En portada (1129)

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, clausurou a xornada A información na prevención de condutas adictivas celebrada o 17 de abril no Museo Pedagóxico de Galicia con motivo da conmemoración do Día europeo da información xuvenil. Esta efeméride reivindica a importancia de acompañar aos mozos e mozas no seu camiño cara á emancipación e o seu pleno desenvolvemento como cidadáns.

A xornada tivo como obxectivo concienciar ás persoas que traballan coa mocidade sobre a importancia da información para a prevención do consumo de alcol e drogas na xuventude.
A titular do departamento autonómico, destacou que estamos a vivir un momento no que o consumo destas substancias está aumentando entre a mocidade, segundo os últimos estudos, polo que considera importante que desde a Administración autonómica se aborde este tema desde unha perspectiva multidisciplinar.

A directora xeral indicou que a información e a prevención son indispensables para concienciar aos mozos e mozas do problema do consumo de substancias aditivas.
Por este motivo destacou a importancia desta xornada á que acudiron máis de 100 técnicos/as de información xuvenil e na que participaron profesores universitarios, o departamento de participación cidadá da Policía Nacional e mozos e mozas que deron a súa visión sobre esta problemática, unida tamén as novas tecnoloxías da información.

Deste xeito, entre as mesas redondas destacan a do Botellón, selfies e WhatsApps. Claves e desafíos para informar, formar e educar no novo contexto dixital a cargo dos profesores Antonio Rial Boubeta da Universidade de Santiago de Compostela e Manuel Isorna, profesor da Universidade de Vigo.

O relatorio Alcol e drogas desde o ámbito penal correu a cargo de Raquel Pagola Quintana e José González Pértega, do Departamento de Participación Cidadá da Policía Nacional.
Para rematar Rocío Martínez, Nerea Pousa, Laura Martínez, Xacobe Barreiro e Nazaret Carril correspondentes xuvenís do IES Rosalía de Castro, deron a súa visión sobre o incremento do consumo de tabaco, alcol e drogas.

xornadadiaeuropeo22

A directora xeral agradeceu a todos e a todas relatores e participantes a súa asistencia e a colaboración na búsqueda dunha solución a esta problemática, para que a través da información e difusión se poidan baixar as taxas actuais de consumo.

Rede galega de información xuvenil

A información xuvenil é considerada unha actividade de procura, tratamento e difusión da información xunto co asesoramento e orientación prestados á mocidade nos Servizos de información xuvenil, que ten como obxecto poñer a disposición da mocidade os elementos necesarios para unha mellor toma de decisións no exercicio da súa liberdade e autonomía e que fagan posible unha plena integración na sociedade.

Galicia conta desde 1994 con unha Rede de información xuvenil configurada como un servizo público de carácter gratuíto e de estrutura territorial que articula e coordina as iniciativas promovidas tanto por organismos públicos como por entidades privadas sen ánimo de lucro.

Entre os seus obxectivos atópanse os de garantir a difusión da información xuvenil de maneira ampla e actualizada en todo o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e promover a máxima difusión de información sobre aqueles aspectos que afectan a mocidade.

A Rede galega está presente na maioría dos concellos galegos, chegando a practicamente todos os mozos e mozas, xa que conta con 248 oficinas locais de información xuvenil (OMIX), 12 Espazos Xove da Rede Galega de Centros de Xuventude dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 50 Puntos de información xuvenil dependentes das asociacións e entidades prestadoras de servizos á xuventude e máis de 600 correspondentes xuvenís.

A Xunta de Galicia transformará os actuais Centros Xove ou Casas da Xuventude en Espazos Emprende para que a mocidade poida crear e desenvolver iniciativas innovadoras e emprendedoras en instalacións adecuadas. Como novidade, os usuarios terán acceso a asesoramento formativo, empresarial e persoal para encamiñar os seus proxectos. A iniciativa, enmarcada no programa Lidera, foi presentada no Espazo Xove de Ourense pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.

A responsable do departamento autonómico destacou que o fin destes novos espazos públicos de coworking, dinámicos e polivalentes, é tecer unha rede de apoio á empregabilidade da poboación xuvenil impulsando o espírito empresarial, é dicir, axudando aos mozos e mozas a xerar actividades profesionais e laborais na proximidade do seu ámbito territorial e que non o fagan sós. Nos momentos iniciais da súa idea de negocio poderán mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos mediante a realización de actividades de titorización e asesoramento individualizado, formación personalizada e coaching persoal.

Cecilia Vázquez sostivo que con esta iniciativa pioneira “o Goberno galego quere facilitar a adaptación e a colocación de 500 rapaces e rapazas que non estean no mercado de traballo ou ben novos parados, a través da realización de actividades cara a unha procura activa de emprego, de mellora da súa empregabilidade e á posta en valor das súas inquietudes persoais”.

As titorías personalizadas incluirán acompañamento en autoemprego, cooperativismo, asesoramento en aspectos legais relativos á constitución de empresas, acceso a financiamento e mercadotecnia, entre outros. Ademais, activaranse protocolos de intervención, seguimento e avaliación do proxecto, así como o seguimento de indicadores de resultados. Tamén se desenvolverá formación personalizada, incluída a on-line e coaching individual. Para o desenvolvemento destas actividades o prazo de inscrición abrirase en abril.

Cecilia Vázquez destacou que este acompañamento intentará adaptarse ao máximo posible á situación personalizada dos mozos e mozas, tanto naqueles casos que se encontren en situación de transición laboral para axudarlles a aclarar os seus obxectivos profesionais e a descubrir oportunidades e perspectivas laborais; como aqueles que se encontren nun proceso de emprendemento máis maduro, cunha iniciativa máis elaborada ou mesmo en marcha.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou o novo Espazo Emprende –antes Espazo Xove- de Lalín onde os mozos e mozas poderán impulsar os seus proxectos de emprendemento a través do coworking. Nestas instalacións, os usuarios disporán tanto de medios como de asesoramento personalizado e formación para a posta en marcha dos seus negocios e ideas.

Vázquez destacou a importancia deste espazo para converter á mocidade en motor da dinamización económica de Lalín e a súa contorna. “Existe un firme compromiso do Goberno galego cos novos emprendedores, que non son só o noso capital de futuro senón tamén de presente”, afirmou. “Por iso, esta iniciativa vai encamiñada a darlles un espazo onde desenvolver os seus proxectos pero tamén onde atopar unha serie de apoios que van desde o asesoramento para a constitución de empresas, acceso a financiamento e mercadotecnia ata accións formativas, de titorización e asesoramento individualizado e formación e coaching persoal”, engadiu a directora xeral.

Os mozos e mozas que se animen a utilizar o Espazo Emprende terán a oportunidade de impulsar e potenciar a viabilidade das súas ideas de negocio desde un primeiro momento, aínda que as accións continuadas de acompañamento que se desenvolverán lles permitirán continuar cunha dinámica de crecemento e mellora. O prazo para que se inscriban nesta iniciativa ábrese este mes.

Ademais, ao longo do ano organizaranse encontros sectoriais para crear unha dinámica de diálogo e coñecemento entre a xuventude e os axentes económicos do territorio, en Galicia pero tamén no norte de Portugal. Así mesmo, estas relacións estableceranse coas empresas galegas e lusas co fin de reforzar o achegamento dos emprendedores novos á realidade do seus tecidos empresariais e que poidan valorizar os seus recursos e potencialidades.

Xunto co centro de Lalín, Galicia contará cunha rede de Espazos Emprendedores, emprazados en Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Chantada, Vilalba, Viveiro, Lalín, Tui e Vilagarcía de Arousa, aínda que esta rede alcanzará tamén o norte de Portugal a través da Oficina transfronteiriza de información xuvenil Galicia – Norte de Portugal sita en Verín e os centros de atención cos que conta o Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude e a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesas en Minho- Lima, Cádavo, Ave, Grande Porto, Támega e Alto Tras os Montes.

Os Espazos Emprende enmárcanse no proxecto LIDERA, Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo (acrónimo LIDERA), que forma parte da actividade Crece para impulsar o traballo xuvenil en rede. Este proxecto foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Fagamos Melodía

Mar 26, 2018

Fagamos melodía, de Aitana Iglesias, foi o 2º premio da categoría B de LinguaDeNamorar.

"Róubaslle a Freddie o poder de reinar. Déixate de Rolling, o teu swing faime rabiar. Non preciso a ACDC, ti xa es a miña star. Se es Quinta Sinfonía, pelexo con Beethoven por te tocar. Fagamos melodía, non deixemos de soar. Porque a vida, sen ti, é un Sinistro Total."

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, 21 de marzo, DOWN ESPAÑA pon en marcha unha campaña  viral para dar visibilidade ás persoas con síndrome de Down, que pretende que a sociedade se achegue máis á maneira de ser, pensar e sentir deste colectivo.

Para dar difusión á campaña, ademais dos anuncios que se emitirán en televisións nacionais, locais e autonómicas de toda España e do vídeo da campaña, DOWN ESPAÑA puxo en marcha unha acción en redes sociais coa que pretende alagar as redes de mensaxes de apoio para as persoas con síndrome de Down.

 

down

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para iso, creou os adhesivos ‘Son auténtico’ e ‘Son auténtica’ para que todas as persoas que queiran sumarse á campaña, imprímanas, péguenas na lapela, fáganse un selfie (ou se graven un vídeo) explicando por que cren que as persoas con síndrome de Down son auténticas e compártano nas súas redes co hashtag #Auténticos

Video: https://www.youtube.com/watch?v=kb8mJ0r8Guk

Pegatinas:  http://www.sindromedown.net/noticia/descargate-la-pegatina-autenticos-y-unete-a-down-espana-en-las-redes-sociales/

Infinito

Mar 13, 2018

"Infinito", de Teresa Pérez, 1º premio da categoría B de LinguaDeNamorar.

"Somos a colisión
das liñas de fuga;
a converxencia
das variables ti e eu
na constante nós".

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, Líderes de futuro - Programa de Liderado e Innovación Social. Os obxectivosdeste programa son:

  • Desenvolver as competencias clave dos mozos e mozas participantes, facilitando as ferramentasconceptuais e practicas necesarias para enfrontarse con éxito a proxectos innovadores nos ámbitos profesional, académico e social.
  • Construir unha rede que favoreza a colaboración en proxectos de impacto social positivo entre entidades xuvenís e de acción voluntaria e mozos e mozas a título individual.

 

Dossier informativo do programa.

Formulario de inscripción.

 

Destinatarios/as:mozos e mozas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos no momento de realizar a inscripción no programa.

Número de prazas: 50.

Prazo de inscripción:do 10 ao 31 de marzo.

Lugar de celebración: Albergue Xuvenil de Gandarío. Cornida, 20 (15167) Bergondo (A Coruña)

Datas de celebración:6, 7 e 8 de abril, 4, 5 e 6 de maio, 8, 9 e 10 xuño e 7, 8 e 9 de septembro.

Contidos do programa.

Módulo 1: Participación e empoderamentoxuvenil.

Módulo 2: Emprendemeto e novos modelos de negocio.

Módulo 3: Innovación e emprendemento social.

Módulo 4: Liderado: carácteristicas e competencias.

Horario: do venresás 18:00 horas ao domingo ás 17:00 horas.

Criterios de selección: as prazascubriranse por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a suatotalidade. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da
suapraza. Unha vez finalizado o prazo de inscripción, de non recibir comunicación antes do día 2 de abrilás 15:00 horas entenderase que non obtivopraza.

Cobertura:A actividadeinclúe manutención e aloxamento en habitación de uso múltiple. O/a participante deberá achegar os tútiles de aseo persoal e unha toalla.

O transporte ata o lugar de realización da actividade correrá a cargo do/a interesado/a.

 

O autor do cartel é David Seoane Fernández quen foi Correspondente Xuvenil durante varios cursos

 A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o II Encontro de Albergues Xuvenís de Galicia, un encontro aberto a todos os albergues xuvenís existentes en Galicia, coa finalidade de dar a coñecer os beneficios derivados de pertencer á REAJ (Rede Española de Albergues Xuvenís) e de conversar e recoller propostas acerca do futuro do alberguismo xuvenil galego.

Neste encontro vaise contar coa presenza de Cecilia Vázquez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e de Sergio Montoya (xerente da REAJ).

Data: 13 de marzo de 2018

Lugar: Albergue Xuvenil Lug2. Rúa Pintor Corredoira, 4. Lugo

Programa:

  • 12:30 Recepción de participantes.

  • 13:00 Presentación do encontro.

  • 13:30 Premio Internacional de Sostenibilidade.

  • 14:00 Visita ao Coworking Lug2.

  • 14:30 LUNCH

  • 16:00 Traballo en Rede: Rede de Albergues Xuvenís de Galicia:

      • Introdución

      • Nova lexislación: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

      • Conveniencia do traballo en rede en Galicia.

      • Posibles ferramentas para un futuro do alberguismo xuvenil galego: propostas.

  • 17:00 REAJ. O traballo en rede nacional e internacional.

  • 18:00 Rogos e preguntas

  • 18:30 Fin do encontro

Calquera persoa interesada en asistir en representación dun albergue (forme parte ou non da Rede de Albergues Xuvenís de Galicia e da REAJ) deberá inscribirse enchendo o seguinte formulario. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 12 de marzo ás 14:00 horas.