En portada (1167)

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Asociación Empresarial de Viseu apostan polas profesionais artesanais en risco de desaparecer

O programa ‘Xuventude Emprendedora en Europa (JE-EU)’ permitirá aos novos emprendedores atopar asesoramento para garantir a viabilidade da empresa que queira poñerse en marcha

O obxectivo é proporcionar as ferramentas necesarias a todos os mozos e mozas interesados en recibir en transferencia empresas xa creadas

O prazo de inscrición para presentar os proxectos ábrese mañá

A Consellería de Traballo e Benestar participará no proxecto ‘Xuventude Emprendedora en Europa (JE-EU)’ que ten como obxectivo promover entre a mocidade galega e portuguesa os oficios tradicionais e artesanais en risco de desaparecer por non atopar novos profesionais que consideren atractiva a súa continuidade como empresarios destes sectores. Así, mañá abrirase o prazo de inscrición para aqueles mozas e mozos que estean interesados en poñer en marcha as iniciativas para crear ou transferir unha idea empresarial.

Este programa, un proxecto conxunto entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Asociación Empresarial de Viseu, en Portugal, permitirá aos novos emprendedores atopar asesoramento en todos os trámites e pasos necesarios, tanto a nivel organizativo como de transferencia, para alcanzar un nivel óptimo de asentamento e viabilidade da empresa do seu interese.

A iniciativa está financiada pola Comisión Europea, a través do Programa de Aprendizaxe Permanente Leonardo da Vinci de Transferencia de Innovación e o seu obxectivo principal é proporcionar as ferramentas necesarias a todos os mozos e mozas interesados en recibir en transferencia empresas xa creadas. Unha iniciativa similar xa se realizou nas rexións de Lombardía e Toscana, en Italia, cun notable éxito de participación.

Unha vez que se teña a relación de participantes, haberá xornadas formativas para todos os proxectos e, cando se analice cada proposta, organizarase a posta en funcionamento e o programa de seguimento de cada actividade empresarial concreta.

En ‘Xuventude Emprendedora en Europa (JE-EU)’ tamén participan como colaboradores a Institución do distrito industrial da provincia de Arezzo, a Asociación Integra da Coruña e a consultoría Globaladamastor de Viseu. Toda información complementaria así como o formulario de inscrición e requisitos estará publicada na páxina www.xuventude.net, no apartado de programas europeos dentro do espazo dedicado a proxectos de Transferencia e Innovación.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, desprazouse hoxe ata a área recreativa de Cabanas para participar nesta actividade, organizada pola asociación ASDE-Scouts de Galicia polo seu centenario

O novo modelo de participación xuvenil “Iniciativa Xove” permite desde 2009 optar a axudas tanto a asociacións constituídas, como a grupos informais de mozos e mozas

Desde hai dous anos, o número de proxectos que se desenvolveron ao abeiro deste programa pasaron de 39 a 124

Máis de 200 scouts de Galicia recuperan hoxe o entorno natural do Lugar de Interese Comunitario do encoro de Abegondo-Cecebre, unha iniciativa que se inscribe no programa “Iniciativa Xove” posto en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, desprazouse hoxe ata a área recreativa de Cabanas –unha das zonas nas que traballan os scouts- para coñecer de preto o seu labor. Esta actividade está organizada pola asociación ASDE-Scouts de Galicia con motivo do seu centenario.

Os participantes de entre 7 e 19 anos, que proveñen de distintos puntos da xeografía galega, arranxarán carteis e marcas no roteiro desde Cabanas ao pantano; limparán a maleza de sendeiros e recuperarán a área recreativa de Cabanas. Os máis pequenos encargaranse de plantar 40 exemplares de carballos e castiñeiros autóctonos na zona de Beldoña.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora nestas actuacións con financiamento a través do programa “Iniciativa Xove”. Este novo modelo de participación xuvenil abriu desde 2009 a posibilidade de participación non só a asociacións constituídas, senón tamén a grupos informais de mozos e mozas, co obxectivo de aportar máis dinamismo e favorecer a participación da mocidade.

Grazas a este pulo, nestes dous anos os proxectos de carácter autonómico desenvoltos ao abeiro deste programa pasaron de 39 a 124. Este programa financia os proxectos xuvenís no seu centro por cen, mentres non superen os 4.000 euros. Ademais, a Administración realiza anticipos automáticos de pagamento do 80 por cento do custe do proxecto, unha vez que as entidades ou grupos manifesten expresamente a aceptación da mesma, “de xeito que a falta de liquidez non sexa un impedimento para levar a cabo proxectos interesantes”.

Ademais de a esta iniciativa, Rodeiro referiuse tamén ao Servizo de voluntariado xuvenil. Trátase dunha iniciativa pioneira que se basea na creación, en paralelo, de dúas bolsas complementarias: unha de proxectos de voluntariado, e outra cos mozos e mozas que desexen incorporarse como voluntarios.

Para consolidar este proxecto, este ano triplicouse o orzamento destinado a este fin ata chegar aos 210.000 euros. Deste xeito, permitirase que máis de 1.000 mozos e mozas se incorporen a proxectos de voluntariado e realicen 60.000 xornadas de acción voluntaria.

burelaA delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, inaugurou hoxe esta mostra na que os participantes terán ocasión de coñecer a visión que sobre o mundo agrario e pesqueiro teñen destacados profesionais

Os participantes compartirán experiencias sobre como emprender, cal é o futuro do sector primario, nichos de emprego en tempos de crise ou cal é o camiño cara o éxito profesional

Esta mostra xuvenil inscríbese na xeira de nove actos pertencentes ao Programa Conecta da Dirección Xeral de Xuventude que percorrerán outros tantos concellos galegos

O encontro xuvenil ‘Terra e mar, fonte de emprendemento xuvenil’, que se está a celebrar hoxe en Burela (Lugo), organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, achegará aos mozos e mozas as posibilidades de emprendemento dos sectores agrario e pesqueiro.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, inaugurou hoxe esta mostra na que os participantes terán ocasión de coñecer a visión que sobre o mundo agrario e pesqueiro teñen destacados profesionais vinculados a ambos os dous sectores distribuídos en tres mesas de traballo.

A representante do Executivo galego na provincia de Lugo destacou que “a mocidade é un colectivo prioritario nas políticas de emprego da Xunta” e, fixo alusión a que “só en 2011, investíronse precisamente 81 millóns de euros en políticas de emprego xuvenil”.

Así mesmo, Arias expuxo tamén que, nos próximos días serán publicadas as novas liñas de axudas para emprendedores do IGAPE, que “polos beneficios do Impulsa Lugo suporán que os proxectos que se ubiquen na provincia de Lugo contarán con maiores vantaxes”.

Estas ponencias complementaranse con diversas actividades paralelas: talleres sobre emprego e emprendemento xuvenil, mostras de talento xuvenil en distintos ámbitos e saídas a lugares emblemáticos da Mariña lucense.

A primeira das mesas buscará o pulso do éxito profesional a través do liderado xuvenil da man de profesionais coma Luis Lamas, licenciado en dereito e actualmente presidente de SOGAMA; Pablo Costa, mozo arquitecto que desenvolve o seu traballo no estudio do afamado arquitecto Peter Einsemann en Nova York; o analista financeiro Carlos Corredoira; e representantes da asociación de mozos empresarios AJE.

Haberá tamén unha mesa redonda sobre as oportunidades que os mozos e mozas galegos poden atopar no sector primario. Nela participarán Antonio Basanta, licenciado en ciencias políticas e master en economía pesqueira e actualmente xefe de relación institucionais e internacionais da Consellería do Mar; José Taboada, veterinario e mozo titular da súa propia explotación láctea e representantes das empresas Quintián e Produtores rurais de Lugo vinculadas pola súa actividade ao sector lácteo.

Paralelamente ás actividades matutinas haberá talleres sobre emprego e seguridade social para mozos e mozas.

Xa pola tarde, asociacións e entidades xuvenís da comarca amosarán o resultado do seu traballo creativo en distintos ámbitos (danza, xogos de roll, música...) estas actividades complementaranse con saídas a enclaves de interese da mariña lucense.

Esta mostra enmarcase no proxecto transfronteirizo ‘Emprende’ e conta coa participación e colaboración de diferentes entidades, tanto galegas como portuguesas. Despois de recalar nos concellos de Santiago, Vila de Cruces e Ferrol; esta é a cuarta das nove mostras sobre emprendemento xuvenil que conforman o programa ‘Conecta’, que está a levar a cabo a área autonómica de xuventude.

Mario_LadoOnte, Xoves 24 de maio de 2012, tivo lugar no Centro coordinador  unha xornada baixo o título “Xornada buscando emprego con estratexia organizada pola  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O ponente Mario Lado Campelo. profesor da Universidade de Santiago de  Psicología do Traballo e das  Organizacións e con ampla experiencia en selección de persoal, presentou aspectos moi relevantes en canto a como  elaborar un curriculum, a carta de presentación e como enfrentarse a unha entrevista.

 Na xornada estaban inscritos máis de 70 mozos e mozas en busca de emprego.

 Así mesmo as mozas e mozos que asistiron a xornada van a participar nun programa de busca activa de emprego con un seguimento durante unha quincena dos dous profesionais  que levan a oficina de emancipación xuvenil.

 

 

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na I Xornada de limpeza de praia “Memorial Suso Pais”, organizada polos voluntarios do club “Os Petóns”

Esta iniciativa estenderase a outras zonas dos arredores e nela colaboran a Xunta, o concello de Muros, así como diversas asociacións e empresas privadas do contorno

Rodeiro destacou que o fomento do voluntariado corporativo é un dos obxectivos máis ambiciosos do III Plan galego de acción voluntaria 2011-2014DSC01450

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora desde hoxe na I Xornada de Limpeza de praia “Memorial Suso Pais”, que organizan os voluntarios do club de actividades subacuáticas “Os Petóns”.

O director de xuventude e voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe nesta iniciativa que ten como obxectivo retirar da praia de Area Maior e do seu contorno todo o material biodegradable e concienciar aos veciños da importancia de manter o medio ambiente libre de elementos que lle son estraños.

Durante as seguintes fins de semana, esta iniciativa estenderase tamén a outras praias da zona e ao Porto de Muros. Nestas xornadas colaboran –ademais da Consellería de Traballo e Benestar-, o concello de Muros, e as asociacións As Lobeiras, Canle e Rumial, así como empresas privadas con forte implantación na zona.

DSC01436Ao respecto da colaboración destas empresas, Rodeiro indicou que iniciativas como a de hoxe veñen a dar cumprimento a un dos obxectivos “máis ambiciosos” do III Plan galego de acción voluntaria 2011-2014, que é o fomento da acción voluntaria corporativa, implicando a empresas e aos seus traballadores en proxectos de voluntariado.

“Trátase de construír un modelo de participación onde todas as persoas, e tamén as empresas, teñan a posibilidade de facer a súa achega voluntaria co obxectivo de participar nunha sociedade máis xusta e equitativa”, resaltou Rodeiro. Deste xeito, as empresas “teñen a oportunidade de canalizar o seu potencial a través de entidades de acción voluntaria, e estas teñen máis recursos e oportunidades para desenvolver os seus proxectos”. Polo tanto o director xeral concluíu que, finalmente, destas accións os grandes beneficiados son os veciños das comunidades onde se desenvolven.DSC01447

 

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe no obradoiro celebrado na localidade coruñesa e que estivo centrado nas axudas que as administracións ofertan para a mocidade

Esta iniciativa oferta 141 cursos por toda Galicia e están dirixidos a máis de 5.000 mozos
O plan consta de 4 modalidades enfocadas a temas de especial interese para a mocidade, como son as habilidades para a busca de emprego; a participación e o asociacionismo; os recursos existentes para mozos e mozas; e a formación centrada na oratoria

Persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil impartirá os obradoiros que foron deseñados, escollidos e planificados en colaboración con técnicos municipais e responsables de Espazo Xove

Os destinatarios son menores de 30 anos, técnicos locais de emprego, animadores xuvenís, concelleiros de xuventude, asociacións, grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no eido da mocidade

O programa Activa da Consellería de Traballo e Benestar desprazouse hoxe ata Coristanco, onde un grupo de mozos e mozas participaron nun obradoiro centrado nas axudas e subvencións que as administracións teñen a súa disposición. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou na iniciativa e explicou que Activa permitirá a formación de máis de 5.000 mozos e mozas por toda Galicia en temas de especial interese para este colectivo. En concreto, ofértanse 141 cursos e obradoiros que terán lugar ata o mes de novembro.

Persoal da Rede Galega de Dinamización Xuvenil percorrerán, deste xeito, concellos e comarcas das catro provincias desenvolvendo estas xornadas que inclúen catro tipoloxías de formación que tentan abranguer cuestións transversais e de interese para a mocidade galega.

A primeira das catro modalidades, segundo explicou Rodeiro, leva por título ‘Mediación xuvenil para a participación’, que se centra na formación en competencias sobre xestión e funcionamento interno de entidades xuvenís e na difusión de elementos que potencien o asociacionismo e a participación da mocidade.

A divulgación de recursos para a mocidade galega será o tema clave da segunda tipoloxía de cursos que se levarán a cabo a través do programa ‘Activa’. Así, ‘Programas e axudas para mozos e mozas’ procurará amosar aos mozos e mozas qué oportunidades e medios teñen á súa disposición sobre temas como a vivenda, mobilidade, voluntariado, asociacionismo, emprego ou bolsas e axudas. Sobre esta temática versou hoxe o obradoiro impartido en Coristanco.

O terceiro curso que se impartirá, ‘Comunícate’, versará sobre a importancia de saber transmitir e comunicarse con eficacia. O obradoiro centrarase en descubrir as claves comunicativas fundamentais para enfrontarse con solvencia ás necesidades de cada día.

Por último, ‘Emprégate’ terá como finalidade mellorar a empregabilidade da mocidade, achegando as ferramentas axeitadas para atopar un emprego. “Pretendemos que os participantes acaden unha idea clara do mercado laboral, cáles son as oportunidades dispoñibles en momentos de crise, cómo elaborar un currículum ou enfrontarse a unha entrevista de traballo”, apuntou. Nesta iniciativa, ademais, descubrirán o programa ‘Emprende’ da Dirección Xeral de Xuventude.

Beneficiarios dos cursos
Os destinatarios destas xornadas serán os menores de 30 anos, técnicos locais de emprego, animadores e animadoras xuvenís, concelleiros e concelleiras, asociacións e grupos informais, aínda que están abertos a calquera colectivo interesado no eido da mocidade.

Para consultar as datas e lugares de realización destes obradoiros, os interesados poden consultar máis información na páxina web www.xuventude.net.

Por último, o director xeral animou á xuventude de Coristanco e da comarca de Bergantiños a unirse e asociarse para poder dispoñer de máis oportunidades de axudas a proxectos liderados por mozos e mozas. Neste sentido, Ovidio Rodeiro dixo que o asociacionismo xuvenil está revitalizándose, xa que tras anos de descenso no número de asociacións xuvenís, nos últimos tres anos (2009, 2010 e 2011) creáronse un total de 45 novas entidades en Galicia, o que supón un incremento do 60,7% con respecto ao mesmo período anterior (nos anos 2006, 2007 e 2008 só se constituíron 28 asociacións xuvenís).

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na recepción no concello de Santiago destes participantes

Os mozos e mozas proveñen de Rusia, Ucraína, Moldavia, Italia, Portugal e de España

Ao longo de 2011, máis de 2.300 persoas puideron beneficiarse dos programas de mobilidade postos en marcha pola Consellería de Traballo e Benestarhoxe

Un total de 30 mozos e mozas europeos están a avaliar en Santiago de Compostela, desde o pasado 13 de maio e ata o próximo día 20, a situación do voluntariado como experiencia de solidariedade nos distintos países dos que proceden. En concreto, os participantes proveñen de Rusia, Ucraína, Moldavia, Italia, Portugal e de España.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na recepción destes mozos e mozas no concello de Santiago. Trátase dunha iniciativa organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, enmarcada no programa europeo “Xuventude en acción”.

Neste sentido, cabe lembrar que ao longo de 2011 máis de 2.300 mozos e mozas galegos beneficiáronse dos programas de mobilidade postos en marcha por este departamento autonómico. Destes, un total de 1.300 participaron no programa “Xuventude en acción”, tanto nos 54 proxectos que se desenvolveron en Galicia como nos 13 intercambios no estranxeiro.

O obxectivo do Goberno galego é apoiar os programas de mobilidade, dado que constitúen unha importante experiencia de aprendizaxe non formal e que impulsan a participación da xuventude na sociedade. Ao mesmo tempo, permiten aos participantes completar a súa formación.

Por outra banda, con respecto á temática deste intercambio en concreto, é preciso recordar que o Goberno galego está a dar un importante impulso ao eido do voluntariado e da solidariedade. Neste sentido, a Xunta puxo en marcha en 2011 o Servizo de Voluntariado Xuvenil.

Trátase dunha iniciativa pioneira que se basea na creación en paralelo de dúas bolsas complementarias: unha de proxectos de voluntariado, e outra cos mozos e mozas que desexan incorporarse como voluntarios. Para consolidar este proxecto, este ano triplícase o orzamento destinado a este fin ata chegar aos 210.000 euros. Deste xeito, permitirase que máis de 1.000 mozos e mozas se incorporen a proxectos de voluntariado, e realicen 60.000 xornadas de acción voluntaria.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe en Padrón na presentación da iniciativa privada que percorrerá entre maio e agosto un total de 9 cidades galegas

Rodeiro destacou que este ano adheríronse ao carné xove un total de 179 novos establecementos de Galicia

En 2011, a área autonómica emitiu un total de 29.257 carnés chegando na actualidade ata os 50.574 titulares DESCONTOS

Os mozos e mozas galegos que posúan o carné xove poderán acceder a descontos de ata o 30 por cento para a xira galega de karting, que se celebrará de maio a agosto en 9 cidades galegas.

O responsable da área autonómica participou hoxe en Padrón na presentación desta iniciativa privada que ten como obxectivo ofertar aos mozos e mozas galegas a oportunidade de iniciarse no mundo do motor a través do karting.

Rodeiro destacou que o carné xove xa conta na actualidade con 50.574 titulares e explicou que este ano, ademais, adheríronse a este programa 179 novos establecementos de toda a xeografía galega. En 2011, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado emitiu un total de 29.257 novos carnés.

O responsable da área autonómica indicou que través deste carné, os mozos e mozas poden obter descontos nunha ampla gama de servizos, como transportes, espectáculos, compras, aloxamentos, actividades culturais ou de lecer e tempo libre, tanto na nosa Comunidade autónoma como no resto de rexións españolas e na maioría de países europeos. En concreto, Rodeiro apuntou que a mocidade galega pode acceder aos beneficios que se ofrecen en 40 países europeos nun número de establecementos que rolda os 100.000 en toda España, dos que 2.000 están ubicados en Galicia.

Ademais, os titulares do carné xove poden acceder a descontos en todos os programas e actividades que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como son os campamentos, Roteiros para a xuventude ou Xuventur.

Neste senso, o director xeral resaltou que ao longo de 2011 efectuáronse descontos do 25% en dez programas da área autonómica e aforros do 6 por cento nos cursos de idiomas no estranxeiro.

Así mesmo, Rodeiro comentou que, como novidade deste ano, a través da web http://xuventude.xunta.es fixéronse sorteos semanais entre os titulares do carné, que permitiron a un total de 35 mozos e mozas, acceder ou participar gratuitamente en actividades como eventos musicais; danza; monólogos; cine; espectáculos; teatro e deportes.

Como obter o carné xove
Os mozos e mozas de 12 a 30 anos, ambos inclusive, interesados en obter este documento de uso persoal e intransferible só teñen que cubrir un impreso de solicitude, acreditando a identidade co DNI ou pasaporte, pagar 6 € mediante o impreso de taxa e achegarse a calquera das oficinas expendedoras do carné xove: servizos de xuventude e voluntariado provinciais; oficinas locais de Ferrol e Pontevedra; Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Santiago de Compostela; as oficinas municipais de información xuvenil; casas da xuventude e algunhas oficinas de Novagaliciabanco.

O carné ten unha vixencia de 2 anos a partir da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive) e inclúe un seguro gratuíto.

Ademais, os posuídores do carné xove contan cun seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para poder facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

Outros tipos de Carné
Por último, Rodeiro apuntou que a Dirección Xeral de Xuventude a través das súas oficinas expendedoras emitiu outro tipo de carnés como o de alberguista dos que se expediron un total de 1.981, nas súas distintas modalidades (1.372 xuvenil, 522 adulto, 35 grupo, 62 familiar e 1 estranxeiro). Este carné recoñecido internacionalmente é válido para utilizar en todos os albergues nacionais e estranxeiros. Para a súa expedición só é necesario a presentación do DNI ou pasaporte e abonar o seu importe (xuvenil 5€, adulto 12€, grupo 15€ e familiar 24€). Ten unha validez dun ano dende a data de emisión.

Emitíronse tamén un total de 2.302 ISIC (Carné Estudante Internacional), 489 TEACHER (Carné Internacional de Profesor) e 84 FIYTO (Carné Internacional para non estudantes).

O ISIC é o único carné de estudante recoñecido internacionalmente. Cada ano máis de 4,5 millóns de estudantes de 120 países utilízano para aproveitar ofertas de viaxes, compras e museos arredor de todo o mundo

O TEACHER e para profesionais da ensinanza a tempo completo e, pola súa banda, o FYTO está destinado para calquera persoa maior de 12 anos e menor de 26 anos, que non sexa estudante.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participaron hoxe no acto de apertura das novas instalacións

O local de ensaio, que está insonorizado e equipado con instrumentos, garantirá o acceso gratuíto de todos os novos grupos da Eurocidade, tanto galegos como portugueses

A iniciativa enmárcase no programa europeo Eurocidade Chaves-Verín a través do que se financian diversas actividades de cooperación transfronteiriza C_HAVES

Máis de 1.000 mozos e mozas beneficiáronse ata o de agora das actuacións deste proxecto que están centradas na creatividade, formación, cultura e emprendemento

As localidades de Verín e Chaves dispoñen desde hoxe dun novo local de ensaio e unha oficina de información xuvenil transfronteiriza que poderán utilizar os mozos e mozas galegos e portugueses. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participaron hoxe no acto de apertura das novas instalacións que veñen de poñerse en marcha a través do programa europeo Eurocidade Chaves-Verín.

O local de ensaio, que está insonorizado e equipado con instrumentos, garantirá o acceso gratuíto e en igualdade de condicións de todos os novos grupos musicais da Eurocidade, tanto galegos como portugueses. Pola súa banda, a oficina de información xuvenil pasará a formar parte dos servizos comúns que ofrecen estas dúas localidades, formando parte das redes do resto de oficinas de información xuvenil existentes tanto en Galicia como no norte de Portugal.

Rodeiro destacou que as dúas iniciativas enmárcanse no programa Eurocidade Chaves-Verín que financia diversas actividades novidosas, xa que sinalou que “se trata dunha nova concepción de cooperación transfronteiriza”. O obxectivo, segundo comentou o responsable da área autonómica, é servir de plataforma para favorecer e apoiar a mobilidade, interacción e colaboración entre a mocidade galega e portuguesa. “O que pretendemos é contribuír desta forma á integración e cohesión socio-cultural da Eurorrexión Galicia-norte de Portugal e fomentar un espazo propio para a xuventude que exerza como punto referente informativo e asesor en temas de emprendemento, emprego, cultura, lecer creatividade ou formación”, sinalou.

Ata o de agora máis de 1.000 mozos e mozas beneficiáronse das actividades que forman parte deste proxecto. Así, as actuacións de Xuventude permitiron, por exemplo, que máis de 50 mozos participaran en cursos de lingua portuguesa orientados á actividade profesional e cos que se pretende ampliar as posibilidades curriculares da mocidade, mediante a adquisición de competencias lingüísticas que lles permita traballar dun e doutro lado da fronteira.

Creatividade
As actividades culturais e turísticas tamén teñen cabida neste programa e, deste xeito, no marco do Circuíto Galego de Creatividade, os novos creadores galegos expoñen as súas obras nos espazos da Eurocidade co fin de dar a coñecer a súa arte e abrir un novo mercado cultural. Na actualidade, as obras de 20 novos autores forman parte dunha exposición colectiva na Eurocidade.

Neste senso, o responsable da área autonómica sinalou que a aposta pola creatividade xuvenil e fomento do espírito empresarial é un dos principais eixes de traballo do conxunto da administración galega, que se reflicte na Estratexia Xuventude 2013.

“As ideas creativas e innovadoras da mocidade impulsan a nosa competitividade, polo que o Goberno galego está a incidir no fomento do espírito emprendedor como un dos principais métodos para aproveitar o enorme talento da nosa mocidade”, resaltou.

Foro na Eurocidade
Rodeiro, ademais, apuntou que nas próximas semanas comezarán cursos para o fomento da zona no eido turístico, onde se analizarán os posibles nichos de fomento do emprego local para a xuventude.

Así mesmo, a principios de outono celebrarase un foro de xuventude que será un punto de encontro onde tanto as asociacións xuvenís como os grupos informais, técnicos e políticos poidan estudar e debater conxuntamente as potencialidades da Eurocidade.

Por último, o director xeral de Xuventude anunciou que a final de ano celebrarase un encontro-seminario de mozos de distintas eurocidades europeas.

En definitiva, concluíu asegurando que todas estas actividades o que pretenden é “fomentar unha nova cultura emprendedora na mocidade das dúas rexións co principal obxectivo de que ningunha das moitas boas ideas dos nosos mozos e mozas se quede no caixón por falta de apoio institucional”.

O 10 de maio de 2012 reunironse os directores xerais de Xuventude das Comunidades Autónomas  co INJUVE,  e acordaron a posta en marcha dunha serie de plans de cooperación entre administracións para impulsar a emancipación dos mozos.

Presidida polo Director Xeral do Instituto da Xuventude , Rubén Urosa, a reunión do Consello Interterritorial celebrada hoxe en Madrid foi a primeira desde marzo de 2010 e serviu para ter unha toma de contacto coas Comunidades Autonómas. Tal e como destacou o propio Urosa na reunión, ao Goberno interésalle a activación de políticas a favor da Xuventude  que, como primordial obxectivo, permita aos mozos españois entrar no mercado laboral.DIRECTORES_XERAIS

As Comunidades Autónomas expresaron o seu interese en coordinar xunto á administración central plans que axuden á Xuventude , especialmente á súa emancipación. Durante os próximos días, os departamentos correspondentes de cada autonomía remitirán ao INJUVE documentación sobre o que están facendo para axudar aos mozos, e así, incidir na coordinación de diversas actuacións.

Así mesmo, Urosa presentou aos seus homólogos autonómicos o informe de situación deste organismo e trasladoulles o interese do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de pór en marcha canto antes o Plan estratéxico de Emancipación Nova.

Un dos aspectos que se debateron durante este Consello Interterritorial foi a situación das cualificaciones profesionais de Xuventude  e homologación de titulacións de lecer e tempo libre xuvenil.

O Director Xeral do INJUVE tamén presentou un informe sobre a situación do proceso de elaboración do Libro Branco para a Xuventude  en España 2020 e detalloulles toda a información sobre o programa europeo Xuventude  en Acción e outros programas internacionais.

O Consello Interterritorial de Xuventude  constituír o 18 de outubro de 2007. Persegue afianzar a cooperación entre as Comunidades Autónomas e o Estado, asi como entre as propias CC.AA, en todo o relativo ás políticas públicas de Xuventude .