Fagamos melodía, de Aitana Iglesias, foi o 2º premio da categoría B de LinguaDeNamorar.
"Róubaslle a Freddie o poder de reinar. Déixate de Rolling, o teu swing faime rabiar. Non preciso a ACDC, ti xa es a miña star. Se es Quinta Sinfonía, pelexo con Beethoven por te tocar. Fagamos melodía, non deixemos de soar. Porque a vida, sen ti, é un Sinistro Total."
Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, 21 de marzo, DOWN ESPAÑA pon en marcha unha campaña viral para dar visibilidade ás persoas con síndrome de Down, que pretende que a sociedade se achegue máis á maneira de ser, pensar e sentir deste colectivo.
Para dar difusión á campaña, ademais dos anuncios que se emitirán en televisións nacionais, locais e autonómicas de toda España e do vídeo da campaña, DOWN ESPAÑA puxo en marcha unha acción en redes sociais coa que pretende alagar as redes de mensaxes de apoio para as persoas con síndrome de Down.
Para iso, creou os adhesivos ‘Son auténtico’ e ‘Son auténtica’ para que todas as persoas que queiran sumarse á campaña, imprímanas, péguenas na lapela, fáganse un selfie (ou se graven un vídeo) explicando por que cren que as persoas con síndrome de Down son auténticas e compártano nas súas redes co hashtag #Auténticos
"Infinito", de Teresa Pérez, 1º premio da categoría B de LinguaDeNamorar.
"Somos a colisión
das liñas de fuga;
a converxencia
das variables ti e eu
na constante nós".
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, Líderes de futuro - Programa de Liderado e Innovación Social. Os obxectivosdeste programa son:
Dossier informativo do programa.
Destinatarios/as:mozos e mozas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos no momento de realizar a inscripción no programa.
Número de prazas: 50.
Prazo de inscripción:do 10 ao 31 de marzo.
Lugar de celebración: Albergue Xuvenil de Gandarío. Cornida, 20 (15167) Bergondo (A Coruña)
Datas de celebración:6, 7 e 8 de abril, 4, 5 e 6 de maio, 8, 9 e 10 xuño e 7, 8 e 9 de septembro.
Contidos do programa.
Módulo 1: Participación e empoderamentoxuvenil.
Módulo 2: Emprendemeto e novos modelos de negocio.
Módulo 3: Innovación e emprendemento social.
Módulo 4: Liderado: carácteristicas e competencias.
Horario: do venresás 18:00 horas ao domingo ás 17:00 horas.
Criterios de selección: as prazascubriranse por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a suatotalidade. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da suapraza. Unha vez finalizado o prazo de inscripción, de non recibir comunicación antes do día 2 de abrilás 15:00 horas entenderase que non obtivopraza.
Cobertura:A actividadeinclúe manutención e aloxamento en habitación de uso múltiple. O/a participante deberá achegar os tútiles de aseo persoal e unha toalla.
O transporte ata o lugar de realización da actividade correrá a cargo do/a interesado/a.
O autor do cartel é David Seoane Fernández quen foi Correspondente Xuvenil durante varios cursos
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o II Encontro de Albergues Xuvenís de Galicia, un encontro aberto a todos os albergues xuvenís existentes en Galicia, coa finalidade de dar a coñecer os beneficios derivados de pertencer á REAJ (Rede Española de Albergues Xuvenís) e de conversar e recoller propostas acerca do futuro do alberguismo xuvenil galego.
Neste encontro vaise contar coa presenza de Cecilia Vázquez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e de Sergio Montoya (xerente da REAJ).
Data: 13 de marzo de 2018
Lugar: Albergue Xuvenil Lug2. Rúa Pintor Corredoira, 4. Lugo
Programa:
12:30 Recepción de participantes.
13:00 Presentación do encontro.
13:30 Premio Internacional de Sostenibilidade.
14:00 Visita ao Coworking Lug2.
14:30 LUNCH
16:00 Traballo en Rede: Rede de Albergues Xuvenís de Galicia:
Introdución
Nova lexislación: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Conveniencia do traballo en rede en Galicia.
Posibles ferramentas para un futuro do alberguismo xuvenil galego: propostas.
17:00 REAJ. O traballo en rede nacional e internacional.
18:00 Rogos e preguntas
18:30 Fin do encontro
Calquera persoa interesada en asistir en representación dun albergue (forme parte ou non da Rede de Albergues Xuvenís de Galicia e da REAJ) deberá inscribirse enchendo o seguinte formulario. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 12 de marzo ás 14:00 horas.
"Tes lume?, preguntei.
El tendeume un chisqueiro.
Eu ante a súa mirada comecei
por dentro a arder.
Creo que nunca chegamos a falar no mesmo sentido"
"Tes lume?", de Ania Ferreira, 2º premio da categoría A do LinguaDeNamorar
"Amarte hei, Carolina, como o lagarto á saia, coma as ferreñas á pandeireta e coma as cunchas ás panxoliñas; para fundírmonos xuntos nun aturuxo indecente dunha tenra foliada."
Muiñeira, de Nee Barros, 1º premio da categoría A do LinguaDeNamorar 2018
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).
No medio rural tamén se erixen hoxe novas oportunidades e recursos susceptibles de seren valorizados, tanto para a creación de novas empresas coma para empregos que aporten valor engadido ás xa existentes. Para isto, é preciso por a disposición da xente moza mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades, impulsando os seus proxectos de inserción sociolaboral e converter deste xeito á xuventude no maior activo para o desenvolvemento local.
Obxectivos. Os obxectivos específicos do proxecto son:
1. Axudar aos mozos/as a coñecer e valorizar máis e mellor o territorio rural e descubrir as oportunidades que este lles ofrece no eido profesional e social.
2. Impulsar a aprendizaxe pola práctica, aplicando a metodoloxía da alternancia e a colaboración co tecido empresarial.
3. Prestar apoio e seguimento individualizado e/ou grupal aos proxectos de emprego/ empresa ou de carácter social xerados, garantindo a súa consolidación no territorio.
4. Fomentar a introdución da innovación no marco dos itinerarios de inserción sociolaboral, baseada fundamentalmente na aplicación das TIC na xestión empresarial, comercial e social.
5. Promover a autonomía e o empoderamento da xuventude no rural, como actores sociais dos seus territorios para favorecer a súa promoción persoal e social, así coma a súa incorporación a redes de partenariado no territorio.
Destinatarios/as: mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.
Número de prazas: 60.
Duración: de marzo a outubro de 2018.
Prazo de inscrición: do 26 de febreiro ao 12 de marzo de 2018.
Inscricións: mediante o envío do formulario electrónico que figura ao final desta convocatoria.
Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.
Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.
Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.
Actividades:
1. Safari de emprego no territorios.
Duración: 3 meses (abril-xuño 2018). 12 sesións.
Sesións de 1 día a semana (3/4 h), onde se analizarán casos prácticos de éxito, traballarase iniciativas emprendedoras, participarán emprendedores presentando as súas experiencias, profesionais dos sectores de interese, realizaranse visitas técnicas a empresas de referencia.
Esta actividade constará de 2 partes :
Sesións teóricas de traballo co grupo nos centros de impartición da actividade: Espazos Xove de Curtis e Carballo, podendo adaptarse segundo a procedencia dos participantes
Sesións prácticas grupais e individuais : saídas ao territorio, visitas, dinámicas grupais.
Fases do Safari:
1. Exploración (8 sesións): sesións de traballo en grupo, para elaborar un guión/base de traballo analizando as potencialidades, recursos e necesidades do territorio. Nesta fase, os participantes, acompañados polos técnicos responsables, definirán as rutas a explorar e analizarán os sectores máis proclives a crear emprego na zona de incidencia.
2. Descubrimento (4 sesións): sesións de traballo de campo, guiadas polo persoal técnico, para realizar as accións / tarefas de exploración das rutas definidas na fase anterior:
- Entrevistas a profesionais, emprendedores, axentes do territorio.
- Investigación de mercado, análise dos recursos da contorna.
- Exploración do sector de interese para cada participante (situación actual, empresas existentes, necesidades, ...)
2. Formación para a inserción – grupo
Duración: 2 meses (maio-xuño 2018) – adaptada ás necesidades dos participantes (ata un máximo de 24 sesións).
Trátase de formación básica adaptada ás necesidades do grupo, en eidos nos que se amosen certas necesidades, como poden ser a comunicación, innovación, TIC, normativa, etc, que son hoxe fundamentais para a inserción laboral.
Poderá estar organizada en sesións máis continuas, dúas ou tres veces por semana, para favorecer a adquisición de coñecementos polos participantes (farase en función da demanda ata un máximo de 24 sesións).
As sesións, impartidas por profesionais/docentes expertos, basearanse na metodoloxía do “learning by doing”, aprendizaxe pola práctica, nas cales, os participantes poderán participar activamente no desenvolvemento das mesmas ( supostos prácticos, dinámicas,..).
Inclúe:
- Formación básica sobre a xestión da actividade comercial e empresarial.
- Formación específica, á demanda dos participantes: loxística, comunicación, xestión empresarial, busca activa de emprego...
3. Formación na empresa – individual:
Sesións de estadías profesionais en empresas do sector de interese de cada participante, fomentando a aprendizaxe pola práctica e o contacto continuo coa realidade empresarial. Poderán participar aqueles mozos/as que a demanden ou precisen.
Poderanse realizar estadías dentro do período de tempo comprendido entre os meses de maio a setembro de 2018.
Duración das estadías:
Mínimo : 60 h de prácticas (2 semanas)
Máximo 240 h de prácticas (6 semanas)
A xornada de prácticas terá unha duración máxima de 7 horas.
Os participantes contarán cun seguro de R.C. e de accidentes.
As estadías de formación nas empresas serán organizadas en función dos criterios establecidos para cada un dos participantes e segundo as necesidades das empresas de cara a posibles contratacións . Para levar a cabo as estadías, asinaranse convenios cas empresas de acollida nos que se reflecta a duración, as actividades que realizará o mozo/a, os horarios e se establecerá unha persoa responsable da empresa para o seu seguimento e avaliación .
4. Titorización e seguimento individual
Comezarán a partir do mes de maio de 2018 e desenvolveranse durante toda a execución do proxecto (outubro) , ao longo das diferentes fases terán lugar reunións do equipo técnico con cada participante para o seguimento do seu itinerario de inserción e a articulación de medidas adaptadas a cada caso.
5. Captura de proxectos
Duración: 1 mes – último mes do proxecto (outubro 2018)
Trátase da fase de conclusións, os mozos e mozas terán de xeito individual:
Acadada experiencia laboral nos sectores de interese.
Identificados nichos de emprego no territorio.
Elaborado un plan de mellora da súa empregabilidade.
Definidas as oportunidades/proxectos para emprender.
Identificadas as necesidades de formación que precisen.
Máis información: roteiros.ctb@xunta.gal