En portada (1077)

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (DXXPV), aposta pola importancia do tempo libre educativo para o desenvolvemento persoal e de socialización da nosa xuventude, para a adquisición de valores e competencias e para a construción da cidadanía e a promoción da cohesión social e o compromiso.

Así mesmo, a diversidade funcional representa un escenario que require de novas realidades de traballo e da necesidade de transformar as accións para que os distintos espazos sexan de verdade espazos inclusivos.

Con este fin, e para tratar de que todos os mozos e mozas que participan na Campaña de verán da Xunta de Galicia poidan vivir a experiencia dos campamentos en igualdade de condicións e oportunidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre unha convocatoria para que as persoas interesadas poidan formar parte dunha bolsa de monitorado especialista en diversidade funcional.

Tratarase de monitores e monitoras de tempo libre que conten con formación especializada ou con experiencia acreditada neste eido.

As persoas interesadas deberán enviar a información relativa á súa formación e/ou experiencia a través deste formulario.

A DXXPV comunicará os datos facilitados á empresa ou empresas que resulten adxudicatarias do servizo de monitorado de apoio das persoas con discapacidade nos campamentos da Campaña de verán da Xunta de Galicia, coa finalidade de seleccionar os equipos de apoio nos distintos campamentos.

A comunicación de datos procurará información sobre monitorado coa formación e experiencia necesaria para tratar de garantir a participación plena das persoas con discapacidade nos distintos campamentos, pero non implica compromiso de contratación por parte da empresa adxudicataria.

A presentación do formulario leva implícita a autorización para trasladar os datos consignados no formulario á empresa adxudicataria do servizo de monitorado de apoio.

Quedamos á súa disposición para aclarar calquera cuestión, no enderezo: xuventude.programas@xunta.es

Galeuropa 2019

Abr 26, 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019.

OBXECTO DA SUBVENCIÓN:
Procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación, con cargo ao Plan operativo de emprego xuvenil (en adiante, POEX), para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos:
Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía e Suecia.

Obxectivos que se pretenden acadar:
- Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
- Complementar a competencia profesional e persoal
- Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
- Fomentar a autonomía persoal

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS:  mínimo de 2 meses e máximo 3 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 30 de novembro de 2019. Mínimo de 100 horas mensuais.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita como beneficiaria no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia e que teña cumpridos 18 anos. Estes requisitos han de cumprirse o día en que presenten a solicitude de concesión da subvención.
Non poderán participar nas mobilidades as persoas que resultaran beneficiarias en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

Requisitos de inscrición no ficheiro do SNIGX:
-Ter menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
-Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións formativas  no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
Para inscribirse no SNGX: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html

galeuropa191galeuropa192galeuropa193

Para máis información: 981 544 645, 981 544 854, 981 545 822, 981 545 937

-  mozos/as galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal
-  entidades sen ánimo de lucro e concellos galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.gal
Para inscribirse no SNGX: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html


Folleto informativo

PRAZO DE SOLICITUDE: 29 de maio de 2019


Máis información e en http://xuventude.xunta.es/programas-eu/8845-galeuropa-2022 no DOG do 29 de abril de 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha unha nova edición do proxecto “EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

No medio rural tamén se erixen hoxe novas oportunidades e recursos susceptibles de seren valorizados, tanto para a creación de novas empresas coma para empregos que aporten valor engadido ás xa existentes. Para isto, é preciso por a disposición da xente moza mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades, impulsando os seus proxectos de inserción sociolaboral e converter deste xeito á xuventude no maior activo para o desenvolvemento local.

Obxectivos:
1. Axudar aos mozos/as a coñecer e valorizar máis e mellor o territorio rural e descubrir as oportunidades que este lles ofrece no eido profesional e social.
2. Impulsar a aprendizaxe pola práctica, aplicando a metodoloxía da alternancia e a colaboración co tecido empresarial.
3. Prestar apoio e seguimento individualizado e/ou grupal aos proxectos de emprego/ empresa ou de carácter social xerados, garantindo a súa consolidación no territorio.
4. Fomentar a introdución da innovación no marco dos itinerarios de inserción sociolaboral, baseada fundamentalmente na aplicación das TIC na xestión empresarial, comercial e social.
5. Promover a autonomía e o empoderamento da xuventude no rural, como actores sociais dos seus territorios para favorecer a súa promoción persoal e social, así coma a súa incorporación a redes de partenariado no territorio.

Destinatarios/as:
mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.
Número de prazas: 50.
Duración: de abril a novembro de 2019.
Prazo de inscrición: do 24 de abril ao 8 de maio de 2019.

Inscricións:  mediante o envío do formulario electrónico que figura ao final desta convocatoria.

Admisión:  será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.

Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.

Actividades:

1. Safari de emprego no territorios.
Duración: 3 meses (maio-xullo 2019). 12 sesións.
Sesións de 1 día a semana (3/4 h), onde se analizarán casos prácticos de éxito,  traballarase iniciativas emprendedoras, participarán  emprendedores presentando as súas experiencias, profesionais dos sectores de interese, realizaranse visitas técnicas a empresas de referencia.
Esta actividade constará de 2 partes :
Sesións teóricas de traballo co grupo nos centros de impartición da actividade: Espazos Xove de Lalín e Carballo, podendo adaptarse segundo a procedencia dos participantes
Sesións prácticas grupais e individuais : saídas ao territorio, visitas, dinámicas grupais.
Fases do Safari:    
- Exploración (8 sesións):  sesións de traballo en grupo, para elaborar un guión/base de traballo analizando as potencialidades, recursos e necesidades do territorio.  Nesta fase, os participantes, acompañados polos técnicos responsables, definirán as rutas a explorar e analizarán os sectores máis proclives a crear emprego na zona de incidencia.
- Descubrimento (4 sesións): sesións de traballo de campo, guiadas polo persoal técnico,  para realizar as accións / tarefas de exploración das rutas definidas na fase anterior:
- Entrevistas a profesionais, emprendedores, axentes do territorio.
- Investigación de mercado, análise dos recursos da contorna.
- Exploración do sector de interese para cada participante (situación actual, empresas existentes, necesidades, ...)

2. Formación para a inserción – grupo
Duración: 2 meses (maio-xuño 2019) – adaptada ás necesidades dos participantes (ata un máximo de 24 sesións).
Trátase de formación básica adaptada ás necesidades do grupo, en eidos nos que se amosen certas necesidades, como poden ser a comunicación, innovación, TIC, normativa, etc,  que son hoxe fundamentais para a  inserción laboral.
Poderá estar organizada en sesións máis continuas, dúas ou tres veces por semana,  para favorecer a adquisición de coñecementos polos participantes (farase en función da demanda ata un máximo de 24 sesións).  
As sesións, impartidas por profesionais/docentes expertos, basearanse na metodoloxía do “learning by doing”, aprendizaxe pola práctica, nas cales, os participantes poderán participar activamente no desenvolvemento das mesmas ( supostos prácticos, dinámicas,..).
Inclúe:
- Formación básica sobre a xestión da actividade comercial e empresarial.
- Formación específica, á demanda dos participantes: loxística, comunicación, xestión empresarial,  busca activa de emprego...

3. Formación na empresa – individual:
Sesións de estadías profesionais en empresas do sector de interese de cada participante, fomentando a aprendizaxe pola práctica e o contacto continuo coa realidade empresarial. Poderán participar aqueles mozos/as que a demanden ou precisen.
Poderanse realizar estadías dentro do período de tempo comprendido entre os meses de maio a outubro de 2019.
Duración das estadías:
Mínimo : 60 h de prácticas.
Máximo  360 h de prácticas.
A xornada de prácticas terá unha duración máxima de 7 horas.
Os participantes contarán cun seguro de R.C. e de accidentes.
As estadías de formación nas empresas serán organizadas en función dos criterios establecidos para cada un dos participantes e segundo as necesidades das empresas de cara a posibles contratacións . Para levar a cabo as estadías, asinaranse convenios cas empresas de acollida nos que se reflecta a duración,  as actividades que realizará o mozo/a, os horarios e se establecerá unha persoa responsable da empresa para o seu seguimento e avaliación .

4. Titorización e seguimento individual
Comezarán  a partir do mes de maio de 2019 e desenvolveranse durante toda a execución do proxecto (novembro) , ao longo das diferentes fases terán lugar reunións do equipo técnico con cada participante para o seguimento do seu itinerario de inserción e a  articulación de medidas adaptadas a cada caso.

5. Captura de proxectos
Duración: 1 mes – último mes do proxecto (novembro 2019)
Trátase da  fase de conclusións, os mozos e mozas terán de xeito individual:
Acadada experiencia laboral nos sectores de interese.
Identificados  nichos de emprego no territorio.
Elaborado un plan de mellora da súa empregabilidade.
Definidas  as  oportunidades/proxectos para emprender.
Identificadas  as necesidades de formación que precisen.

Máis información:  roteiros.ctb@xunta.gal

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O 17 de abril toda Europa celebra o Día Europeo da Información Xuvenil, unha xornada que reivindica a importancia de acompañar aos mozos e mozas no seu camiño cara á emancipación e o seu pleno desenvolvemento como cidadáns.

Para o Injuve e a rede española de Servizos de Información Xuvenil esta é unha data especialmente relevante. Ofrécenos a oportunidade de reforzar os nosos lazos, compartir información e dar a coñecer nosas diferentes iniciativas: concursos, talleres, charlas sobre temas de interese, actividades de lecer e tempo libre, etc.

Desde Injuve prepararon un póster para conmemorar o Día Europeo da Información Xuvenil 2019 e para animar á mocidade para visitar os centros da rede.

Acción "A Información Xuvenil cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable"

Este é a mensaxe principal da celebración este ano do Día Europeo da Información Xuvenil.

O 25 de setembro de 2015, os líderes mundiais adoptaron un conxunto de obxectivos globais para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sustentable. Cada obxectivo ten metas específicas que deben alcanzarse ata 2030. Para alcanzar estas metas, todo o mundo ten que facer o seu parte: goberno, sector privado, sociedade civil… Os Servizos de Información Xuvenil podemos dicir aos e as mozas como poden incorporar estes obxectivos no seu día a día.

E para empezar propoñénvos esta acción:
- Descárgate as creatividades que preparamos.
- Imprímeas a cor.
- Elixe o obxectivo co que creas que podes colaborar máis ou co que esteas disposto a realizar accións sinxelas para conseguir a súa consecución.
- Faite un selfie sostendo o folio coa imaxe do obxectivo elixido, para que se vexa ben. Lembra que sorrir é gratis e bo para a saúde.
- Sobe a foto a redes sociais co hashtag #redsijODS para que todos vexan o teu compromiso. Etiqueta a un amigo(s) para que se some á iniciativa.

Entre todos queremos contaxiar ao mundo enteiro para que estas metas fáganse realidade!

Creatividades ODS:  http://www.injuve.es/sites/default/files/2019/12/noticias/17_ods.pdf

CARTA EUROPEA DE INFORMACIÓN XUVENIL

ODS

  ROSALIABETANZOS2VIVEIRO 5VIVEIRO 7VIVEIRO 8VIVEIRO 12VIVEIRO 13VIVEIRO 19

CCOORDINADOR.1CCOORDINADOR.5CCOORDINADOR.4

TUIERYICA VIVEIRO 16

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou xunto con máis de 120 correspondentes xuvenís de distintas comunidades autónomas, nun encontro sobre alberguismo en Gandarío.

A esta primeira iniciativa asistiron mozas e mozos de Galicia, Canarias, Castela-León, Madrid, Murcia e Navarra

Trátase de mellorar a súa capacitación como transmisores de información a outros mozos e promover o alberguismo entre a xente nova

encuentrogandarioestatal2

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu ao primeiro encontro de correspondentes e alberguismo xuvenil das diferentes comunidades autónomas, que ata o domingo tivo lugar no albergue de Gandarío. Máis de 120 mozas e mozos procedentes de Galicia, Canarias, Castela-León, Madrid, Murcia e Navarra déronse cita nesta xuntanza organizada pola Rede Española de Encontros Xuvenís (REAJ), en colaboración coa dita Dirección Xeral, e na que se mesturaron aspectos educativos e lúdicos.

Cristina Pichel destacou a importancia destas xornadas para mellorar a capacitación dos participantes como transmisores de información a outras persoas mozas no que respecta aos albergues xuvenís e as súas posibilidades. Trátase, ademais, de promover o alberguismo entre a xuventude de distintas comunidades autónomas, a aprendizaxe mutua e o intercambio de experiencias.

Os participantes neste encontro son, na súa maioría, estudantes de 2º, 3º, 4º de ESO, e 1º de Bacharelato. Cada un deles expuxo como funcionan os correspondentes xuvenís nas súas comunidades de procedencia e como ven eles o alberguismo.

As persoas que asistiron a este encontro foron seleccionadas despois de presentar un vídeo, cunha duración mínima dun minuto e máxima de tres, no que amosaban os atractivos da súa comunidade autónoma e lugares ou puntos de interese, enfocando o proxecto cara a mobilidade xuvenil en Galicia a través dos albergues xuvenís da REAJ existentes como opción de aloxamento

Que podes estudar o próximo curso? Onde te podes aloxar? Que axudas tes para estudar?

Poñemos a túa disposición información sobre  Estudos dispoñibles en Galicia, aloxamentos e bolsas

O xurado do concurso Lingua de namorar 2019 reuniuse o luns 18 de marzo para elixir, de entre as mensaxes votadas polos usuarios en cada unha das categorías, as mensaxes gañadoras desta edición, que son as seguintes:

Mensaxes gañadoras da categoría A

1º Premio: Máis que choiva, de Nee Barros Fernández
“Comezaches sendo froallo suave, babuña e patiñeira; pero pouco a pouco fuches pasando a chuvascada, arroiada e xistra, rematando nunha auténtica treboada, enxurrada e dioivo. Empapáchesme de pés a cabeza e eu, entre tanto sinónimo, só sei pedirche que non escampes nunca.”

2º premio: Conto contigo, de Irea Cendán Cadahía
“Se teño frío, conto co teu calor; se a tristeza me aborda, conto co teu sorriso; se non me atopo na escuridade, conto coa túa luz. Non teño medo porque sei que se me sinto soa, conto contigo.”

3º premio: Tan guapa, de Yago Rubio Álvarez
“Tan doce que os mosquitos van a ti,
Tan bonita que es fotografada por excursións de xaponeses,
E a túa lingua é o mellor motivo para aprender idiomas.”


Mensaxes gañadoras da categoría B

1º premio: Este, para min, de Navia Rivas de Castro
“Erguerei do chan o meu corpo atropelado pola vida,
aloumiñarei as súas costuras,
coidarei as súas raíces.
Tecerei a miña liberdade en cada novo paso.
e non me renderei,
Querereime. Sempre.”

2º premio: Amor diglósico, de Darío Rodríguez González
“Non se pode vivir así, non é lóxico
O amor bilingüe, o amor diglósico,
É un sinvivir, é un despropósito
E ás veces resulta mesmo un pouco tóxico,
Falar por boca de ganso, falar con lingua de trapo,
Case vai ser millor amar en castrapo.”

3º premio: A discusión: corazón vs. Cabeza, de Cándido Paniagua Pousa
“O corazón dixo: eu non atendo a razoamentos, tan só a impulsos.
A cabeza replicou: eu analizo a situación e busco a mellor opción.
O corazón retrucou: mentres ti perdes o tempo argüíndo, eu latexo desfrutando o momento.
E a cabeza calou, buscando unha boa resposta.
Nese intre, o corazón sorriu, sabedor de que gañara a discusión.”

O xurado do certame decidiu conceder unha mención de honra, pola reflexión sociolingüística de superar a posición como neofalante, de vencer os complexos e decidir empregar a lingua, á mensaxe Escoiteite, de María Inmaculada Rodríguez Marqués (Ribadeo, Lugo):

“Vinte,
escoiteite.
Olleite,
escoiteite.
Sentinte,
escoiteite.
Emocioneime,
escoiteite.
Abrín a boca para falar,
Silencio neofalante.
Atragoáronse as verbas na miña gorxa,
escoiteite.
Pronunciei “quérote” mentres os complexos se esvaecían entre
os meus beizos.
Escoiteite.”

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

Os videos e os/as correspondentes xuvenís seleccionados/as para participar no Encontro de Correspondentes e Alberguismo Xuvenil, que terá lugar do 5 ao 7 de abril no Albergue Xuvenil de Gandarío, son os seguintes:

 

1) Sara e Natalia – IES Saturnino Montojo (Ferrol)

2) Yahya e Gabriel – IES Nº 1 (Ordes)

3) Lucía e Saray – IES Val do Tea (Ponteareas)

4) Antón e David – IES Pedra da Auga (Ponteareas)

5) Silvia e Marcos – IES do Camiño (Palas de Rei)

6) Carmen e Nahiara – IES Saturnino Montojo (Ferrol)

7) Paula e Candela – IES Saturnino Montojo (Ferrol)

8) Pablo e Lorenzo – IES Ramón Aller (Lalín)

9) Cecilia e Ainara – IES de Sanxenxo

10) Sabela e Laura – IES Saturnino Montojo (Ferrol)

 

O encontro será totalmente gratuíto para os participantes seleccionados (actividades, manutención e desprazamento).

 

Trátase de formar aos/as correspondentes como transmisores de información a outras persoas mozas no que respecta aos albergues xuvenís e as súas posibilidades, carné de alberguista, REAJ… e así promocionar o alberguismo entre a xuventude de distintas comunidades autónomas a través de actuacións conxuntas entre diferentes mozos e mozas, a aprendizaxe mutua e o intercambio de experiencias.

 

Máis información

O autor do cartel é David Seoane Fernández quen foi Correspondente Xuvenil durante varios cursos

Obxectivo:  coñecer o modelo Europass de Curriculum Vitae e como organizar a información de xeito sinxelo e eficaz en función das experiencias formativas e/ou profesionais de cada persoa.

Destinatarios:  mocidade entre 18 e 30 anos.

Contidos.

1. Que é Europass e o Curriculum Vitae por competencias.

2. Definir o perfil profesional.

3. Coñecer e identificar competencias.

Duración:  4 horas.

Data: Xoves 21 de marzo

Lugar:  Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela

Horario:  de 16:00 a 20:00 horas.

Prazas:  15

Prazo de inscrición:  finaliza o 21 de marzo.

Inscrición na web xuventude.net utilizando o seguinte formulario:   FORMULARIO DE INSCRICIÓN