Axudas da EOI para contratar mozos e mozas en Garantía Xuvenil

11 Nov 2016

A Dirección Xeral da Fundación EOI (Escola de Organización Industrial) convoca subvencións para a realización de contratos de mozos/as de máis de dezaseis anos e menores de trinta anos, para empresas de calquera sector, co fin de que as persoas novas non ocupadas, nin integradas nos sistemas de educación ou formación regrada poidan recibir unha oferta de emprego, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Beneficiarios: Empresas de calquera sector, calquera que sexa a súa forma xurídica (xa sexan persoas físicas ou xurídicas, asociacións, entidades sen ánimo de lucro, etc.), con sede ou centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia, que realicen contratación de mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Requisitos:
Atoparse Inscritos no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Estar empadroados no ámbito xeográfico da Comunidade de Galicia.
Participar nunha acción formativa desenvolvida pola Escola de Organización Industrial (EOI) no marco do programa do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

O prazo para presentar solicitudes estrá bierto ata o 12 de novembro de 2016

Máis información no BOE do 11 de novembro de 2016 e en https://www.eoi.es/es/ayudas-la-contratacion