Rúa Xoaquín Lorenzo s/n. 32840, Bande (Ourense)
Dende Ourense: autovía AG-31 ata Verea. Estrada OU-540 ata Bande.
Distancia: 41 km. Tempo: 36 minutos.
Na entrada de Bande hai un desvío que indica Albergue Municipal de Bande, a 200 m. do albergue.
T. 693 831 639; 696 760 910
Albergue de categoría 2, situado na localidade de Bande, porta de entrada ao Parque Natural do Xurés e comunicación natural co Parque Nacional do Gerês e onde ambos integran a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés, compartindo cultura, tradicións e historia.
O albergue dispón dun total de 68 prazas distribuídas en tres plantas:
- 4 habitacións de 12 e 13 prazas en liteiras, con baños compartidos (plantas 1ª e 2ª).
- 1 dormitorio adaptado, con baño adaptado.
- 6 dormitorios dobres con baño individual.
O albergue conta cos seguintes servizos:
- Sala multiusos, para comedor e actividades.
- Zona de escenario teatral.
- Cociña industrial, totalmente equipada.
- Zona de lavandería.
- Zona de descanso.
- Calefacción centralizada.
- Acceso a internet en todo o edificio.
Entrada adaptada con rampla mecánica. Habitación no piso principal (ao que se chega coa elevador mecánico) adaptada: estancia e baño. O resto de habitacións do piso principal teñen liteiras. No piso principal hai dúas habitacións de liteiras e o resto están no segundo piso (que non ten rampla de acceso) A saída de emerxencia está na zona adaptada do albergue (co elevador mecánico).
EXPLORANDO RURAL
ACTIVIDADES
Actividades na natureza, medioambientais e de conciencia ecolóxica: roteiros de interpretación e rastrexo, creación de asubíos, construcións de vivacs, xeocaching e obradoiros(de estrelas, de baile e instrumentos tradicionais, de modelaxe de arxila e murais artísticos); deportivos: xogos tradicionais e de actividade física, piscina e caiac no río; excursións: visita ao centro de Interpretación Aquis Querquennis, igrexa de Santa Comba de Bande, megalitos de Muíños e á sede do Parque Natural do Xurés; outras actividades: dinámicas teatrais, gravación e edición de vídeos, ioga na natureza e obradoiro de mandalas.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Explorando rural |
18-25/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320013 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
Crtta.Alto do Covelo S/N
Punto de partida Ourense: tomar A52 ata Gudiña desvío 129. Seguidamente OU533 e estrada OUR-PV 2D/OU.0951 da Gudiña dirección Viana do Bolo ata alto de Covelo.
T. 669 522 709
Montañas de Trevinca é un albergue rural, ten dúas plantas e conta cunha capacidade total de 60 prazas. Dispón de 14 habitacións de tipo individual, dobre e múltiple (liteira), unha delas adaptada para persoas con mobilidade reducida. As habitacións son todas exteriores e están distribuídas en 7 dobres con baño privado e 7 múltiples con baño compartido. Na planta baixa hai unha ampla sala común destinada ao servizo de almorzo, tipo buffet.
Os accesos ás zonas comúns están adaptados parcialmente. Dispoñemos dunha habitación adaptada para persoas con mobilidade reducida, pero carece de ascensor, polo que o acceso ao salón dos almorzos sería desde o exterior.
OS SEGREDOS DO UNIVERSO
ACTIVIDADES
Multiaventura: rutas de sendeirismo, piragüismo, paddle surf, bicicletas de auga nas praias fluviais de Os Franceses e O Coiñedo, viaxe en catamarán á Illa de Prada, fútbol praia e bolos celtas; astronómicas: observación astronómica guiada na Veiga, concello certificado cun dos mellores ceos para esta actividade, visita didáctica e experimental ao Planetario- Observatorio Astronómico; cultura e tradición: obradoiro de pan tradicional e visitas aos Museos do Liño e do Wolframio; excursión á Casa das Pedriñas e ao Centro de Transformación de Materias Primas “Mel de Trevinca” e “Faba Loba”.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Os segredos do universo |
09-16/07 |
09-10-11-12 |
148 € |
320019 |

Aldea a Abeleda, 35, 32679 Abeleda, Xunqueira de Ambía, Ourense.
Escolas Vellas: Praza de San Rosendo, 1, 32670, Xunqueira de Ambía, Ourense.
O Albergue atópase no municipio de Abeleda, do Concello de Xunqueira de Ambía. As Escolas Vellas están situadas anexas ao Concello de Xunqueira de Ambía.
T. 633 088 673 – 606 190 432
O Albergue de Abeleda conta con catro (4) habitacións (con capacidade aproximada de 10 liteiras por habitación). Ten tres baños (3) con duchas e inodoros, distribuídos da seguinte forma: 1 baño masculino, 1 baño feminino e 1 baño adaptado. Ademais, conta cunha cociña e un salón-comedor. Respecto das instalacións exteriores, posúe unha entrada cun zona propia de asfalto e un parque infantil de herba para uso do alumnado. As Escolas Vellas teñen diferentes espazos para realizar os talleres musicais, así mesmo, contan cun parque infantil de uso privativo.
Todos os espazos son accesibles para persoas con mobilidade reducida. O Albergue de Abeleda é tan só dunha planta e ten acceso directo a pé de rúa, as habitacións están compostas por liteiras. As Escolas Vellas teñen unha rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida.
TOCANDO O VIOLÍN
ACTIVIDADES
Musicais: clases individuais e colectivas de violín e linguaxe musical con ensaios grupais; actividades de escoita, concentración, afinación, simultaneidade e coordinación; outras actividades: piscina, xogos e veladas.
NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de piscina ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Tocando o violín |
15-22/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320018 |

A Fábrica da Luz. Lugar A Fábrica da Luz s/n. Barxacova.
42°22'33.9"N 7°29'53.4"W
T. 988 984 990/ 679 060 509
O albergue A Fábrica da Luz é unha instalación moderna nun edificio emblemático como é antiga central hidroeléctrica, unha das primeiras de Galicia. Conta con calefacción de chan radiante, taquillas individuais con chave e respecta ao máximo o medio, coa utilización de pellets e liteiras de madeira ecolóxica.
Dispón de espazos exteriores amplos rodeados de bosque autóctono. Conta con aula de audiovisuais, salas de biblioteca e xogos.
No exterior dispoñemos dunha ampla terraza á sombra dos castiñeiros.
O espazo do comedor e sala de xogos están situados nunha primeira e segunda planta sen ascensor, polo que non estarían adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
BUSCANDO AS ORIXES
ACTIVIDADES
Multiaventura: caiac polo Canón do Sil, ruta de sendeirismo polas Carriozas, xeocoaching, obradoiro de supervivencia na natureza, green xincana, baño de bosque nun souto centenario, xogos cooperativos, ioga, btt, lipdub e skackline; outras actividades:intercambio interxeracional coa Asociación de Mulleres Rurais de Parada do Sil, visita ao Museo do Chocolate.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Buscando as orixes |
01-08/07 |
09-10-11-12 |
148 € |
320016 |
11-18/07 |
09-10-11-12 |
148 € |
320017 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
Avda. do Parque s/n, 32500 O Carballiño
Coordenadas GPS: 42°25'29.4"N 8°05'21.4"W
Está situada na vila do Carballiño a 29 km de Ourense. Nun entorno de natureza fronte ao Parque do Carballiño que atravesa o rio Arenteiro. Chégase dende a AG-53 (Ourense - Santiago) ou dende a N-541 (Ourense-Pontevedra).
T. 988 788 111 (recepción).
A Residencia dispón de recinto propio, con ampla zoa axardinada e aparcamento. Pódese chegar en coche ata a mesma porta principal. Accedese ao interior do edificio por escaleiras e ramplas adaptadas. Conta con 78 habitacións distribuídas entre a planta baixa, primeiro e segundo andar. Hai ascensor. Cada habitación dispón de baño propio. Na planta baixa hai cuartos de baño adaptados. Acceso dende o hall de entrada á cafetería e salas de uso común.
Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados totalmente. Sinalización con pictogramas. Baños e habitación adaptadas na planta 0 da instalación. As habitacións teñen camas de usos individual de 90cm. Ten ascensor.
STR2REAMERS POLO CAMBIO
ACTIVIDADES
Influencer Mood:obradoiro de iniciación á arte transmedia, videocreacións, creacións de miniseries, minidocumentais, “E se fose influencer?”, obradoiros de stencil art, expresión corporal e performance; Predeporte e natureza: deportes adaptados á natureza, xincanas acuáticas con probas predeportivas, rutas ambientais e xincanas deportivas; noitesde animación teatral.
NOTA:Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de xincana acuática ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Str2reamers polo cambio |
01-08/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320014 |
11-18/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320015 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
A Favorita s/N 32557 Vilariño de Conso
Autovía das Rías baixas/ A52 dirección Verín a Gudiña.
Saída 129 estrada nacional 525 dirección A Gudiña. Na rotonda tomar a segunda saída na estrada Gudiña a Viana do Bolo OU-0908
T. 681148530
O albergue está situado a beira do río Conso cerca do parque natural do Invernadoiro; ten 50 prazas en habitacións de catro e seis prazas con liteiras e baños individuais cada unha. Ademais dispón de salas para obradoiros, servizo de lavandería, zona para xogos o aire libre, cancha de tenis, campo de fútbol e polideportivo e unha praia fluvial acotada con zona de baño rutas de sendeirismo, así como zona de río para realizar actividades deportivas de auga.
Unha habitación de dúas prazas para persoas con mobilidade reducida e baño adaptado.
DESTINO VILARIÑO
ACTIVIDADES
Natureza: sendeirismo, orientación e descubrimento da flora e fauna local; deportivas:caiac, xogos tradicionais galegos, tenis, natación, voleibol, baile, xincanas e praia fluvial; animación: musical, teatro, noite de estrelas e veladas; obradoiros: modelaxe en arxila, reciclaxe, elaboración de pan, queixo e xabón; culturais: actividades relacionadas co entroido e a vida rural, visita a enclaves históricos da zona, visita ao museo etnográfico e visita ao observatorio astronómico de Trevinca da Veiga.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Destino Vilariño |
04-13/07 |
11-12-13-14 |
185 € |
320012 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
2780 A Pobra de Trives (Ourense)
Pódese chegar desde A Pobra de Trives (C-536), a 16 km da estación, ou desde a Vila de Manzaneda, a 10 Km. Desde os dous lugares accédese por estrada local de montaña.
Desde Ourense á Estación hai 90 Km. Existen medios de transporte público desde Ourense a Pobra de Trives, e de Trives á Estación en Taxi (16 Km).
En tren: a estación de Ourense está a 86 km de Manzaneda e a da Rúa a 40 Km.
T. 988 309 090
Situada na Serra de Queixa, en pleno Macizo Oriental Ourensá, goza da protección medioambiental europea que lle confire pertencer á Rede Natura, no medio dun bosque de 2.000 hectáreas onde podemos observar a vexetación (bidueiros, piñeiros, acivros, breixos, arandeiras, etc...) e a fauna autóctona (corzos, esquíos, varias especies de aves rapaces, etc...). Coa súa base a 1.500 metros de altitude e o seu cumio próximo aos 1.800 metros.
A instalación está adaptada para persoas con problemas de mobilidade.
• MANZANEDA ALTA MONTAÑA
Multiaventura: parque multiaventura con tirolinas, rocódromo, puntería (xincana con arco, frechas, ventosas e balóns); taller de supervivencia, vivac cos elementos da natureza ao alcance, orientación, sendeirismo, bicicleta, slackline; grandes xogos: Rommel e Montgomery, misión imposible e xogos predeportivos (goal-ball e kin-ball), got talent; educación medioambiental: coñecemento da contorna, telecadeira turística: visita ao punto máis alto de Manzaneda, punto xeodésico; outras actividades: cabalos, obradoiro de camisetas, piscina, xincana na auga, scape room e veladas.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Manzaneda Alta Montaña |
22-29 /07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320005 |
31/07 - 07/08 |
11-12-13-14 |
148 € |
320006 |
|
09-16/08 |
11-12-13-14 |
148 € |
320007 |
|
18-25/08 |
08-09-10 |
148 € |
320008 |
|
27/08- 03/09 |
08-09-10 |
148 € |
320009 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
Complexo turístico-deportivo O Corgo
Praza de San Rosendo 1, 32880 Mugueimes (Ourense)
A-52 dirección Verín –A Gudiña, saída 129 , Estrada Nacional 525, na rotonda tomar a 2da saída na estrada Gudiña –Viana do Bolo OU 0908
T. 988 40 60 75
Este complexo está equipado cun comedor central, instalacións deportivas, zonas cubertas con pérgolas, para chuvia e sol. Ten praias fluviais con zonas verdes; duchas, campo de deportes con herba artificial; polideportivo cuberto, con alumeado; vestiarios e canchas deportivas; zonas de camiños e sendeiros e aparatos biosaudables. Dispón de zonas de lecer, de salas de ocio e obradoiros temáticos así como zonas de audiovisual. Hai vixiantes nas zonas de baños. Para a práctica deportiva, conta con barcos e piraguas.
Os exteriores do albergue están adaptados parcialmente. O interior da instalación ten rampla de acceso, baño adaptado e habitación con cama. O albergue só ten unha planta e non ten escaleiras.
MEGALÍTICO E ARQUEOLÓXICO
ACTIVIDADES
Arqueolóxicas e megalíticas: coñecemento en profundidade do megalitismo, con actividades diarias na Aula megalítica, excursións para visitar “in situ” os dolmens ao pé do Val do Salas, rutas de sendeirismo polo Val da Morte, visitas as ruínas Romanas Aquis Querquenis, vista aos miliarios para coñecemento da súa historia e funcionalidade; de cultura popular: xogos tradicionais e interacción cos veciños do concello e aprender a facer pan en forno tradicional; medioambientais: visita a Salgueiro para avistar ás aguias reais que sobrevoan a comarca da Baixa Limia; de aventura: probas de resistencia e habilidade no circuíto permanente Gladiator Race e Olimpiadas entre os restos Arqueolóxicos do Aquis Querquennis, outras actividades: piragüísmo e piscina.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Megalítico e arqueolóxico |
16-24/08 |
08-09-10-11 |
166,50 € |
320011 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
A Barra s/n, 32152 Coles
A Barra, Concello de Coles. Estrada de Ourense - Santiago de Compostela (N-525), dirección A Peroxa, a 10 km de Ourense. Sinalización en Vilarchao, como Centro de Educación Ambiental. Desde a Nacional 525 tomar o desvío de A Peroxa. En Vilarchao seguir a sinalización “Centro Equal”.
T. 988 206 353
O albergue está en pleno contorno rural de interior, no concello de Coles. Está a 1 km da Ribeira Sacra desde o municipio da Peroxa e próximo aos Peares e aos Canóns do Sil.
Está equipado con calefacción, comedor, lavandería, parking de superficie, armarios e aula de obradoiros. Ten mesa de ping-pong e piscina exterior. Nas zonas comúns hai unha biblioteca/sala de lectura, barra libre de dispensación de café, té e infusións ecolóxicas, xardín e zona de sombra para actividades ou descanso no exterior e sala de usos múltiples adaptada.
Para a práctica deportiva, próxima á instalación, hai un centro hípico, embarcadoiro e polideportivo.
A instalación consta de 2 plantas. Se ben a planta baixa permite a accesibilidade para actividades de día, a planta superior non é accesible para cadeiras de rodas ou persoas con dificultades motrices severas, xa que o acceso aos dormitorios é a través da escaleira.
HÍPICA E TEATRO
ACTIVIDADES
Expresión corporal: teatro e danza moderna; deportivas: xogos populares, xincanas, disfraces e grandes xogos; outras actividades: hípica, obradoiros de reciclaxe e natureza, excursión á Aldea de A Barra e piscina.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Hípica e Teatro |
21-28/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320010 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
Cabeza da Vella. 32860 Entrimo (Ourense).
Situado a 70 Km de Ourense, na estrada de Entrimo-Illa Olelas. A instalación atópase a 2 Km de Entrimo, no lugar coñecido como Cabeza da Vella.
T. 988 434 779
Campamento de montaña, con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 100 prazas en tendas de campaña.
A instalación dispón de pista polideportiva, salón de actividades, rocódromo, anfiteatro, alpendre cuberto e enfermería.
Acceso sen barreiras arquitectónicas. Exteriores e zonas comúns de fácil acceso.
• TEATRO E AVENTURA NA NATUREZA
ACTIVIDADES
Teatro: dramatización, expresión corporal e desinhibición, obradoiros de formación (danzas do mundo, acrosport, contos ao revés), ensaios e propostas teatrais, técnicas de circo, caracterización, maxia, malabares e equilibrio; deportivas e de aventura: deportes acuáticos ( xogos e dinámicas deportivas na piscina), deportes cooperativos (nos que se prima a colaboración sobre a competición), rocódromo e tirolina, orientación con gps, tiro con arco, xogos activos; outras: aula de natureza, piscina, festa final; saídas e excursión.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Teatro e aventura na natureza |
01-10/07 |
10-11-12-13-14 |
146,70 € |
320001 |
15-24/07 |
10-11-12-13-14 |
146,70 € |
320002 |
|
29/07-07/08 |
10-11-12-13-14 |
146,70 € |
320003 |
|
12-21/08 |
10-11-12-13-14 |
146,70 € |
320004 |