O Espazo Xove de Betanzos pon unha mesa informativa o Día Mundial da Loita contra a Sida

01 Dec 2015

DSC00660Con motivo da celebración do Día Mundial da Loita Contra a Sida, o Espazo Xove de Betanzos instalou, como en anos anteriores, unha mesa informativa. Colaborou nesta iniciativa a Asociación Xuvenil "Brigantium".

A mesa púxose diante da entrada do Espazo Xove, onde se repartiron á poboación moza lazos vermellos conmemorativos deste día, folletos, trípticos informativos sobre o tema e preservativos facilitados pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Xunta de Galicia.