Bolsas de investigación da Embaixada de Francia en 2016

14 Mar 2016

franciaaA Embaixada de Francia ofrece ao Ministerio de Educación español catro bolsas de investigación dun mes de duración durante o ano 2016.
Estas bolsas destinaranse a profesores españois de francés dun centro público universitario ou a estudantes españois de terceiro ciclo de francés que desexen ir a Francia, no marco dun proxecto de investigación ou de preparación dunha tese doutoral, nos campos seguintes:
a) Lingüística ou literatura francesa.
b) Didáctica de francés como lingua estranxeira.
c) Tradución ou terminoloxía (francés/español).
d) Francés sobre obxectivos específicos.

Os candidatos deberán cumprir os requisitos seguintes:
a) Emprender xa investigacións nas áreas citadas anteriormente.
b) Ser licenciado en Filoloxía Moderna (sección de francés), en Filoloxía Románica, en Literatura Francesa ou equivalente.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 24 de abril de 2016.
Máis información no BOE do 14 de marzo de 2016