Excursión a Cerceda do Concello de Vilanova de Arousa

09 Xul 2015

O concello de Vilanova de Arousa organiza un ano máis unha excursión ó Parque acuático de Cerceda, o vindeiro mércores día 22 de xullo.

Todas aquelas persoas interesadas, que queiran obter máis información sobre os prezos, horarios de saída, etc poden chamar á OMIX (sita na aula Cemit, ó lado da oficina da oral detrás do concello) ó teléfono 986 55 48 45, ou ben achegarse a algunha das casas de cultura das parroquias.