Clube de Conversa en Lingua Inglesa

18 Out 2016

O Clube de Conversa en Lingua Inglesa reúnese semanalmente para practicar o idioma compartindo historias, opinións e ideas nun ambiente informal e relaxado. A posta en común dos nosos coñecementos e experiencias facilita a aprendizaxe, mentres que os xogos e actividades contribúen a mellorar o noso nivel de comprensión e expresión oral.

Esta actividade vai dirixida a xente nova con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, a excepción do Grupo 1 de Nivel Intermedio que non ten límite máximo de idade. 

Horarios Nivel Intermedio: 

Grupo 1: martes de 17.00 a 18.00 horas.(A partir de 18 anos)

Grupo 2: martes de 18.30 a 19.30 horas.(Mocidade de 18 a 35 anos)

 

Horarios Nivel Avanzado: 

Grupo 1: xoves de 17.00 a 18.30 horas.(Mocidade de 18 a 35 anos)

Grupo 2: xoves de 18.30 a 19.30 horas.(Mocidade de 18 a 35 anos)

O Clube de Conversa en Lingua Inglesa é unha iniciativa do Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela, dentro do programa “O Son das Linguas” cuxo obxectivo é fomentar os espazos informais de conversa en diferentes linguas.

Para participar é necesario ter coñecementos de inglés a nivel Intermedio (B1 MCER) ou Avanzado (B2 MCER). Establécense dous grupos para cada nivel nos días e horarios máis arriba indicados. As persoas interesadas poderán solicitar a súa inscrición unicamente nun nivel e nun horario determinado marcando a casilla correspondente na solicitude de participación.

O Clube de Conversa estará activo a partir do18 de outubro de 2016 ata finais de maio de 2017, na sede do Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela. O centro pon a disposición das persoas participantes unha sala equipada con ordenador e proxector, así como apoio técnico na organización e dinamización da actividade.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Descrición dos niveis de competencia B1 e B2

 Máis información:

Centro Coordinador de Información Xuvenil

Rúa de Ramón Piñeiro nº 17-19 baixo

Telf. 881 997 607 / 06

Correo electrónico: informacion.xuventude@xunta.es