X Certame Literario "Terras de Chamoso"

07 Nov 2016

A Asociación Cultural Arumes do Corgo organiza outro ano máis o certame literario Terras de Chamoso, que no 2016 acada a súa décima edición. Trátase dun certame de relato e poesía breves para as categorías infantil, xuvenil e adultos.

Temática e idioma: A organización do certame non quere limitar a imaxinación dos autores. A única norma é que a obra se redacte en lingua galega.
Categorías:
Infantil (dos 10 aos 14 anos).
Xuvenil (dos 14 aos 18 anos).
Adultos (maiores de 18 anos).
Modalidades:
Poesía (de 30 a 60 versos)
Relato curto (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo).
A categoría infantil non ten límite de espazo inferior, pero si superior.
Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27163 O Corgo (Lugo) ou ao correo-e: arumescorgo@gmail.com. Deberán enviarse no mesmo correo dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo, no que constará, no seu interior nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Este segundo arquivo, será custodiado pola xunta directiva da Asociación Cultural Arumes do Corgo, entregando únicamente  ao xurado a obra e o lema da mesma.
Prazo: o prazo de entrega estará aberto ata o día 30 de novembro de 2016.
Premios: para cadansúa categoría establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma. A maiores, os 1º premios recibirán un libro electrónico.

Máis información na Asociación Cultural Arumes do Corgo

http://arumescorgo.blogspot.com.es/