XII Olimpíada de Bioloxía

26 Out 2016

A Asociación Española Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca a XII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) baixo o patrocinio de, entre outros, da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

A Fase Galega celebrarase o 13 de xaneiro de 2017 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela

Poderán participar na XII Olimpíada de Bioloxía todos os estudantes que estean matriculados na asignatura de Bioloxía no 2º curso de Bacharelato durante o curso 2016-2017, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade.

Número máximo de estudantes por centro que o poden solicitar: 4 e tamén 4 suplentes por se algún estudante dese centro non puidera presentarse unha vez seleccionado.
Para que poidan participar o maior número de centros serán seleccionados os dous primeiros de cada centro e o resto, ata completar as prazas serán seleccionados segundo as cualificacións obtidas en Bioloxía e Xeoloxía no 1º curso de Bacharelato.

Desenvolvemento
A Primeira Fase, tamén chamada Olimpíada Autonómica ou Fase Local, consistirá na resolución dunha proba teórica tipo test; ademais dunha proba práctica non manipulativa dos contidos de Bioloxía da ESO, de 1º de Bacharelato e de 2º de Bacharelato referidos ao Primeiro Bloque do programa oficial: A Base Molecular e Fisicoquímica da Vida.
Estas probas realizaranse o venres día 13 de xaneiro de 2017 da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
A Segunda Fase é a Fase Nacional da XII Olimpíada Española de Biología terá lugar en Pamplona del 23 al 26 de marzo de 2017. Nela participarán os gañadores da Primeira Fase de todas as comunidades autónomas. Consistirá nunha sesión teórica dos contidos de Bioloxía incluídos nos programas de Bioloxía de 1º de Bacharelato e de Bioloxía de 2º de Bacharelato.

Os 4 primeiros alumnos españois gañadores na Fase Nacional formarán parte do Equipo Olímpico de España na XXVIII Olimpiada Internacional de Bioloxía en Coventry -Gran Bretaña do 23 ao 30 de xullo de 2017. Os 4 seguintes farano na XI Olimpíada Iberoamericana en Portugal en setembro do ano 2017.

Os interesados en participar solicitarano por escrito, cumprimentando integramente o Formulario de Inscrición que atoparán na web http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html ou http://olimpiadadebiologia.edu.es/la-competicion/fase-autonomica/galicia/
Na presente edición NON poderán participar os estudantes de 1º de bacharelato (por un cambio na norma nacional).

Prazo de inscrición: ata o xoves día 17 de novembro de 2016.

http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html