A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social promove o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos a través da organización do primeiro torneo a nivel autonómico do coñecido xogo LOL (League of Legends).
Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que terá lugar nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación de mozos e mozas da zona e da contorna próxima.
Antes do inicio de cada unha das competicións organizarase unha dinámica formativa centrada no coñecemento e uso responsable dos videoxogos. Posteriormente dará comezo o encontro, cuxo número de equipos (un total de 32) dependerá da poboación do concello onde se sitúa cada Espazo Xove. Deste xeito, nos concellos con máis habitantes poderán participar ata un máximo de catro equipos, mentres que nos de menos poboación a competición será entre dous equipos. Cada equipo estará conformado por cinco mozos/as, dos cales unha persoa actuará como capitán.
A distribución de equipos por Espazo Xove queda como segue:
No caso dos Espazos Xoves con varios equipos, os enfrontamentos serán determinados o propio día do evento de xeito aleatorio, polo que é necesario estar presentes durante o sorteo. De non haber equipos suficientes, aquel grupo que non teña rival clasificarase automaticamente para a seguinte fase (isto é, oitavos de final).
FASE FINAL
Tras esta fase inicial, os 16 equipos clasificados participarán nunha fase final, cuxa data e lugar concreto de celebración será determinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado segundo os requisitos técnicos necesarios. En todo caso, esta última fase terá lugar en fin de semana e os gastos de manutención e aloxamento correrán a cargo da Dirección Xeral. O primeiro día disputaranse os oitavos de final, mentres o segundo día será a quenda dos cuartos, semifinais e a gran final.
Todas as rondas eliminatorias serán a partido único agás a gran final, que será ao mellor de tres partidas.
Obxectivos do programa
Destinatarios
Neste programa poderán participar mozos e mozas de entre 18 a 30 anos, ambos inclusive, que se organizarán en equipos de 5 persoas, ata un máximo de 32 equipos.
Como inscribirse
As inscricións, que se poderán rexistrar ata tres días antes do inicio da competición en cada Espazo Xove, realizaranse a través do formulario correspondente na web xuventude.net. A persoa que actúe como capitán do equipo deberá cubrir este formulario, achegando os DNI correspondentes dos demais membros do seu equipo.
A maiores dos cinco membros de cada equipo, poderanse rexistrar outros cinco suplentes.
A admisión dos equipos para poder participar nesta competición realizarase por estrita orde de inscrición a partir do día 21 de setembro ás 16.00 horas.
Se algún Espazo Xove non conta cos equipos suficientes poderáselle ofertar, a un equipo que quedase fóra, a posibilidade de ser seleccionado para outro espazo, de acordo coa orde de inscrición.
Calendario do torneo
ESPAZO XOVE | DATA DA COMPETICIÓN |
LALIN | 4 de outubro. De 16 a 21 horas |
NOIA | 5 de outubro. De 10 a 15 horas. |
VILALBA | 18 de outubro. De 16 a 21 horas |
VILAGARCÍA | 19 de outubro. De 10 a 15 horas |
PONTEDEUME | 8 de novembro. De 16 a 21 horas |
CHANTADA | 9 de novembro. De 10 a 15 horas |
VIVEIRO | 15 de novembro. De 16 a 21 horas |
BETANZOS | 16 de novembro. De 10 a 15 horas |
OURENSE | 22 de novembro . De 16 a 21 horas |
CARBALLO | 23 de novembro. De 10 a 15 horas |
TUI | 29 de novembro. De 16 a 21 horas |
CURTIS | 30 de novembro. De 10 a 15 horas |
Final | 2 días en decembro pendentes de determinar |
Normas de desenvolvemento do programa
Premios
Cada membro do equipo gañador será obsequiado/a cunha tarxeta de Riot Points (valorada en 100 euros) a través da que se poderán adquirir diversos elementos dentro do xogo, ou con outra tarxeta regalo a determinar pola organización.
Os membros do equipo que quede en segunda posición recibirán material de promoción da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Observacións
A organización da competición pon a disposición de todos os participantes o material básico necesario (PC, teclado e rato) para a competición. Outro tipo de accesorios, tales como os casos, correrán por conta do participante.
Na fase final, aboarase o desprazamento dos finalistas.
Así mesmo, todas as competicións serán abertas ao público, que poderá velas en directo, a través dun proxector, nunha sala contigua en cada Espazo Xove.
Que é “Xuventur”?
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha unha nova edición do programa “Xuventur”·
Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.
Ofrécense distintas alternativas de participación nos meses de outubro e novembro, cunha oferta total próxima ás 600 prazas.
QUEN PODE PARTICIPAR?
“Xuventur” está dirixido á xente nova empadroada en Galicia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais da nosa Comunidade Autónoma.
OBXECTIVOS
O PROGRAMA, QUE É GRATUÍTO, INCLÚE:
Consulta aquí toda a información
+ FORMULARIO DE INSCRICIÓN Neste momento só está activado o formulario para participar no programa 5: Camiños naturais, camiños Vitais (Carnota)
NO DOG do 20 de setembro de 2019 publícase a relación definitiva de persoas colaboradoras bolseiras admitidos/as e lista de espera no centro residencial xuvenil LUG para o curso académico 2019/20.
A Federación de Libreiros de Galicia adhirese ao programa Carné Xove ofrecendo un desconto do 5% en libros e do 10% en material escolar aos usuarios e usuarias do carné xove.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca unhas sesións de coaching a desenvolver nos espazos emprende incluídos no proxecto Lidera co obxectivo de apoiar á xuventude no seu itinerario persoal e profesional coa formación en habilidades transversais que melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento.
OBXECTIVOS
- Apoio á orientación vocacional e o recoñecemento de habilidades e competencias profesionais.
- Mellora da autoestima na procura de emprego. Identificación e adestramento de habilidades emocionais.
- Identificación de tipos de condutas e habilidades sociais, básicas e avanzadas como a empatía, asertividade e a resolución de conflitos.
- Apoio na organización e planificación de metas profesionais.
- Axuda na confección do currículum vitae e a carta de presentación. Coñecementos sobre os procesos de selección e os tipos de entrevistas (individuais e grupais).
- Análise da procura de emprego a través de internet: a imaxe persoal nas redes sociais e nos portais e redes sociais de emprego e emprendemento.
- Formar en habilidades transversais.
- Mellora das oportunidades de emprego e emprendemento dos mozos e mozas.
DESTINATARIOS/AS
Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
LUGAR DE REALIZACIÓN
DATA | HORARIO | LUGAR DE REALIZACIÓN | ENDEREZO |
25/09/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Chantada |
R/ Rosalía de Castro, 1 27500 Chantada Lugo |
27/09/2019 * Esta actividade foi cancelada |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Lalín |
R/ Pena Toares, 2 36500 Lalín Pontevedra |
01/10/2019 |
16.30 -18.30 h |
Espazo Xove de Pontedeume |
R/ Alameda de Raxoi, s/n 15600 Pontedeume A Coruña |
04/10/2019 |
18:00 – 20:00 h |
Espazo Xove de Vilagarcía |
R/ Xoan Carlos I 36600 Vilagarcía de Arousa Pontevedra |
09/10/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Carballo |
R/ Valle Inclán, 24 15100 Carballo A Coruña |
16/10/2019 |
18:00 – 20:00 h |
Espazo Xove de Ourense |
R/ Celso Emilio Ferreiro, 27 32004 Ourense Ourense |
17/10/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Curtis |
Estrada Estación, s/n 15310 Curtis A Coruña |
23/10/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Betanzos |
R/ Valdoncel, 7 15300 Betanzos A Coruña |
25/10/2019 |
17:30 a 19:30 h |
Espazo Xove de Vilalba |
R/ Novo Cazón, s/n 27800 Vilalba Lugo |
28/10/2019 |
16:30 – 18:30 h |
Espazo Xove de Viveiro |
Avda Ceravntes, s/n 27850 Viveiro Lugo |
30/10/2019 |
17:00 – 19:00 h |
Espazo Xove de Noia |
R/ Pedra Santaña, s/n 15200 Noia A Coruña |
06/11/2019 | 17:00 - 19:00 h | Espazo Xove de Lalín |
R/ Pena Toares, 2 36500 Lalín Pontevedra |
08/11/2019 |
18:00 – 20:00 h |
Espazo Xove de Tui |
R/ Sanz, 28 36700 Tui Pontevedra |
PRAZAS POR ESPAZO XOVE
Un mínimo de 4 un máximo de 15 persoas.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 4 de setembro ás 12:00 horas do día anterior hábil á realización da xornada.
INSCRICIÓN
Mediante o envío de formulario electrónico.
ADMISIÓN
Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada Espazo Xove. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.
PROXECTO LIDERA
Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), un proxecto que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).
Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.
Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO - LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental.
O proxecto LIFE Evergreen with volunteer- LEWO é un proxecto do Corpo Europeo de Solidariedade que está cofinanciado pola Unión Europea, a través da Dirección Xeral de Medioambiente, ao abeiro do programa LIFE ESC e a Xunta de Galicia por medio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
O principal obxectivo do proxecto é sensibilizar e fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia, así como preservar e potenciar estas zonas coa contribución dos mozos e mozas voluntarias.
Ao abeiro deste proxecto desenvólvense actividades de tres tipos: preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización.
Requisitos para participar:
-Ter entre 18 e 30 anos
- Residir en Galicia
- Estar rexistrado/a no Corpo Europeo de Solidariedade; se non o estás, podes facelo aquí de xeito sinxelo: https://europa.eu/youth/solidarity_es
- Cumprimentar o formulario de participación da zona ou zonas de interese.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica no DOG do 31 de xullo de 2019 a resolución de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica no DOG do 19 de xullo a listaxe definitiva do procedemento BS324B de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica no DOG do 16 de xullo de 2019 a primeira adxudicación, en fase de resultas, do uso de instalacións xuvenís en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica DOG do 16 de xullo de 2019 a resolución definitiva de concesión de subvencións destinada ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos (procedemento BS324C)
DOG do 16 de xullo de 2019