VII edición de Axudas complementarias para os/as estudantes con diversidade funcional

23 Xun 2016
latinoamericanos/as bolseiros/as pola Fundación
Carolina para o curso 2016/2017
2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE
Fundación Universia ; Fundación Carolina
3.- DESTINATARIOS:
Poden solicitar as axudas complementarias aqueles/aquelas estudantes
latinoamericanos/as con diversidade funcional, bolseiros/as pola Fundación
Carolina para o curso académico 2016/2017 no seu programa de bolsas de posgrao,
doutoramento e formación permanente. Ademais, deben acreditar unha
diversidade funcional igual ou superior ao 33% ou incapacidade permanente,
mediante certificado oficial de discapacidade.
4.- DATA LÍMITE :
- Entre o 1 de xuño e o 15 de xullo de 2016 para os/as bolseiros/as cuxos
cursos comezan no último trimestre do 2016.
- Entre o 6 de setembro de 2016 e o 20 de xaneiro do 2017 para os/as
bolseiros/as que comezan a súa formación no primeiro trimestre do 2017.
5.- MÁIS INFORMACIÓN:
O obxecto das bolsas é fomentar a formación, a mobilidade
internacional e a integración sociolaboral das persoas con diversidade
funcional procedentes de Latinoamérica.
O importe total da axuda por perceptor/a será valorado pola
comisión de concesión das axudas. No devandito importe inclúense as
axudas persoais e técnicas. No formulario de solicitude detallarase
o fin ao que se vai a aplicar esta axuda, co orzamento aproximado,
que será avaliado e concretado finalmente por Fundación Universia. En todo
caso, a cantidade reservada por Fundación Universia para o total dos/as
candidatos/as é de 5000 euros.
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO
Envío de solicitudes a través do correo electrónico, indicando no
asunto 'Axuda Complementaria Bolsa Carolina'.
www.fundacionuniversia.net/vii-edicion-de-as-bolsas-fundac