Listado campamentos Pontevedra

Listado campamentos Pontevedra (10)

Illa de San SimónO Complexo Cultural “Illa de San Simón” está situado no Concello de Redondela (Pontevedra)

O complexo conta coas seguintes instalacións:

Comedor: con aforo para 100 persoas

● Cociña industrial: totalmente equipada e preparada para dar servizo de

restauración a colectividades

● Pernocta: Realizarase na "Residencia Stella Maris". Con capacidade para 36 persoas conta con habitacións dobres con baño privado e con vistas privilexiadas á enseada de San Simón.

● Edificio de usos múltiples: con aforo para 200 persoas, ideal para desenvolver

actividades interiores cando a meteoroloxía así o requira

● Amplas zonas exteriores: onde se desenvolverán a maior parte das actividades do

campamento

  • A ILLA DAS HISTORIAS

ACTIVIDADES

Educación ambiental, arte, cultura e historia: actividades náuticas, actividades de educación ambiental, obradoiros para o coñecemento da tradición marítimo-pesqueira local, obradoiros artístico-literarios, praia, grandes xogos ambientados e veladas

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

A Illa das historias

03-10/08

07-08-09-10

148 €

360030

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

residencia3

multiusos3

fervenzaventura silleda

Reboreda-Abades, 6 CP 36589 Silleda (Pontevedra)

A poboación de referencia a que hai que chegar é Bandeira, en Silleda, Pontevedra.

Dende alí son 5 quilómetros e están tódolos cruces indicados.

T. 986 69 66 22

FervenzAventura é un Centro de Actividades na Natureza, preto da Fervenza do Toxa, a máis alta e espectacular de Galicia.

O edificio consta de 6 aulas de actividades, 1 sala de usos múltiples, 7 cuartos con liteiras, 2 comedores, pistas deportivas (voleibol, fútbol, pista de hípica, piscina...), granxa, invernadoiro.

A instalación está adaptada parcialmente mediante camiños pavimentados. As habitacións teñen liteiras e hai 4 baños adaptados. A piscina non está adaptada.

 

  • AVENTURA NA FERVENZA

ACTIVIDADES

Ambientais a artesanais: contacto co mundo rural a través de animais de granxa e traballo no horto eco-educativo, coñecemento do medio rural con xogos no bosque para coñecer a flora e fauna interpretando rastros e analizándoos na aula da Natureza, familiarización co proceso artesanal da lá, teares e coiro, podendo facer pequenas artesanías; deportivas: hípica, escalada nocturna, vivac, geocaching, tiro con arco e tirolina; outras actividades: xogos nocturnos, discoteca e piscina.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventura na Fervenza

23-30/07

05-06-07-08-09

148 €

360028

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

panx2

Rúa Cansadoura, 2, 36340 Panxón, Nigrán, Pontevedra

Coordenadas GPS: 2°09'09.7"N 8°49'36.8"W

T. 886 12 06 94

Situada na localidade de Nigrán, con saída directamente á praia de Patos. Moi preto de lugares de interese de Galicia como as cidades de Baiona e de Vigo.

Habitacións de 2, 3 e 4 prazas. Conta con amplas zonas verdes exteriores, así como diversos salóns e salas para a realización de multitude de obradoiros e talleres coa xuventude.

Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados totalmente. Sinalización con pictogramas. Baños e habitación adaptadas na planta 0 da instalación. As habitacións teñen camas de usos individual de 90cm. Ten ascensor.

  • ZEROWASTE

ZEROWASTE achegará a educación ambiental, a protección dos mares e a realización deportes náuticos ecolóxicos á mocidade. Programa educativo ambiental, artístico e deportivo con tres liñas temáticas principais:

Operación arroaz!:educación ambiental e intervencións artísticas: campionato de Plogging + Eco-Youtubers.

Lura-sport:deportes na natureza: caiac, paddle surf, etc

Noites neptunas:animación teatral.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Zerowaste

02-09/07

07-08-09-10

148 €

360026

02-07/09

07-08-09-10

111 €

360027

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

panx1

Barrio Vilar, 45. Tomiño. CP 36740 (Pontevedra)

En coche: Barrio Vilar, 45. Tomiño 36740 [262Q+48 Tomiño (GoogleMaps)]

En autobús: Alsa Vigo-A Guarda

Aeroporto próximo: Aeroporto de Vigo (Peinador) (36 km) [69JF+F3 Vigo (GoogleMaps)]. Enlaces con autobús ou taxi.

Estación tren: Estación de Tui(14 km). Enlaces con autobús ou taxi.

T. 986 62 33 98

Corazón de Carballo é instalación xuvenil rexistrada como granxa escola na Comunidade Autónoma de Galicia. Conta con dous amplos comedores, cociña, área de aseos e duchas, baño adaptado, ampla sala de usos múltiples, aula de natureza, varias áreas cubertas para a realización de actividades e obradoiros, cancha deportiva, piscina, áreas axardinadas, áreas temáticas: zona de cuadras, galiñeiros, horta, zona de plantas mediciñais e ‘hospital de plantas’, composteiros, área de prehistoria con areeiro, zona de recuperación da vacaloura, área micorrizada, área temática de queixería, miradoiro de orientación, etc.

Ademais encádrase nun paraxe de montaña, arroupándonos a Serra do Argallo e a Serra da Groba. Nas nosas inmediacións temos regatos con fervenzas, áreas de viñedos e bodegas, zonas de grande importancia patrimonial.

Toda a instalación está adaptada, con percorridos de ramplas por toda a instalación, facilitando o acceso a persoas con diversidade funcional. Temos unha habitación adaptada, un baño adaptado, salón adaptado, aula de usos múltiples adaptada. Tamén son accesibles areas de animais. A piscina non está adaptada.

 

tomi

  • AVENTURA NA GRANXA

ACTIVIDADES

Agrícolas: actividades relacionadas co pastoreo tradicional, as aves e a horta ecolóxica; ambientais: compost e vermecompost, as abellas, a queixería e os muíños, creación de miniecosistemas, técnicas naturais e artificiais de orientación e supervivencia no medio natural e de observación do medio, reforestación con especies autóctonas; xogos: Atalaia Celta (nocturno), Scape Grange (aventuras), Galicia Salvaxe (rol), outras actividades: musicArte, agrocrossfit, roteiros e actividade acuática.

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso das actividades acuáticas, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventura na Granxa

20-27/08

07-08-09-10

148 €

360025

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

kiri1

El Kiriko, Centro de Ocio en la Naturaleza.

Soutosico nº 20, 36847 Fornelos de Montes ( Pontevedra)

Coordenadas localización GPS: 42º 20´ 30.90´´ N - 8º 28´ 11.76´´ O

T. 986 76 86 00 – 687 578 019

EL KIRIKO é un centro de educación ambiental, ocio e tempo libre situado no municipio de Fornelos de Montes (Pontevedra). Ten unha extensión de 11 hectáreas e ofrece ás persoas mozas gozar dun fantástico contorno natural.

O centro Kiriko conta cun edificio principal e outras instalacións secundarias. Conta con comedor, cociña industrial, biblioteca, salas de obradoiros e audiovisuais, aula de natureza enfermería, etc...

No exterior dispón dunha nave gandeira, aviario, invernadoiro, piscina, horta biolóxica, zona deportiva, parque infantil, estanque e zonas de bosque autóctono.

Edificio principal con ramplas de acceso, ascensor, portas e aseos accesibles a persoas en cadeira de rodas. Mobiliario disposto para favorecer seguridade e independencia para persoas con mobilidade reducida.

  • KIRICO AVENTURA

ACTIVIDADES

Granxa: coidados, alimentación dos animais, hábitos e costumes;aventura: rocódromo e tirolina, piragüismo, paddle surf e ruta de sendeirismo; deportivas: fútbol, volei, tiro con arco, slackline e piscina; outras actividades: dinámicas de colaboración e habilidades entre equipos, veladas de animación con xogos en equipo, xincana acuática na piscina, obradoiros de cociña divertida e manualidades, veladas exogos nocturnos de habilidades e talentos.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Kirico aventura

30/07-06/08

09-10-11-12

148 €

360029

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

kiri2

El Kiriko, Centro de Ocio en la Naturaleza.


A información da instalación estará dispoñible proximamente.

  • MULTIAVENTURA

ACTIVIDADES

Multiaventura: rocódromo, tirolina, equitación con excursións a cabalo ou poni, cicloturismo, paintball, rutas de sendeirismo e orientación, grafismo e veladas; actividadesacuáticas: rafting e barranquismo polo río Tea, piscina, natación, waterpolo e aquagym.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Multiaventura

02-09/07

05-06-07-08-09

148 €

360019

11-18/07

05-06-07-08-09

148 €

360020

20-27/07

05-06-07-08-09

148 €

360021

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

  • MULTIDEPORTE

ACTIVIDADES:

Deportivas: parque de cordas, ponte tibetana, carreira de obstáculos, sendeirismo e orientación pola contorna, tiro con arco, deportes en equipo, equitación, paintball e veladas; actividades acuáticas: piscina, natación, waterpolo e aquagym; outras actividades: obradoiros de teatro, música, primeiros auxilios e medio ambiente.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Multideporte

29/07-05/08

10-11-12-13-14

148 €

360022

07-14/08

10-11-12-13-14

148 €

360023

16-23/08

10-11-12-13-14

148 €

360024

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

 

lalin

Finca de Mouriscade, 36515 Vilanova, Lalín, Pontevedra.

A 6,5 km de Lalín. Na estación de trens de Lalín, en Botos (PO-534), seguir as indicacións “Finca de Mouriscade”; unha vez alí, pasada a ponte do tren, xirar á dereita ata o final da pista. (En Google Maps, escribir “Área de recreo Mouriscade”).

T. 606 50 96 11 / 687 47 32 21

O albergue municipal “Vicente Agulló” atópase nun espazo natural con área recreativa á beira do río Asneiro. Conta con cuartos e baños múltiples, primeiros auxilios, cociña, comedor e espazo de usos múltiples na planta alta.

Ten baño adaptado e elevador para cadeira de rodas para acceder á planta alta. Os espazos exteriores ao albergue non están adaptados.

  • AVENTURA+

ACTIVIDADES

Deportivas: escape street; iniciación á hípica; olimpíadas castrexas, caiac no encoro de Portodemouros, ruta pola Serra do Candán, ruta interpretativa pola área recreativa de Mouriscade, escape room, xincana de auga, piscina fluvial; artísticas: talent show, espazo “chill-out”, elaboración de máscaras e debuxos tribais, land art (elaboración dunha creación artística colectiva a partir de elementos da natureza), micrometraxes (creación de curtametraxes orixinais co uso dos smartphones, que logo se difundirán na rede), cinefórum; outras: xogos de mesa do mundo, grandes xogos de interior, ioga infantil e veladas.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventura+

16-25/07

11-12-13-14

185 €

360018

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

Campamento Xuvenil A Illa de Ons. (Pontevedra)

En barco desde Bueu, Sanxenxo e Portonovo.

T.

Campamento situado na Illa de Ons. Ten unha capacidade de 60 prazas en tendas de campaña.

As características do campamento nesta illa veñen subliñadas pola propia situación, aproximadamente a 1,5 km do peirao. As edificacións do conxunto (espazo das tendas de campaña, aseos comúns, pavillón aberto, comedor) están alleas entre si, intercomunicadas mediante corredoiras de terra con certas pendentes e baixadas, non aptas para cadeiras de rodas nin para nenos ou nenas que precisen apoios ortopédicos.

 

  • ILLA MARABILLA

ACTIVIDADES

Náuticas: paddle surf, caiac, snorkel; aventura e natureza: tiro con arco, orientación con gps, actividades de praia, aula de natureza; outras:pelot-ons (balompé ,baloncesto, kin-ball), video mariño; saídas.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Illa Marabilla

01-08/07

10-11

117,36 €

360013

11-18/07

11-12

117,36 €

360014

21-28/07

09-10

117,36 €

360015

01-08/08

11-12

117,36€

360016

11-18/08

11-12

117,36 €

360017

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 Ons 1

Ons 3

xuvenil Pontemaril

Campamento xuvenil Pontemaril. 36550 Forcarei (Pontevedra).

Situado a 2 Km de Forcarei, na estrada N-541 de Pontevedra-Ourense. Ferrocarril a Pontevedra.

T. 986 755 045

É un campamento de media montaña con capacidade para 140 prazas en tendas de campaña e 48 prazas en albergue da instalación.

As instalacións non están adecuadas para a accesibilidade de persoas en cadeira de rodas ou con apoios ortopédicos (muletas, etc...), xa que a situación das tendas ou pavillóns existentes (dormitorios, aseos, multiusos) atópanse nun contorno forestal onde os accesos son de terra ou grava, con cer tas subidas e baixadas, sen aplanar. Tamén hai que ter en conta as particularidades propias do desenvolvemento das actividades xerais.

  • AVENTURA NA NATUREZA

ACTIVIDADES

Aventura e natureza: supervivencia (vivac e orientación), gran xogo de aventuras, bicicleta na natureza, carreira de orientación, sendeirismo na montaña; náuticas edeportivas: piragüismo, caiac polo, campionato Pontemaril (waterpolo e deportes acuáticos, fútbol, baloncesto, salto de lonxitude, lanzamento de peso); outras: piscina, xogos pre-deportivos, circo; saída a un enclave natural da contorna.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventura na natureza

01-10/07

11-12

146,70 €

360006

15-24/07

09-10-11

146,70 €

360007

29/07-07/08

09-10-11

146,70 €

360008

12-21/08

09-10-11

146,70 €

360012

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

  • PEQUECHO AVENTURA

ACTIVIDADES

Aventura e natureza: supervivencia (vivac e orientación), bicicleta na natureza, carreira de orientación, sendeirismo na montaña, tarde de aventuras; náuticas e deportivas: piragüismo, caiac polo; outras: piscina, xogos pre-deportivos, circo, obradoiro de conservación do medio e reciclaxe; saída a un enclave natural da contorna.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Pequecho aventura

02-09/07

12-13-14

117,36 €

360009

16-23/07

12-13-14

117,36 €

360010

30/07-06/08

12-13-14

117,36€

360011

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

Pontemaril Forcarei 1

Pontemaril Forcarei 2

Pontemaril Forcarei 3

xuvenil As Sinas

Praia das Sinas, 36620. Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Está situada na ría de Arousa a 4 Km de Vilagarcía de Arousa, na estrada Vilagarcía-Cambados. Autobuses e ferrocarril a Vilagarcía.

T. 986 554 081

O albergue está nunha zona turística á beira do mar con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 120 prazas en liteiras.

A instalación dispón dunha pista polideportiva de fútbol sala e baloncesto.

O albergue conta cun pavillón adaptado para persoas discapacitadas con problemas de mobilidade. O pavillón número 3 conta con 13 camas baixas, 1 aseo e 1 ducha adaptados e, a maiores, fóra do pavillón, nos aseos comúns existe 1 aseo e 1 ducha adaptados para nenos e igual para nenas. Non hai barreiras arquitectónicas para acceder ao comedor e ás salas de uso múltiple xa que estas teñen ramplas. En canto ás actividades xenéricas deste albergue, hai que considerar as limitacións que poden xurdir no desenvolvemento de vela, táboa, piragüismo e caiac polo.

  • O MAR QUE IMAXINAS

ACTIVIDADES

Náuticas: vela, táboa, piragua, caiac polo; snorkel con seadoo scooter; surfcamp: skimboard, volei praia, shuttleball praia, paddlesurf; deportivas: Alusinas (fútbol, baloncesto, volei praia e slack-line); outras:intermareal.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

O mar que imaxinas

01-10/07

08-09

193,30 €

360001

15-24/07

08-09

193,30 €

360002

29/07-07/08

08-09

193,30 €

360003

12-21/08

05-06-07-08

193,30 €

360004

26/08-04/09

05-06-07-08

193,30 €

360005

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVAdo campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

Vilanova Sinas 3

Vilanova Sinas 1