XVIII Premio Gloria Fuertes de Poesía Nova 2017

21 Out 2016

A Fundación Gloria Fuertes en colaboración con Edicións Torremozas convoca o XVIII Premio Gloria Fuertes de Poesía Nova 2017, ao que poderán concorrer ao poetas e poetisas de calquera nacionalidade, de idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos, con libros escritos en lingua castelá non premiados anteriormente en ningún outro concurso.

Poderán concorrer ao mesmo poetas e poetisas de calquera nacionalidade, de idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos, con libros escritos en lingua castelá non premiados anteriormente en ningún outro concurso.
Os orixinais, con liberdade de tema e forma, e coa advertencia de que non é un premio de poesía para nenos, deberán ser inéditos na súa totalidade e ter unha extensión non inferior a 500 versos nin superior a 700.
Enviarase un só exemplar, en folios impresos por unha soa cara, debidamente numerados e encadernados, cosidos ou grampados.
Os libros presentados deberán ir asinados polos seus autores, con indicación do seu domicilio e teléfono e e-mail, e acompañados dunha breve nota biográfica e dunha fotocopia do carné de identidade como acreditación da idade esixida.
O envío farase a: Fundación Gloria Fuertes, Apartado 19.186. 28080 Madrid, indicando no sobre: "Para o Premio Gloria Fuertes de Poesía Nova".
O premio "Gloria Fuertes" de Poesía Nova consistirá na edición do libro publicado por Edicións Torremozas, na Colección "Gloria Fuertes"  e a entrega de 25 exemplares ao gañador ou gañadora. Edicións Torremozas resérvase os dereitos da primeira edición (ata 500 exemplares). En caso de posteriores edicións, estas serán obxecto de contrato entre a editorial e o seu autor.

O prazo para presentar obras estará aberto ata o 31 de decembro de 2016

MáIs información http://www.gloriafuertes.org/