En portada (1103)

LEI_XUVENTUDE_LUGOA primeira Lei de Xuventude de Galicia incluirá a creación do Instituto Galego de Xuventude como órgano técnico especializado, adscrito ao departamento competente, e que terá como misión a materialización dos principios de información á xente nova, formación continua en materia de mocidade e asesoramento técnico en políticas públicas de xuventude.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, referiuse hoxe á creación deste Instituto -que non suporá a creación dun ente administrativo, senón que será unha configuración orgánica co nivel de subdirección xeral- durante a presentación do anteproxecto desta Lei nun encontro provincial celebrado en Lugo.

Na súa intervención, Rodeiro explicou que son funcións do Instituto da Xuventude de Galicia a coordinación da Rede Galega de Información Xuvenil; a planificación e supervisión das actividades formativas desenvolvidas pola Escola Galega de Xuventude; planificación, promoción, organización e coordinación de actividades destinadas á xuventude, directamente ou en colaboración con asociacións xuvenís ou outras Administracións públicas, institucións e organismos públicos e privados; a coordinación, vixilancia e rexistro das instalacións xuvenís; e a xestión da Rede de Albergues Xuvenís de Galicia.

Ademais inclúe a coordinación das axudas para o acceso da xente nova a determinados bens e servizos a través do carné xove, entre outros instrumentos; o fomento e a promoción de intercambios e mobilidade dos mozos e mozas con outras comunidades autónomas e países estranxeiros; a emisión de cantos informes lle sexan solicitados polo departamento de adscrición; e todas cantas lle sexan atribuídas expresamente por disposicións de carácter legal ou regulamentario.

A Dirección Xeral levou a cabo ao longo desta semana a presentación do borrador a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate con técnicos, entidades xuvenís, asociacións xuvenís, escolas de tempo libre, grupos informais de mozos e mozas interesados en participar e aportar propostas de mellora ao mencionado borrador.

Ademais, a longo do mes de xuño realizaranse 13 foros de debate nos espazos xove da Rede Galega de Centros de Xuventude de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Vilagarcía, Tui e Chantada, así como no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia en Santiago, o día 27 de xuño as 20.00 horas. Á mesma hora, o día 28 os foros celébranse nos espazos xove de Betanzos, Lalín, Vilalba e Viveiro.

Todos os interesados en asistir a estes encontros participativos poden dirixirse aos Servizos Territoriais de Xuventude da súa provincia e aos espazos xove da Rede galega de centros de xuventude mencionados anteriormente.

A primeira Lei de Xuventude de Galicia garantirá la transversalidade administrativa das políticas da Xunta dirixidas á mocidade, así como a participación directa dos mozos e mozas nas mesmas, segundo lembrou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, que presentou hoxe a iniciativa nun encontro provincial no Espazo Xove de Ourense.

O anteproxecto de Lei busca a acción unitaria de goberno e a coordinación dos diferentes departamentos da Administración á hora de poñer en práctica medidas que afecten á xuventude. Esta planificación das políticas de mocidade efectuarase a través da elaboración en cada lexislatura dun plan estratéxico de xuventude, que pasará a ter un carácter vinculante xa que se deberá tramitar como orde da Consellería de Traballo e Benestar.

Rodeiro indicou que a mocidade de Galicia está chamada a liderar unha sociedade inmersa en profundos cambios e transformacións, na que existía a necesidade técnica de unificar a dispersión normativa e organizativa actual. Nesta materia, é necesario reforzar a transversalidade e coordinación das políticas públicas destinadas á xuventude.

Así explicou que o anteproxecto de lei conta con dez eixos básicos de transversalidade vinculados ás directrices europeas e ao actual Plan estratéxico da xuventude e que deben ser potenciados a través da coordinación entre todos os axentes implicados. Estes eixos relaciónanse coa educación; emprego; creatividade e espírito emprendedor; vivenda; saúde e deporte; participación e asociacionismo; voluntariado; información e formación; mobilidade e turismo xuvenil; e normalización lingüística.

Doutra banda, o texto propón a creación do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, un órgano colexiado, independente e aberto a todas as asociacións xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, que reforza e impulsa a participación da mocidade e da sociedade civil nos temas de interese para a xuventude.

Tamén se facilita e se promove a creación dos consellos locais de xuventude, co obxectivo de achegar o novo modelo de participación e dar máis protagonismo aos concellos. As asociacións xuvenís e mais os consellos locais terán garantido con este anteproxecto unha representación de, polo menos, o 51% dos votos do Consello.

A Dirección Xeral levará a cabo ao longo do mes de xuño a presentación do borrador a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate con técnicos, entidades xuvenís, asociacións xuvenís, escolas de tempo libre, grupos informais de mozos e mozas interesados en participar e aportar propostas de mellora ao mencionado borrador.

Despois de presentar esta iniciativa en Gandarío e Ourense, mañá xoves presentarase no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo; e, o venres, no LUG II en Lugo. Así mesmo realizaranse 13 foros de debate nos espazos xove da Rede Galega de Centros de Xuventude de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Vilagarcía, Tui e Chantada, así como no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia en Santiago, o día 27 de xuño as 20.00 horas. Á mesma hora, o día 28 os foros celébranse nos espazos xove de Betanzos, Lalín, Vilalba e Viveiro.

Todos os interesados en asistir a estes encontros participativos poden dirixirse aos Servizos Territoriais de Xuventude da súa provincia e aos espazos xove da Rede galega de centros de xuventude mencionados anteriormente

leiA primeira Lei de Xuventude de Galicia ampliará e garantirá a participación directa da xuventude nas mesmas, segundo lembrou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, que presentou hoxe a iniciativa nun encontro provincial no albergue de Gandarío, en Bergondo (A Coruña).

Rodeiro indicou que unha das características máis salientables do anteproxecto de Lei de Xuventude de Galicia é o cambio do actual modelo de participación xuvenil cara “un verdadeiro” sistema de representación xuvenil. O texto propón a creación do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia, un órgano colexiado, independente e aberto a todas as asociacións xuvenís e grupos informais de mozos e mozas, que reforza e impulsa a participación da mocidade e da sociedade civil nos temas de interese para a xuventude.

O novo texto facilita a incorporación de todas as asociacións xuvenís ao Consello, xa que se elimina o requisito actual polo que unha asociación non podía formar parte deste órgano sen contar co visto e prace das entidades preponderantes. Tamén se facilita e se promove a creación dos consellos locais de xuventude, co obxectivo de achegar o novo modelo de participación e dar máis protagonismo aos concellos. As asociacións xuvenís e mais os consellos locais terán garantido con este anteproxecto unha representación de, polo menos, o 51% dos votos do Consello.

Ademais de fomentar a participación xuvenil, o anteproxecto tamén dota de máis competencias ao Consello, ao asumir este as funcións do Observatorio Galego de Xuventude, que na actualidade depende directamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Ovidio Rodeiro incidiu en que Galicia ten a necesidade e urxencia de dispor dunha lei específica que mostre o compromiso da Xunta coa xuventude. Así mesmo, existe unha necesidade técnica de unificar a dispersión normativa y organizativa que hai actualmente co obxectivo de reforzar a transversalidade e coordinación das políticas públicas e redefinir os sistemas de participación actuais, impulsando a participación directa dos mozos e mozas, cun documento non pechado, senón aberto á participación para enriquecelo e melloralo.

A Dirección Xeral levará a cabo ao longo do mes de xuño a presentación do borrador a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate con técnicos, entidades xuvenís, asociacións xuvenís, escolas de tempo libre, grupos informais e mozos e mozas interesados en participar e aportar propostas de mellora ao mencionado borrador.

Despois do encontro de Gandarío, as reunións continuarán mañá na Casa da Xuventude de Ourense; no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo, o xoves; e no LUG II en Lugo, o venres.

Así mesmo realizaranse 13 foros de debate nos espazos xove da Rede Galega de Centros de Xuventude de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Vilagarcía, Tui e Chantada, así como no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia en Santiago, o día 27 de xuño as 20.00 horas. Á mesma hora, o día 28 os foros celébranse nos espazos xove de Betanzos, Lalín, Vilalba e Viveiro.

Todos os interesados en asistir a estes encontros participativos poden dirixirse aos Servizos Territoriais de Xuventude da súa provincia e aos espazos xove da Rede galega de centros de xuventude mencionados anteriormente.

VIHDende o dia de hoxe luns, a Consellería de Sanidade vai poñer en marcha, nos centros Quérote+ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e nalgunhas asociacións antisida, o proxecto de realización das probas rápidas de detección do VIH.

O que Sanidade pretende con esta medida é diminuír o retraso diagnóstico do VIH en poboacións con prácticas de risco, e que non acoden con frecuencia ao sistema sanitario, facilitando, ademais, o acceso ao diagnóstico definitivo e ao tratamento antirretroviral. Xunto con todo o anterior, téntase incrementar as prácticas preventivas nas persoas que acoden a realizar a proba.

En consecuencia, estas probas, que dende mañá pon en marcha a Administración sanitaria galega, están destinadas a facilitar a detección polo VIH en persoas de 16 anos en diante, con prácticas de risco altas, que non foron diagnosticadas previamente.

Preferentemente, ofertaráselle a persoas que manifesten prácticas de risco sexuais, así como prácticas de compartir materiais para inxectarse drogas. Son pois, un complemento das probas estándar, e conseguen que se poida obter, nun prazo de 20 a 40 minutos, un primeiro resultado que deberá ser confirmado, posteriormente, cunha proba diagnóstica de laboratorio.

As características destas probas rápidas fan posible que non teñan que realizarse dentro da estrutura do sistema sanitario, senón que se poden facer en diferentes entidades, como é o caso dos centros de informacion sexual ou as asociacións antisida.

As probas se realizarán sobre unha mostra de fluído oral do interesado, xa que permite unha recollida da mostra moi sinxela.

So o persoal das entidades colaboradoras que estea acreditado será o autorizado para a realización da proba rápida do VIH. Deste xeito, a Consellería de Sanidade, por medio da súa Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, facilitará ás entidades colaboradoras, de modo gratuito, as probas rápidas de VIH en fluído oral.

O proceso da proba inclúe, necesariamente, tres procesos, entre os que están, o consello asistido e consentimento previo á realización da mesma; a realización da proba rápida en fluído oral segundo as especificacións técnicas do produto; e, ademais, o consello asistido posterior a levala a cabo.

Se a persoa non é reactiva, reforzarase o consello asistido sobre prácticas seguras. Se a persoa é reactiva, procederase a recomendar a necesidade de establecer un diagnóstico de certeza e, se está de acordo, derivarase a un centro sanitario. Xunto con todo o anterior, remarcaranse os beneficios dun control e tratamento precoz, e a necesidade de adoptar prácticas seguras para evitar a reinfección e a transmisión a outras persoas.

Sinalar, así mesmo, que a proba será totalmente gratuita para as persoas solicitantes da mesma.

Importancia do diagnóstico precoz
Sanidade lembra que un dos piares básicos da loita contra a sida é a detección precoz dos novos casos de infección VIH. Asemade, o diagnóstico precoz ofrece a posibilidade de beneficiarse da terapia antirretroviral nas etapas precoces da infección, así como modificar as condutas que favorecen a transmisión do virus a outras persoas.

As probas rápidas de detección do VIH ofrecerán, ademais da vantaxe de facilitar unha detección precoz, a posibilidade de chegar a colectivos con escaso contacto cos servizos de saúde ou reticentes a acudir a eles. Deste xeito, as probas rápidas poden ter un importante atractivo para estas persoas, pola accesibilidade dos lugares onde se fan e a inmediatez de resultados que proporcionan.

Sinalar, por último, que as entidades colaboradoras e lugares onde se poderá solicitar a proba rápida anónima de VIH en fluído oral, a partir de mañá, son; Centros Quérote+ de Santiago, Lugo, A Coruña, Vigo, Ferrol e Ourense; CCANVIHAR (Asociación cidadán de loita contra o VIH e a sida (Vigo); Lazos Pro Solidariedade (Ferrol), Comité Antisida de Coruña Casco (A Coruña), Colega Galicia (A Coruña e Santiago), Comité Cidadán Antisida de Ourense, Comité Cidadán Antisida Galego (Santiago), e ONGD Ecos do Sur (A Coruña).

banner_lei_xuventudeA Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está a traballar na elaboración do borrador de Anteproxecto de Lei de Xuventude. Co obxecto de acadar un texto que recolla as suxestións de todos e todas os mozos e mozas galegos, así como de colectivos e entidades afectados, poñemos á vosa disposición o texto do borrador, para que poidades facer aportacións ao mesmo a través do correo electrónico subdireccion.programas@xunta.es, ata o venres, 15 de xullo, indicando no asunto “alegacións Lei de xuventude”.

Así mesmo vos comunicamos que ao longo do mes de xuño levarase a cabo a presentación do borrador de Lei de Xuventude de Galicia a través de catro encontros provinciais e trece foros de debate con técnicos, entidades xuvenís, asociacións xuvenís, escolas de tempo libre, grupos informais e mozos/as interesados en participar e aportar propostas de mellora ao mencionado borrador de Lei.

Os encontros provinciais terán lugar durante o mes de xuño, ás 12:00 horas o día 21 no albergue xuvenil de Gandarío; na Casa da Xuventude de Ourense o día 22, no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo o día 23, e no Albergue Xuvenil LUG II en Lugo o día 24 a esa mesma hora.

Así mesmo realizaranse 13 foros de debate nos espazos xove da Rede Galega de centros de xuventude de Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Ourense, Vilagarcía, Tui, Chantada, así como no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, o día 27 de xuño as 20,00 horas, e ás 20,00 horas do día 28 nos espazos xove de Betanzos, Vilalba, Viveiro e Lalín.

Podes descargarte o borrador aqui

Invitámosvos a todos a participar.

as sinasO programa ‘Roteiros’ comezou hoxe no albergue das Sinas, en Vilanova de Arousa. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou aos participantes deste programa de turismo activo que a Xunta desenvolve desde o pasado mes de marzo en toda Galicia.

Nas instalacións da localidade de Vilanova de Arousa, levarase a cabo un programa de achegamento ao medio acuático-mariño que incluirá diversas actividades como excursións en kaiak de mar, rotas nun galeón tradicional e iniciación ao bodyboard na praia da Lanzada, entre outras actuacións. En total, o roteiro das Sinas acollerá a preto de 140 mozos e mozas.

En total, este programa esta a ofertar en toda Galicia 1.621 prazas. O programa da Consellería de Traballo e Benestar que inclúe diferentes actividades de turismo activo aumentou nesta edición a súa oferta en preto 600 prazas dado o éxito acadado en 2010. O prezo, que inclúe pensión completa e a participación nas actividades, é de 60 euros para os pusuidores do carné xove.

O programa, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, desenvolverase ata o próximo mes de xuño. Con respecto ao ano anterior, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non só incrementou o número de prazas, senón tamén as instalacións onde están a ter lugar as diversas actividades que se ofertan, abarcando, deste xeito, as catro provincias galegas.

‘Roteiros para a Xuventude’ ofrece, segundo a fin de semana escollido e o lugar, itinerarios de cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura, así como de interpretación do patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico de Galicia.

O obxectivo é fomentar entre a mocidade o coidado do medio ambiente ao tempo que poidan gozar da paisaxe e da natureza en distintos contornos privilexiados de Galicia.

O programa está enmarcado nas diferentes accións que está a poñer en marcha a Xunta para fomentar o turismo activo entre a mocidade. Ao respecto, o director xeral de Xuventude e Voluntariado destacou que un total de 5.481 mozos e mozas gozarán este ano dun ocio alternativo “asequible e de calidade” durante as fins de semana. “Esta cifra supón aumentar nun 43 por cento a oferta neste tipo de actividades, xa que en 2010 puxemos a disposición da mocidade 3.500 prazas”, destacou.

Ademais, indicou que o incremento na oferta permitirá ter abertas as portas dos albergues públicos fóra da época de verán con programas e actividades de multiaventura.

“Este esforzo da Xunta tamén permitirá ás empresas de ocio desestacionalizar a súa oferta máis alá dos meses de verán e, polo tanto, os mozos e mozas que traballan como monitores de tempo libre poderán ter unha continuidade nos seus postos de traballo ao longo do ano”, apuntou. Son preto de 550 os monitores que se contratan durante o ano para desenvolver os diferentes programas de turismo activo.

xgnA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou a importancia do evento informático “Xuventude Galicia Net” como foro para que as empresas do sector TIC poidan atopar, entre os participantes, persoal especializado nas novas tecnoloxías. Neste sentido, defendeu seguir apostando por mellorar os vínculos entre as empresas e esta iniciativa para sacarlle o máximo rendemento, tamén no eido laboral.

A titular do departamento autonómico realizou estas declaracións hoxe durante a súa visita á XII edición de Xuventude Galicia Net, que se está a celebrar no Pazo de Exposicións e Congresos de Santiago de Compostela. No seu percorrido estivo acompañada pola secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, xa que esta área autonómica tamén colabora na organización desta iniciativa.

Na súa intervención precisou que o obxectivo da Xunta “é facer visible que este é un dos maiores puntos de encontro para rapaces e rapazas especializados no mundo das novas tecnoloxías en case todas as súas áreas, polo que estamos seguros de que é un espazo de gran utilidade para que as empresas do sector TIC poida atopar persoal especializado”. Por isto, proseguiu Mato, o departamento autonómico continuará traballando e afondando nesta liña.

xgn

Segundo explicou a conselleira, os preto de 1.200 inscritos e os ao redor de 6.000 visitantes que se están a achegar aos distintos obradoiros, atoparanse cun evento “que se converteu en algo máis que unha mera conexión ultra rápida a internet”, e que evolucionou ata converterse nun “encontro de formación e un marco para a aprendizaxe e o intercambio de experiencias”.

Ao respecto, apuntou que nesta edición faise un especial fincapé na formación dos mozos e mozas, a través de preto de 40 charlas e obradoiros, con poñentes de recoñecido prestixio a nivel nacional. Todo o mundo poden acceder libremente a estas actividades, que se centrarán en aspectos “de interese” como a creación de empresas TIC, o deseño web, o software libre ou as redes sociais, entre outros.

Mato inscribiu a aposta por este tipo de actividades no compromiso que mantén a Xunta coa educación non formal da mocidade, unha liña de actuación que está incluída na “Estratexia Xuventude 2013”. De feito, lembrou neste sentido que se presentou recentemente o Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que chegará a máis de 6.300 persoas, o que supón 500 máis que o ano pasado.

Cabe destacar que, na organización do Xuventude Galicia Net, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica colabora coordinando a instalación do cableado de comunicacións para os postos que desde os que os mozos se conectan á Rede.

Esta conexión ten velocidades de 1 xigabit por segundo o que proporciona unha experiencia de navegación aos participantes unhas 100 veces superior da que dispoñen nos seus fogares. Así mesmo, a SXMIT xestiona a instalación e operación de todo o equipamento de comunicacións de última xeración necesario para o axeitado funcionamento de todos os servizos de conectividade, tanto na rede de área local como no acceso Internet.

ferrolO Director Xeral de Xuventude participou na VII Xuntanza Tecnolóxica Empresa- Universidade na Escola Universitaria Politécnica no Campus de Ferrol. Ovidio Rodeiro destacou “ Vós sodes un exemplo de que a chamada xeración ni-ni non existe; e no seu lugar, hai alumnos capaces de poñer en marcha iniciativas como esta, xente moza con talento, con moitas ganas de facer cousas e tamén con inquedanzas”.

Esta xente moza non era outra que o alumnado da Escola Universitaria Politécnica de Serantes, que, un ano más, tivo a iniciativa de organizar a Xuntanza Tecnolóxica, un evento que ten como obxectivo facilitar el contacto entre empresas, institucións e estudantes universitarios.

A continuación da inauguración Rodeiro puido visitar todos os stands da Xuntanza, entre os que se encontraba o da Dirección Xeral de Xuventude, con información de todos os recursos da Xunta de Galicia en materia de xuventude. A cita conta coa participación de preto de trinta importantes empresas.

Entre as firmas que quixeron estar presentes nesta sétima edición atópanse algunhas que xa o fixeron anos anteriores, como Schneider, Siemens o Endesa, e tamén outras novas, como Red Eléctrica, o Porto de Ferrol ou Kuka, unha das empresas punteiras en robótica. Todas as empresas que acoden á cita están alí para falar aos alumnos da súa actividade, así como para presentarlles o seus novos produtos, pero tamén para recoller sos currículums e facer contactos de cara a futuras contratacións.

Tras o acto inaugural de onte, a Xuntanza Tecnolóxica prosigue hoxe con máis conferencias e ponencias de carácter técnico. Ademais, o encontro organizado polos alumnos tamén inclúe talleres prácticos sobre diversos temas, como condución eficiente, busca de oportunidades laborais o seguridade e vulnerabilidade nas redes inalámbricas.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe o Forum Cicerón no Auditorio da Illa de San Simón en Redondela (Vigo) onde subliñou que cunha mocidade ben formada, “todos e todas saímos beneficiados” porque cun bo futuro para as novas xeracións de galegos e galegas, toda a sociedade da Comunidade ten garantido un futuro mellor. Para Mato, nun escenario tan complexo como o que estamos a atravesar, é importante que non perdamos de vista os valores, como o traballo en equipo.

O Forum Cicerón, que ten como obxectivo poñer en contacto aos 32 alumnos excelentes das universidades galegas coas empresas, busca afondar nas competencias e habilidades para traballar deste xeito, tanto dentro da propia organización como con outros grupos externos, porque traballar en grupo “é unha das mellores garantías de bos resultados”.

A conselleira indicou que un dos retos do noso tempo está tamén na maior correlación entre o sistema educativo e o laboral, unha necesidade á que responde perfectamente a spin off da universidade Q-Coach, que foi a que puxo en marcha este foro. En concreto, por unha banda, coa posta en marcha dunha iniciativa empresarial e, por outra, unha empresa que busca mellorar a orientación das persoas caro ao emprego, e especificamente das persoas que saen das universidades.

Mato referiuse á vontade firme de Galicia de non permanecer impasible e de converter esta crise nunha oportunidade. “Así o plantexamos desde o Goberno galego e por iso apoiamos o desenvolvemento desde proxecto, tanto desde a Consellería de Economía e Industria, como desde a Consellería de Traballo e Benestar”, salientou a conselleira.

A xuízo de Mato, Galicia “non se pode permitir deixar pasar unha soa oportunidade para mellorar a nosa economía, as nosas empresas, o noso emprego e a nosa calidade de vida” e por isto o proxecto permite acercar aos futuros ou recentes titulados á realidade laboral, dun proceso de selección, explorar as súas habilidades e dalas a coñecer a empresas de primeira liña.

A Consellería conta tamén co Programa Executiva, deseñado para impulsar as carreiras profesionais das mulleres e a súa presenza en postos directivos. Un programa tamén baseado en técnicas de coaching co obxectivo de fomentar a igualdade nos foros de decisión da sociedade, desde un punto de vista empresarial.

xnovasNo Xuventude.Novas desta semana destacamos a posta en funcionamento da nova infraestrutura da Rede galega de centros de Xuventude Espazo Xove. Tamén explicamos as características de dous programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que están acadando un gran éxito: Xuventur en casas de turismo rural e o Plan de Formación.

Pero ademais, o boletín interactivo da Dirección Xeral de Xuventude tamén se vai de concerto, para entrevistar aos dous grupos gañadores do certame Certame Airiños de Rock&Roll, celebrado o sábado 26 de marzo no Coliseo da Coruña. Deste xeito, poderemos descubrir a música de Kentuler e de Estado Puro.

Podes acceder ao Xuventude.Novas no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/rix/infoxove/xnovas4a.pdf