutas en BTT polo Parque Natural do Lago Sanabria, caiac polo Lago de Sanabria, rutas a cabalo, bivaque;  excursións: á Puebla de Sanabria e visita ao Centro do Lobo Ibérico; outras actividades: veladas, obradoiros e xogos de animación.

Albergue xuvenil San Martín de Castañeda Puebla de Sanabria Castela e León 2

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv.San Martín de Castañeda (Puebla de Sanabria)

Multiaventura e aire libre

09-10

21-30/07

247,50 €

500004

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

colonia rock Carlos Abaitua alava

http://www.alberguecatedral.com
 
O aloxamento e a manutención serán no albergue catedral de Vitoria-Gasteiz  e a meirande parte das actividades e obradoiros desenvolveranse na sala de concertos Hell Dorado.

Sala de concertos Hell Dorado:

Escultor Isaac Díez K/z g, 01007 Vitoria-Gasteiz.

Importante que leven os Instrumentos que saiban tocar.

COLONIA DE ROCK

ACTIVIDADES

Musicais: pensada preferiblemente para persoas que teñan inquedanzas musicais e de produción musical (son, vídeo e iluminación). É desexable que as persoas participantes teñan algunha formación musical, que saiban tocar algún instrumento ou canten, que toquen nalgún grupo de música ou que estean interesadas en formar un. A meirande parte das actividades e obradoiros desenvolveranse na sala de concertos Hell Dorado.

Haberá obradoiros de historia do rock, produción musical, de merchandising ou imaxe rock, de vídeo (gravarase unha curta) de fotografía dixital, expresión artística, combos e ensaios, concertos…etc..;

outras actividades: excursión á costa e ás piscinas.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Catedral de Vitoria

Colonia de rock

06-07-08

01-12/07

284,50 €

500001

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

xuvenil Illa ZuhatzaEmbalse de Ullibarri-Gamboa

Apartado 02030 Vitoria-Gasteiz

O albergue está situado no encoro de Ullibarri-Gamboa, a 15 km ao norte de Vitoria-Gasteiz.

Toda a illa conforma o conxunto do campamento, cunha extensión de 500.000 m2.

O aloxamento é en cabanas de madeira con liteiras.

NÁUTICA

ACTIVIDADES

Náuticas: piragua, windsurf, remo e pedaletas. É un campamento perfecto para o coñecemento interpersoal e intercultural porque acudirán rapaces e rapazas de varias comunidades autónomas;

outras actividades saídas e excursións a Vitoria-Gasteiz e a Donostia-San Sebastián.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Illa de Zuhatza

Náutica

07-08-09

01-11/08

275,13 €

500002

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

Gredos

Estrada C-500, Km 41,5, 05635 Navarredonda de Gredos (Ávila)

O albergue é unha edificación rural no Parque Natural de Gredos, entre ríos e montañas. Está á beira do río Tormes, onde se pode gozar da natureza e facer rutas de sendeirismo. Ademais, a proximidade ás capitais de provincias permite facer excursións de grande interese cultural.
O albergue conta cun gran espazo exterior para a realización de actividades; ten habitacións múltiples, piscina de verán, pista polideportiva e biblioteca.

MULTIAVENTURA E AIRE LIBRE
ACTIVIDADES

Multiaventura: parque de cordas, bivaque, rutas BTT (bicicleta de montaña), trekking á Laguna Grande; outras actividades: excursión a Salamanca, veladas, obradoiros e xogos de animación. A instalación conta con piscina.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv. Navarredonda de Gredos (Ávila)

Multiaventura e aire libre

09-10

01-10/08

247,50 €

500005

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

xuvenil Ezcaray

Albergue xuvenil El Molino Viejo, Camino del Molino Viejo, s/n, 26280 Ezcaray (A Rioxa)

O albergue está situado na zona sur de Ezcaray, xunto ao río Oja, que da nome a esta comunidade autónoma, e situado na sierra de La Demanda, ao pé do pico San Lorenzo, onde se atopa a estación de esquí e montaña de Valdezcaray.
O vello contorno natural permite facer múltiples rutas, visitar antigas aldeas, vías verdes e sendeiros. É unha paisaxe que invita á relaxación e ao disfrute rodeado da natureza, así como á práctica de deportes de montaña.
O albergue está situado a 1 km. de Ezcaray. A instalación conta con espazos comúns: salón-comedor, sala de estar con TV. Ten zonas verdes para a práctica deportivo-recreativa, campo de fútbol, pista polideportiva e ping-pong.

MULTIAVENTURA
ACTIVIDADES

Multiaventura: visita a parques multiaventura con tirolinas, tibetanos, escalada e outras probas;   ambientais: rutas de sendeirismo con interpretación da natureza; náuticas: navegar en pedaleta e piragua no Club Náutico de El Rasillo; outras actividades:  xincanas, xogos temáticos, veladas e visitas culturais a lugares emblemáticos da Rioxa.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

08-09

30/06-09/07

247,50 €

500006

Multiaventura

06-07-08

03-12/08

247,50 €

500007