A directora xeral de Xuventude visita a Correspondentes xuvenís e Mediadores do IES Antón Fraguas

12 Mai 2016

la_foto_1A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou  nunha xuntanza cos 4 mozos e mozas que participan no programa Correspondentes xuvenís 3.0, e no equipo de mediación do IES Antón Fraguas de Santiago. Cecilia Vázquez agradeceu o seu traballo voluntario e resaltou que “a dinamización da información dentro do sistema educativo está considerada un eixo fundamental para ter redes de información xuvenil verdadeiramente operativas”. Así mesmo, lembrou que “esta é unha iniciativa de educación non formal que fomenta a participación xuvenil, ao tempo que o correspondente adquire valores como a solidariedade, o liderado e habilidades comunicativas e sociais”.

Os alumnos “correspondentes” reciben información de xeito periódico dende o Centro coordinador de información xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Unha vez recollida a información, o “correspondente” a difunde entre os seus compañeiros a través de diferentes medios como taboleiros no propio centro educativo, blogues ou redes sociais. Os “correspondentes” son mediadores de información xuvenil entre iguais, o que redunda nunha mellor acollida por parte dos compañeiros e compañeiras, ao sentirse máis identificados coa temática cando non é un adulto que o informa.

Correspondentes xuvenís 3.0 tamén dá visibilidade ás actuacións xeradas polo propio centro coma certames, concursos ou viaxes, e todas elas poden ser exemplos de boas prácticas a seguir por outros centros ou entidades xuvenís.