Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2016

21 Abr 2016

campDiscAta o 30 de abril está aberto o prazo para a inscrición nos campamentos específicos  que organiza a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

Persoas destinatarias

As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.

 Máis información:http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-discapacidade