En portada (1116)

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica no DOG do 19 de xullo a listaxe definitiva do procedemento BS324B de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.

DOG do 19 de xullo de 2019

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 17 ás 9:00 horas ata o día 23 de xullo ás 13:00 horas. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada


PRAZAS VACANTES EN CICLOS FORMATIVOS

 

Tamén estás a tempo de matricularte na FP Dual, estudar e traballar á vez...

PRAZAS VACANTES EN FP DUAL

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica no DOG do 16 de xullo de 2019 a primeira adxudicación, en fase de resultas, do uso de instalacións xuvenís en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019.

DOG do 16 de xullo de 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica DOG do 16 de xullo de 2019 a resolución definitiva de concesión de subvencións destinada ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos (procedemento BS324C)

DOG do 16 de xullo de 2019

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado oferta as seguintes prazas de voluntariado dentro do programa Son Voluntaria/o:

17 º Festival Ribeira Sacra
Datas:  2 fins de semanas: o 19 e 20 de xullo e o 26 e 27 de xullo.
26 prazas

Festival Vive Nigrán
Datas:  do 18 ao 20 de xullo.
12 prazas

As prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. Se hai máis solicitudes que prazas, estas persoas pasarán a unha lista de agarda.

Requisitos
• Ter entre 18 e 30 anos, ambos inclusive (enviar fotocopia do D.N.I a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).
• Estar empadroado/a nalgún concello de Galicia (enviar certificado de empadroamento a través do correo electrónico voluntariado@xunta.gal).

Actividades a realizar polas persoas voluntarias
• Dar información de interese sobre os servizos que ofrece o festival (zona de comida, acampada, lugar dos WC...).
• Facilitar a circulación de persoas dentro do recinto do festival, sobre todo naqueles puntos de maior concentración, ofrecendo información acerca doutras posibles solucións ou prestando apoio ao persoal da organización.
• Realización, de ser o caso,de actividades de sensibilización medioambiental e de integración co territorio, co fin de promover entre o público asistente a reciclaxe, así como unha consciencia sobre a necesidade de manter limpa a contorna.

Máis información en http://www.voluntariadogalego.org

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, xunto cos socios do proxecto Eurocidade_2020, organiza unha xornada ao redor da música no local de ensaio da Eurocidade Chaves Verín.

Data: 20 de xullo de 2019

Hora: 16:00 a 19:00 horas

Lugar:

Eurocidade Chaves-Verín

Avda. Portugal, Feces de Abaixo

32699 Verín – Ourense

Entrada libre ata completar aforo.

Actividades:

16:00 horas: mesa redonda “Factor Pitching: un encontro cos profesionais”. Interveñen:

Xosé M. Rodríguez (La Voz de Galicia).

Javi Rey (La Región)

Marta Gómez (TVG ZIG ZAG)

Nonito Pereira (Mondosonoro)

Salva Ronco (Maketon Radio Vigo)

17:30 h: actuacións musicais

Neiz

Laura Gándara

Maricio David

Manuel Mateus

Quintas

Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.

No marco do proxecto Eurocidade_2020, esta iniciativa enmárcase na actividade 1. Eurocidade inclusiva, Acción 4.2.

Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa;Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

Ao abeiro do proxecto Eurocidade_2020, o Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ) convoca un curso de lingua española – conversa.

Datas: do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2019.

Duración: 50 horas

Lugar:

Eurocidade Chaves-Verín

Avda. Portugal, Feces de Abaixo

32699 Verín – Ourense

Destinatarios:mozos e mozas galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive

Número de prazas: 20

Inscricións:

https://pt.surveymonkey.com/r/MY7P8MM

Máis información:

alcadio.jesus@ipdj.pt

emilia.martins@ipdj.pt

angela.pereira@ipdj.pt

INFORMACIÓN DO CURSO

Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.

Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coa Federación Nacional de Asociacións Xuvenís Portuguesa (FNAJ) e demais socios do proxecto Eurocidade_2020 , coorganizará unhas xornadas de xuventude que descorrerán en Chaves (Portugal) os vindeiros días 26 e 27 de xullo de 2019.

Obxectivos:

- Establecer un foro de discusión sobre a  participación dos mozos e mozas no desenvolvemento das eurorrexións,
- Apoio ao emprendemento e o emprego xove, analizando áreas estratéxicas de intervención das asociacións xuvneís.

Lugar: Hotel Premium Chaves – Aquae Flaviae (Chaves – Portugal).

Datas: 26 e 27 de xullo de 2019.

Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.

Prazas: 20 prazas para mozos/as galegos (+ 30 prazas para mozos portugueses que serán xestionadas pola FNAJ).

Inscrición: mediante formulario electrónico.
A inscrición nesta actividade implicará a autorización expresa do/a mozo/a participante da cesión dos seus datos á FNAJ aos efectos exclusivos de organización da actividade.

Prazo de inscrición: do 10 ao 17 de xullo de 2019.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres  días seguintes, entenderase que non obtivo praza .

Cobertura:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
Transporte dende 7 localidades galegas (Lugo, Ourense, Verín, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo), sempre que haxa un mínimo de dúas (2) persoas en cada unha destas localidades.

Transporte: haberá servizo de transporte dende Galicia ata a localidade portuguesa de Chaves con saída o 26 de xullo (en horario de mañá) e volta o 27 de xullo (en horario de tarde) ao finalizar as actividades realizando o mesmo percorrido.
Rutas previstas (sempre que haxa un mínimo de dúas (2) persoas en cada unha destas localidades):
1ª ruta: Lugo – Ourense- Verín- Chaves.
2ª ruta: A Coruña – Santiago de Compostela – Chaves.
3ª ruta: Pontevedra- Vigo – Chaves
Hora estimada de chegada a Portugal o 26 de xullo: 15:00 hora local (16:00 hora galega).
Hora estimada de saída de Portugal o 27 de xullo: 17:30 - 18:00 hora local.


Proxecto Eurocidade_2020

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.

No marco do proxecto Eurocidade_2020, esta iniciativa enmárcase na actividade 1. Eurocidade inclusiva, Acción 4.1.

Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa;Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

PROGRAMA

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Máis información:

roteiros.ctb@xunta.es

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca prazas para persoas colaboradoras-bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/2020.

Prazas:
Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 4 prazas.
Ourense. Florentino L. Cuevillas: 5 prazas.
Vigo. Altamar: 6 prazas.

Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso.
- Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
- Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do IPREM* do ano en curso.
- Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
- Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de agosto de 2019
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es  co procedemento BS303C

Máis información no DOG do 5 de xullo de 2019

Residencias:
Lugo:
http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-lug-ii/ 
Ourense:
http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-florentino-lopez-cuevillas/ 
Vigo:
http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-altamar/  

* O Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM é un índice empregado en España como referencia para a concesión de axudas, bolsas, subvencións ou o subsidio de desemprego.
Para 2019 fixouse en 537,84 € mensuais.

A Consellería de Política Social convoca subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, que realicen proxectos desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2019.

Este programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, mozos/as galegos/as para a súa colaboración como voluntarios/as na realización dos proxectos de voluntariado

Proxectos subvencionables
Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que a dita acción voluntaria a desenvolvan mozos/as de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos; para os menores de 18 anos precísase, ademais, autorización do pai/nai ou titor/a legal, e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, prioritaria pero non exclusivamente, nalgunha das seguintes áreas:
a) Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
b) Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
c) Actividades con colectivos en situación de risco.
d) Actividades xuvenís.
e) Actividades ambientais.
f) Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.
g) Posta en marcha de programas de voluntariado no ámbito familiar por parte das entidades.
h) Actividades relacionadas coa posta en valor do medio rural.
i) Actividades relacionadas co benestar das persoas maiores.
j) Actividades relacionadas co Pacto de Estado en materia de violencia de xénero: accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero (campañas diversas), promoción de actividades de apoio ás vítimas, información, formación, entre outras medidas, do documento refundido de medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero:

Campañas.
- Medida 24: desenvolver campañas de prevención e sensibilización con mensaxes positivas, unitarias e adaptadas ás exixencias de cada momento, implicando á sociedade no seu conxunto e elixindo os momentos máis favorables para a súa difusión, como por exemplo, os veráns. Esas campañas deben focalizarse no rexeitamento ao maltratador, e presentar exemplos de mulleres fortes e valentes, sen recorrer ao cliché das vítimas.
- Medida 26: realizar campañas que teñan como público obxectivo á xuventude, utilizando preferentemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
- Medida 30: implicar as entidades locais na elaboración de materiais, campañas e protocolos de actuación, que incidan na necesidade de establecer puntos seguros e de información sobre violencia sexual, en espazos públicos. Así mesmo, fomentar o establecemento de vixilancia por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, nos chamados «puntos negros»: aparcadoiros, canellóns ou pasadizos.
- Medida 31: ter en conta na realización das campañas de sensibilización contra a violencia de xénero a maior incidencia desta nas mulleres que viven no ámbito rural e as súas circunstancias.
- Medida 33: promover campañas contra a cosificación do corpo das mulleres e a hipersexualización das nenas.
- Medida 34: dar formación á xuventude sobre o uso axeitado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming...).

Medios.
- Medida 56: atender as necesidades informativas da xuventude para frear condutas machistas que desembocan en malos tratos.

Sectores vulnerables.
- Medida 99: implicar colectivos como os de inmigrantes ou mulleres xitanas no deseño de políticas específicas.
- Medida 100: realizar estudos sobre a situación das mulleres maiores de 65 anos que sofren violencia de xénero e preparar recursos adaptados a elas.
- Medida 101: incrementar a colaboración entre as institucións públicas e as ONG e asociacións que traballan con mulleres migradas no deseño das políticas específicas contra a violencia de xénero.

Administración.
- Medida 166: realizar, xunto ás comunidades autónomas, un mapeo sobre os recursos e servizos de atención ás vítimas.

Rural.
- Medida 180: impulsar as asociacións de mulleres no ámbito rural para axudar as vítimas. Coordinación e campañas de sensibilización coas asociacións de mulleres rurais para sensibilización, prevención e acompañamento das vítimas.
- Medida 181: realizar un estudo da situación das mulleres vítimas de violencia de xénero no mundo rural, para analizar actuacións policiais, resposta penal, asistencia sanitaria, xurídica e asistencial. Coa participación de entidades públicas e privadas do medio rural e testemuños das propias vítimas, no marco do CIS.

Diversidade funcional/discapacidade.
- Medida 193: facilitar o acceso de mulleres e nenas con diversidade funcional/discapacidade a lecturas informativas adaptadas (Braille, comunicación aumentativa, etc) sobre prevención da violencia de xénero, acoso, agresións sexuais, etc.
- Medida 194: deseñar protocolos específicos ou incorporar medidas especializadas nos que xa existen, para a atención de mulleres de colectivos máis vulnerables, como as mulleres maiores, mulleres con diversidade funcional/discapacidade ou mulleres migrantes en situación irregular.
- Medida 197: garantir a plena accesibilidade en lingua de signos das persoas xordas usuarias desta lingua ao 112, o 062, o 091, e todos aqueles teléfonos públicos á disposición da cidadanía a través do servizo de vídeo interpretación á lingua de signos SVisual que xa se utiliza no 016.

Visualización e atención a outras formas de violencia contra as mulleres.
- Medida 252: introducir módulos transversais sobre violencia sexual e as súas tipoloxías, nos contidos das accións formativas desenvolvidas por e para empresas privadas e as administracións públicas.
- Medida 254: deseñar programas de prevención, detección e protocolos especializados ou actualizar os existentes en atención e actuación, adaptándoos ás especificidades das diferentes violencias sexuais. Así mesmo, desenvolver protocolos de intervención e detección precoz en todos os ámbitos da educación infantil, primaria e secundaria, así como no ámbito universitario.
- Medida 255: promover o desenvolvemento de programas integrais de atención á violencia sexual en todo o territorio, en colaboración e con respecto ás competencias das comunidades autónomas.
- Medida 256: elaborar campañas e materiais informativos contra a violencia sexual, as violencias sexuais e as diferentes realidades das mulleres (idade, procedencia ou situación de diversidade funcional/discapacidade), co obxectivo de que exista unha maior conciencia social sobre estas formas de violencia de xénero.
- Medida 267: desincentivar a demanda de prostitución mediante campañas de concienciación e obradoiros de sensibilización dirixidos á xuventude.

Os proxectos de acción voluntaria subvencionables deberán ter unha duración comprendida entre 15 e 60 días desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2019. As xornadas diarias serán de 6 horas como mínimo e se son inferiores sumaranse as horas diarias ata completar xornadas de 6 horas.

Requisitos
- Que as entidades de acción voluntaria e as entidades locais estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
- Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de voluntarias ou voluntarios.
- Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias.

Os trámites presentaranse en http://sede.xunta.es co procedemento BS320A
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 5 de agosto de 2019.
Máis información no DOG do 4 de xullo de 2019 e en www.voluntariadogalego.org