Garantía Xuvenil

22 Out 2015

garantia_xuvenilA recomendación do Consello Europeo define a Garantía como unha recomendación ós Estados para que velen para que todos/as os/as xóvenes menores de 30 anos reciban unha boa oferta de emprego, educación continua, formación de aprendiz ou período de prácticas nun prazo de catro meses tras quedar desempregados ou acabar a educación formal.

Qué é a garantía xuvenil?

É unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos xóvenes menores de 30 anos ó mercado de traballo.

En España se enmarca na estratexía de Emprendemento Xoven aprobada en febreiro de 2013 polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social (MESS). A Recomendación sobre a Garantía Xuvenil establece cos xóvenes menores de 25 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua,  formación de aprendiz ou periodo de prácticas nun prazo de 4 meses  tras ter finalizado os seus estudos ou quedar desempregados. Dende xuño de 2015 ampliouse a menores de 30 anos.

Quen pode ser beneficiario?

a)Ter nacionalidade española ou ser cidadán da UE ou dos Estados con Acordo Económico Europeo (AEE) ou Suiza que se atopen en España no exercicio da libre circulación e residencia. E tamén estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
b) Estar empadroado en calqueira localidade do territorio nacional.
c)Ter máis de 16 anos de idade e menos de 30,  tamén menos de 30 anos en caso de persoas cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
d) Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
e) Non ter recibido accións educativas que conleven maís de 40 hrs. mensuais nos 90 días naturais anteriores a data de presentación da solicitude.
f) Non ter recibido accións formativas que conleven máis de 40 hrs. mensuais nos 30 días naturais anteriores a data de presentación da solicitude.
g) Presentar unha declaración escrita de ter interés en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.

Medidas ou programas de actuación:

Oferta de emprego: en función das súas características persoais, idade, formación e experiencia previa, teña oportunidade de adquirir unha experiencia válida e sostible de inserción no mercado laboral. Deberán ser alomenos de 6 meses de duración. De duración a tempo parcial, deberán ser de alomenos o 50 % da xornada ordinaria. Canalizadas polos servizo públicos de emprego, incluídas no sistema EURES, polas axencias privadas de colocación ou directamente polas empresas privadas.

Acción formativa: toda aquela que aporte ao xóven atendido formación ou capacitación en áreas como idiomas, tecnoloxías da información e comunicación, entre outras, cun tempo mínimo de formación de 150 hrs., se non dispoñen de formación e de 90 hrs., para os perfís que o necesiten como complemento a súa cualificación.

Acción educativa: programas de “segunda oportunidade” ou en ciclos formativos de grado medio ou superior de Formación Profesional.

Acción de formación profesional continua (de oferta): a que se ofreza no marco da formación profesional para o emprego, incluíndo as convocatorias de formación con compromiso de contratación.

Posto de aprendizaxe: posto de traballo cun Contrato de Formación e Aprendizaxe, tamén cun programa de escolas obradoiros e casas de oficios.

Posto en prácticas: posto de traballo co contrato en prácticas regulado polo Estatuto dos traballadores ou nun posto en prácticas non laborais en empresas regulados no RD 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas, no marco da UE.

Accións para o autoemprego e o emprendimento: accións que garanticen o inicio da activadade por conta propia, con alta no RETA.


Como fago para rexistrarme:

ACCESO Ó REXITRO CON DNI electrónico ou certificado.
Emitido pola Dirección Xeral da Policía ou autoridades, entre elas a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) a través da súa páxina www.cert.fnmt.es

Acceso usuario e contraseña:
Formulario de solicitude:
http://www.empleo.gob.es/ficheros/garantiajuvenil/documentos/formulario_usuario_app.pdfGARANTIAXUVENIL2

 

 

 

 

Páxina xeral do Procedemento de Garantía Xuvenil:
www.garantiajuvenil.gob.es

Para formulación de cuestións ó Ministerio de Empleo y Seguridad Social:
info.garantiajuvenil@meyss.es

Teléfono de información: 060

Dirección web para altas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil:
http://www.injuve.es/conocenos/centros-garantia-juvenil?ccaa=11