Escola de Tempo Libre ACTEX

ESCOLA DE TEMPO LIBRE ACTEX

 

Definición, estilo e principios

FORMACIÓN INTEGRAL ACTEX, SL., é unha empresa especializada no sector da ensinanza non regrada, dedicada nun principio á promoción, organización e desenvolvemento das actividades extraescolares nos ACTEX Fondo blanco cuadrado centros educativos, e amplía o seu campo de intervención ó ser recoñecida como Centro Colaborador de Formación Ocupacional da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, homologado para impartir as seguintes especialidades formativas:

-Monitor Sociocultural.

-Monitor de Actividades de tempo libre infantil e xuvenil.

 En ACTEX desenvolvemos e cremos en proxectos educativos no tempo libre, nos que primen os valores da relación e convivencia, pluralismo, respecto, cooperación,..., tratando de brindarlle a todos os nosos alumnos a posibilidade de vivir distintas experiencias sempre enriquecedoras para completar a súa educación integral.

 A nosa misión é motivar e ilusionar ós alumnos nas actividades extraescolares,   tratando de innovar, sorprender e transmitir sensacións.

 A nosa empresa ten como finalidade a formación integral de persoas fundamentalmente daquelas que están en idade infantil e xuvenil a través de actividades de ocio e tempo libre, onde coidamos a atención á diversidade, adaptando as nosas actividades ás características de cada persoa.

 Nas nosas actividades fomentamos a interacción e a comunicación entre os participantes a través de actividades de ocio e tempo libre de calidade xa que coidamos a formación permanente e actualización dos monitores, do profesorado e dos traballadores en xeral, aproveitando medios técnicos dispoñibles, principalmente as novas tecnoloxías.

Entidade Titular
FORMACIÓN INTEGRAL ACTEX, SL

Enderezo:
R/ Estocolmo 6
15707 Santiago de Compostela

Teléfono(s)
 607 58 2719

Enderezo electrónico(s)
actex@actex.es / dpto.tecnico@actex.es

Horario de atención ó público

9.30 a 14.30 ao 15.30 a 18.30 horas de Luns a Xoves. 9:30 a 15:00 horas os Venres

Ámbito xeográfico de actuación

Galicia

Catálogo de formación

  • Curso de Monitor/a de Tempo Libre
  • Director/a de Tempo Libre
  • Monitor/a de Comedor Escolar
  • Monitor/a de Transporte
  • Monitor/a para persoas con discapacidade
  • Coordinador/a de actividades extraescolares
  • Monitor/a Intercultural
  • Primeiros Auxilios no entorno escolar
  • Dinamizador de Festas.
  • Curso de Caracterización de Maquillaxe Fantástico
  • Globoflexia


Outras actividades

  • Xestión de actividades extrescolares
  • Xestión do lecer: Organización de Campamentos e Actividades Urbanas
  • Realización de Obradoiros.
  • Animacións

http://actex.es/