Becas para estudar Bacharelato en Canadá ou EE.UU.

03 Out 2016

A Fundación Amancio Ortega convoca 80 bolsas dirixidas a estudantes de centros de Galicia para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos. Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato). A bolsa cobre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante os dez meses de estancia.

Requisitos:
Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO 
Non estudar un ano académico no estranxeiro con anterioridade (1º, 2º ou 3º de ESO)
Enviar en prazo o formulario en liña con toda a documentación requirida

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata as 13:00 do 15 de novembro de 2016.
Máis información en http://www.becas.faortega.org/