Axuda para obter o permiso de condución

13 Out 2015

lA Fundación Mapfre convoca 240 axudas de 500 € cada unha para mozas e mozos de entre 18 e 29 anos para a obtención do permiso de condución.

Requisitos:
Outorgaranse a mozos pertencentes a familias de escasos recursos, polo que os ingresos anuais da unidade familiar, calcularanse en base á seguinte fórmula:
dividirase o número total de ingresos anuais da unidade familiar entre o número de membros da mesma e o resultado debe ser menor a 14.826 € por persoa/ano. Para o cálculo da renda familiar para estas bolsas, son membros computables da familia o pai e a nai ou titor, no seu caso, o solicitante, os irmáns solteiros menores de 25 anos e que convivan no mesmo domicilio familiar ou os de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade.
Estar en situación de desemprego, polo menos, desde o 1 de xaneiro ata o momento da solicitude.
Vivir no domicilio familiar.

Para solicitar as axudas hai que superar un test de seguridade vial e encher un formulario na web www.fundacionmapfre.org