Viveiro de Talento 2016

23 Ago 2016

A confederación de empresarios da Coruña convoca Viveiro de Talento 2016.

Viveiro de Talento é un proxecto formativo de creación de emprego que nace co obxectivo de mellorar a empregabilidade de mozos e mozas sen traballo que estean a iniciar o seu proceso de procura activa de emprego por conta propia ou allea e, por tanto, queiran acceder ao mercado laboral.

Requisitos:
Para poder participar en Viveiro de Talento 2016 deberás ser menor de 30 anos e non estar a participar no sistema educativo nin de formación, ademais de estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Ademais deberás asistir, previa inscrición, ás xornadas de difusión e rexistrarte no xogo online Skywards Trials como participante. Nestas xornadas previas, os participantes poderán asistir a talleres prácticos sobre emprendemento, entrevistas de traballo, estratexias para a procura activa de emprego na rede, deseño de plans de negocio, estratexias de emprendemento xuvenil...

Así mesmo, para entrar na fase de preselección do proxecto é importante que che rexistres no reto online Skywards Trials, onde participarás xunto con outros xogadores na carreira cara ao mercado laboral, demostrando as túas habilidades para a procura de emprego e para desenvolver e/ou xerar ideas empresariais innovadoras.

Máis información: https://talento.cec.es/ e na Confederación de empresarios da Coruña, teléfono 981 174 141.