Bolsa 'Ministerio de Fomento-Fulbright' 2016-2017 en Estados Unidos

26 Abr 2016

2.- ENTIDADE ORGANIZADORA/ CONVOCANTE

Ministerio de Fomento
3.- DESTINATARIOS
Ter a condición de funcionario de carreira de Corpos ou Escalas do
Subgrupo A1 ou de Persoal Laboral Fixo do Grupo Profesional 1, e estar
a prestar servizos no Ministerio de Fomento ou nos seus Organismos
Autónomos. Contar, na data de finalización do prazo de presentación
de solicitudes, cunha antigüidade mínima recoñecida de dous
anos na Administración Xeral do Estado en Corpos ou Escalas
do Subgrupo A1 ou no Grupo Profesional 1. Posuír un excelente
coñecemento do idioma inglés, falado e escrito.
4.- DATA LÍMITE
23/05/2016
5.- MÁIS INFORMACIÓN
Convócase unha bolsa para a realización de estudos e proxectos de formación
e perfeccionamento profesional en Estados Unidos. As
modalidades da bolsa serán as seguintes:
? a) Obxecto: formación académica a tempo parcial (unha ou dúas
materias) e realización simultánea de prácticas profesionais e
participación nun equipo de traballo nunha ou varias axencias
gobernamentais ou centros especializados. Duración da bolsa:
mínimo seis meses, máximo nove meses.
? b) Obxecto: formación académica durante un curso de nove meses,
sen ánimo de titulación, seguidos dun período de tres meses de desenvolvemento
de traballos nunha axencia gobernamental ou centro
especializado. Duración da bolsa: doce meses.
? c) Obxecto: formación para o cumprimento de programas de titulación
ou de certificación a tempo completo. Duración da
bolsa: mínimo nove meses, máximo doce meses.
6.- FONTE, PAGINA WEB Ou PERSOA DE CONTACTO