Plataforma14: Sala de exposicións destinada a creadores emerxentes

15 Xan 2016

P14XuventudeO Concello da Coruña, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil,  pon a disposición de todas as persoas que teñan un proxecto artístico relacionado coa creatividade emerxente dunha sala de exposicións situada no edificio Fórum Metropolitano.

A cesión do espazo priorizaráselle a:
a) Mozos e mozas creadores/as de entre 15 e 35 anos, vinculados á cidade de Coruña, é dicir, que nacesen, residan, traballen ou estuden nela. Os menores de idade deberán estar representados polo seu pai/nai/titor legal.
b) Os colectivos de artistas, polo menos o 75% da persoas que integren o dito colectivo deberán cumprir os requisitos expostos no punto anterior.
c) Centros educativos que impartan estudos regrados oficiais vinculados coa creación artística.
d) Entidades sen ánimo de lucro, que queiran promover unha exposición vinculada coa creación ou cultura xuvenil.

 

As obras expostas pertencerán, en sentido amplo, ás incluídas no campo das artes visuais (debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte, etc), sempre que se poidan axustar ao espazo expositivo e o seu equipamento.

 

A sala está dotada de iluminación, sistemas de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e/ou arte multimedia, e conta con acceso a Internet a través de rede Wifi.

 

Condicións de uso:
A cesión do espazo expositivo será totalmente gratuíto. O período de cesión máxima da sala será de 30 días hábiles.

 

Máis información en:
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Rio Monelos 1
15006 A Coruña

 

Teléfono 981 184 294
cmix@coruna.es
www.coruna.es/cmix/plataforma14